viernes, 11 de septiembre de 2009

Oito anos despois

Hoxe cúmprense oito anos da desgraza que nos conmocionou a todos. Ese día no que o mundo se quedou parado, no que todo o planeta quedou en silencio. Fai oito anos todo cambiou.
Mais de tres mil persoas perderon a vida ese día tan horrible, familias e familias destrozadas.
E o mais triste de todo é que se usase esa masacre como escusa para unha guerra absurda que o que pretendía non era garantir a nosa seguridade, nin facer xustiza, a única razón para ese conflito eran os intereses petrolíferos, e solo se conseguiron mais mortes, perdas de soldados e mortes de mulleres e nenos inocentes iraquís, aínda que eso era o que menos lle importaba ao daquela presidente de E.E.U.U.
Por ese día que nunca olvidaremos cambiaron moitas cousas; o mundo xa nunca volverá a ser o mesmo e eso xa non o podemos cambiar o que si debemos facer é intentar evitar por todos os medios que volva a acontecer aínda que para eso cada cidadán teña que sacrificarse un pouquiño en pasar por medidas de seguridade mais fortes.
Oxalá non teñamos que vivir nada paracido nunca mais. O únicio que podemos facer é que esto non caia no olvido para que non se volvan a cometer os mesmos erros e solidarizarnos coas vítimas e as súas familias.

lunes, 7 de septiembre de 2009

Falsidades locais

Hoxe vou a escribir de política local, sobre Outes e o noso alcalde.
Na páxina web do diario “Opinión A Coruña” lin un artigo que non deixa en moi bo lugar ao alcalde de Outes, López Crespo.
Cando nas noticias saen casos de corrupción nas grandes cidades, capitais de provincia ou lugares importantes do país, nunca pensas que poidan salpicar ao pobo pequeno no que vives, aínda que eu sempre tiven moitas dúbidas sobre o executivo de Outes que leva sobre uns doce anos na alcaldía encabezado por Crespo.
A noticia data do vinte e sete de Maio deste ano.
A nova relaciona a Crespo coa construción dunha nave en chan non urbanizable.
Tanto López Crespo como o secretario municipal están imputados por falsidade documental e delito urbanístico.
O delito parece constituírse cando permitiron a construción das oficinas e unha nave dunha empresa local en solo rústico.
A empresa fixo as obras en unha finca de Outes sen contar con licenza de obra da consellería de Polítca Territorial. A empresa pediulle ó axuntamento unha licenza de obra para construír unha nave, pero a finca estaba en chan rústico onde só se permite edificar vivendas unifamiliares, explotacións gandeiras ou construcións de interese xeral.
Para que a empresa puidese construír foi declarada de interese xeral, e o axuntamento pediu a Consellería de Política Territorial a autorización para a obra. A Xunta non concedeu a licenza ao considerar que faltaban planos e informes da parcela que xustificasen que dita empresa fose declarada de interese xeral.
A pesar da decisión da Xunta o Concello non fixo caso, e a empresa construíu a nave en terreo rústico e sen licenza da Xunta.
E finalmente o informe de peritos de Facenda di que hai relacións consolidadas entre a empresa e o concello.
Fonte de información: www.laopinioncoruna.es

En moitos pobos pequenos seguro que hai casos parecidos, só que a maior parte das veces as cousas así pasan desapercibidas porque non teñen a mesma importancia de cara aos medios como foi a imputación dos altos cargos do Partido Popular na trama Gürtel. Pero ós cidadáns os delitos, aínda que sexan en lugares pequenos ,aféctanlles igual e tamén deben ser castigados.
Por iso espero que se faga xustiza, tanto en Outes como no resto de pobos. E si o alcalde, concelleiro, ou calquera cargo dun axuntamento pequeno finalmente resulta ser culpable nun xuízo, débense tomar represarias e cesalo do cargo público que ocupe.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Silencio

Xa se fala menos das escoitas. Despois das graves e falsas acusacións que o Partido Popular fixo nas que deixaba en moi mal lugar a policías, xuíces e goberno, agora intentan sacarlle ferro ó asunto, antes de nada hai que dicir que teñen que ser moi covardes para facer rodas de prensa sen prensa (unha paradoxa), sen permitir que se lles fagan preguntas, ¿De que teñen medo? se foron realmente escoitados como din non deberían temer que os reporteiros fagan ben o seu traballo.
E digo eu cando xa pasou mais dun mes dende que a señora María Dolores de Cospedal fixo estas acusacións, non vai no tempo de que amosen dunha vez as probas que tanto e tanto anunciaron que tiñan, eu polo de agora non vin proba algunha, pero claro ¿Cómo vai haber probas se todo este asunto foi inventado por eles para que a xente se esqueza de ata onde están metidos na trama corrupta Gürtel?
E si é certo o que din a que esperan a poñer unha denuncia nun xulgado.
Pero dáme a min que todo este asunto é un intento de distracción.
Si se chega a saber que isto todo foi unha mentira, que co tempo quedará demostrado, Rajoy debería facer dimitir a María Dolores de Cospedal, aínda que estou seguro que a súa cobardía non lle vai permitir facer isto.
Mentras tanto so podemos esperar a que o tempo pase e poña a cada un no seu lugar.

Descanso

Despois duns quince días de descanso, sen escribir nada, por culpa dun mes de agosto bastante axetreado con visitas, saídas e festas… o típico do mes de vacacións.
Todos estes días que deberían servir para descansar, fixéronme cansar aínda un pouco mais, e iso que aínda non empezou a escola pero e que tanto tempo libre, esgota aínda mais que a rutina do curso lectivo.
Pero agora despois de este intento de descanso, tanto física como mental, comezo de novo a escribir e non teño planeado volver parar durante moito tempo.