lunes, 21 de noviembre de 2011

Resistiré

Creo que a canción define perfectamente a situación na que nos atopamos; e o que vamos a facer dende agora en diante:

Cuando pierda todas las ayudas
Cuando no me quede solución
Cuando te jubiles de becario O parado de la construcción Cuando te despidan con un beso En lugar de la indemnización Cuando al matrimonio entre los gays Llamen “matrimonio maricón” .
Resistiré, aunque me quiten todo Aguantaré, los años de gobierno del PePé
Que el telediario de la uno sea el NO-DO y que el que mande en mi destino sea de la CEOE Resisitiré, para seguir viviendo Soportaré, los años de gobierno del PePé
Aunque el recorte se transforme en un deporte Resistiré resisitiré….
Cuando no haya ley de Dependencia
Y paguemos por la Educación
Cuando el hospital sea de copago Y te cobren por la transfusión Cuando el gran Hermano sea Mariano Y el superviviente sea yo Cuando le debamos todo al banco Y aun así nos pidan comisión.
Resistiré, otra legislatura
Aguantaré, los años de gobierno del PePé a ver qué hacen sin poder echar la culpa de todas las cosas chungas del país a ZetaPé
Resistiré, jodido, pero bueno Soportaré, los años de gobierno del PePé sólo por ver cómo nos sacan de la crisis….
Resistiré resistiré ….

http://www.youtube.com/watch?v=c4Y-KuBnNN0&noredirect=1

Reiniciándome

Ben ¿Por onde comezar? Reinicio a marcha escribindo no blog e espero ter o suficiente tempo libre para non ter que parala. Empezo de novo por que onte estaba realmente mal, enfadada, indignada. E quería facer algo para que ese cabreo remitise, cheguei a conclusión de que volver a escribir axudaríame a que ese sentimento fose desaparecendo; para ir converténdoo nun máis positivo.

Temos por diante un duro traballo, no que se necesita calquera axuda será pouca. Espero poder contar con todos vós.

martes, 26 de octubre de 2010

Entre machismo e hipocrisía

Parece que no Partido Popular non existe nada máis que o machismo e a hipocrisía.
Comezando polo máis grave, as palabras que lle dedicou o alcalde de Valladolid a Leire Pajín, (Ministra de sanidade). Exactamente o que dixo foi que a nova ministra era unha “chica preparadísima, hábil, discreta, que va a repartir condones a diestro y siniestro por donde quiera que vaya y que va a ser la alegría de la huerta” e rematou con outra perliña, que a min persoalmente o que me produce é asco “cada vez que le veo la cara y esos morritos pienso lo mismo pero no lo voy a contar aquí”
Respecto ao seu primeiro comentario coincido en que é unha muller ben preparada, bastante mellor que el, por que si este “señor” tivese un pouquiño de educación gardaríase eses comentarios tan machistas e irrespectuosos. Saben? Oxalá se dedicase a repartir preservativos a moita xente, ao mellor así había menos casos de enfermidades de transmisión sexual e menos embarazos non desexados, sería algo moi positivo para todos.
O segundo comentario só pode provocar repugnancia, non acabo de comprender como alguén que di este tipo de cousas ten un cargo público.
A parte da gravidade das súas palabras, non é menos importante que o presidente do seu partido non condenase as declaracións deste energúmeno. Desde logo, non sei por que me sorprende isto si Mariano Rajoy, xa nunca fixo nada con este tipo de declaracións e moito menos dende que o mandaron estar quietiño na cama.
Agora é o turno da hipocrisía, por que no Partido Popular abunda e vémola cada vez que se atopan con un indiscreto micrófono aberto. Esta vez tocoulles a María Dolores de Cospedal e a Javier Arenas, que nunha conversación admiten que os cambios do goberno fano mellorar, cando despois, diante das cámaras sempre teñen o mesmo discurso atacando ao noso Presidente, faga o que faga.
Hipocrisía e machismo, machismo e hipocrisía, dous substantivos con moita presenza no Partido Popular.

miércoles, 20 de octubre de 2010

Renovación de goberno

Hoxe o noso presidente do goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, anunciou a renovación de parte do seu equipo de ministros.
Así, Alfredo Pérez Rubalcaba pasa a ser vicepresidente primeiro aínda que tamén conserva o Ministerio de Interior. O sustituto de Celestino Corbacho será Valeriano Gómez. O Ministerio de Sanidade pasa as mans de Leire Pajín e Trinidad Jimenez ocupará o Ministerio de Exteriores que deixa Miguel Ángel Moratinos. Ramón Jáuregui ocuparase do Ministerio de Presidencia. Rosa Aguilar estará ao cargo do Ministerio de Medio Ambiente substituíndo a Elena Espinosa. A parte destes cambios tamén se reducirán ministerios desaparecendo o de Igualdade e o de Vivenda, que pasarán a ser competencia do Ministerio de Sanidade e do Ministerio de Fomento respectivamente.
Os cambios parécenme correctos, aínda que para min María Teresa Fernández de la Vega foi e será sempre unha persoa que fixo moito por este proxecto e por todos os cidadáns españois, creo que todos a recordarán con agrado e considero que ninguén pode falar mal dela. Aínda así, os cambios eran necesarios, para dar máis impulso ó partido e ó país para que saia da crise, o que ninguén pode facer é quedarse na cama como lle aconsellan a Rajoy .

miércoles, 6 de octubre de 2010

Resolución das eleccións primarias de Madrid

As eleccións primarias da Comunidade de Madrid resolvéronse o pasado domingo coa vitoria de Tomás Gómez por uns cincocentos votos máis que a outra candidata, Trinidad Jiménez. Tras toda a polémica sobre si había ruptura ou non dentro do partido, xa coñecemos o resultado. Considero que si os militantes elixiron a Tomás Gómez foi por que o viron como o mellor candidato e non por ir en contra de José Luís Rodríguez Zapatero. Tamén estou segura de que o gañador terá un oco nas súas listas para Trinidad, que foi unha boísima candidata.
Agora xa toca esquecerse desto e centrarse no realmente importante que é gañar a Esperanza Aguirre. As eleccións municipais e da maioría das comunidades autonómicas están as portas, e todos temos que traballar para sacar o mellor resultado posible, hai que crear proxectos e ilusións. Debemos animar a todas as persoas para que voten e que non se deixen enganar pola hipocrisía da dereita.

jueves, 30 de septiembre de 2010

Primarias en Madrid

Este domingo en Madrid, vanse a celebrar as primarias para elixir ao mellor candidato do partido socialista á presidencia de dita Comunidade Autónoma.
Os candidatos son Trinidad Jiménez e Tomás Gómez. Eu persoalmente prefiro que gañe Trinidad, por que considero que sacaría máis votos que Gómez nas eleccións autonómicas, pero o que elixan os militantes de Madrid estará ben e haberá que respectalo.
O partido non está fragmentado como din dende a dereita, este proceso é totalmente normal e aquí nunca haberá pucherazo, deberíanse preguntarse por que no seu propio partido non se celebran primarias, que é un dos procesos máis democráticos que existen
Sexa cal sexa o gañador o obxectivo ten que ser gañarlle a Esperanza Aguirre, hai que dalo todo para que non siga gobernando i evitar así, que destruia a sanidade pública da Comunidade, os sindicatos e ós traballadores.
Dende aquí deséxolles sorte aos dous candidatos.

viernes, 11 de septiembre de 2009

Oito anos despois

Hoxe cúmprense oito anos da desgraza que nos conmocionou a todos. Ese día no que o mundo se quedou parado, no que todo o planeta quedou en silencio. Fai oito anos todo cambiou.
Mais de tres mil persoas perderon a vida ese día tan horrible, familias e familias destrozadas.
E o mais triste de todo é que se usase esa masacre como escusa para unha guerra absurda que o que pretendía non era garantir a nosa seguridade, nin facer xustiza, a única razón para ese conflito eran os intereses petrolíferos, e solo se conseguiron mais mortes, perdas de soldados e mortes de mulleres e nenos inocentes iraquís, aínda que eso era o que menos lle importaba ao daquela presidente de E.E.U.U.
Por ese día que nunca olvidaremos cambiaron moitas cousas; o mundo xa nunca volverá a ser o mesmo e eso xa non o podemos cambiar o que si debemos facer é intentar evitar por todos os medios que volva a acontecer aínda que para eso cada cidadán teña que sacrificarse un pouquiño en pasar por medidas de seguridade mais fortes.
Oxalá non teñamos que vivir nada paracido nunca mais. O únicio que podemos facer é que esto non caia no olvido para que non se volvan a cometer os mesmos erros e solidarizarnos coas vítimas e as súas familias.

lunes, 7 de septiembre de 2009

Falsidades locais

Hoxe vou a escribir de política local, sobre Outes e o noso alcalde.
Na páxina web do diario “Opinión A Coruña” lin un artigo que non deixa en moi bo lugar ao alcalde de Outes, López Crespo.
Cando nas noticias saen casos de corrupción nas grandes cidades, capitais de provincia ou lugares importantes do país, nunca pensas que poidan salpicar ao pobo pequeno no que vives, aínda que eu sempre tiven moitas dúbidas sobre o executivo de Outes que leva sobre uns doce anos na alcaldía encabezado por Crespo.
A noticia data do vinte e sete de Maio deste ano.
A nova relaciona a Crespo coa construción dunha nave en chan non urbanizable.
Tanto López Crespo como o secretario municipal están imputados por falsidade documental e delito urbanístico.
O delito parece constituírse cando permitiron a construción das oficinas e unha nave dunha empresa local en solo rústico.
A empresa fixo as obras en unha finca de Outes sen contar con licenza de obra da consellería de Polítca Territorial. A empresa pediulle ó axuntamento unha licenza de obra para construír unha nave, pero a finca estaba en chan rústico onde só se permite edificar vivendas unifamiliares, explotacións gandeiras ou construcións de interese xeral.
Para que a empresa puidese construír foi declarada de interese xeral, e o axuntamento pediu a Consellería de Política Territorial a autorización para a obra. A Xunta non concedeu a licenza ao considerar que faltaban planos e informes da parcela que xustificasen que dita empresa fose declarada de interese xeral.
A pesar da decisión da Xunta o Concello non fixo caso, e a empresa construíu a nave en terreo rústico e sen licenza da Xunta.
E finalmente o informe de peritos de Facenda di que hai relacións consolidadas entre a empresa e o concello.
Fonte de información: www.laopinioncoruna.es

En moitos pobos pequenos seguro que hai casos parecidos, só que a maior parte das veces as cousas así pasan desapercibidas porque non teñen a mesma importancia de cara aos medios como foi a imputación dos altos cargos do Partido Popular na trama Gürtel. Pero ós cidadáns os delitos, aínda que sexan en lugares pequenos ,aféctanlles igual e tamén deben ser castigados.
Por iso espero que se faga xustiza, tanto en Outes como no resto de pobos. E si o alcalde, concelleiro, ou calquera cargo dun axuntamento pequeno finalmente resulta ser culpable nun xuízo, débense tomar represarias e cesalo do cargo público que ocupe.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Silencio

Xa se fala menos das escoitas. Despois das graves e falsas acusacións que o Partido Popular fixo nas que deixaba en moi mal lugar a policías, xuíces e goberno, agora intentan sacarlle ferro ó asunto, antes de nada hai que dicir que teñen que ser moi covardes para facer rodas de prensa sen prensa (unha paradoxa), sen permitir que se lles fagan preguntas, ¿De que teñen medo? se foron realmente escoitados como din non deberían temer que os reporteiros fagan ben o seu traballo.
E digo eu cando xa pasou mais dun mes dende que a señora María Dolores de Cospedal fixo estas acusacións, non vai no tempo de que amosen dunha vez as probas que tanto e tanto anunciaron que tiñan, eu polo de agora non vin proba algunha, pero claro ¿Cómo vai haber probas se todo este asunto foi inventado por eles para que a xente se esqueza de ata onde están metidos na trama corrupta Gürtel?
E si é certo o que din a que esperan a poñer unha denuncia nun xulgado.
Pero dáme a min que todo este asunto é un intento de distracción.
Si se chega a saber que isto todo foi unha mentira, que co tempo quedará demostrado, Rajoy debería facer dimitir a María Dolores de Cospedal, aínda que estou seguro que a súa cobardía non lle vai permitir facer isto.
Mentras tanto so podemos esperar a que o tempo pase e poña a cada un no seu lugar.

Descanso

Despois duns quince días de descanso, sen escribir nada, por culpa dun mes de agosto bastante axetreado con visitas, saídas e festas… o típico do mes de vacacións.
Todos estes días que deberían servir para descansar, fixéronme cansar aínda un pouco mais, e iso que aínda non empezou a escola pero e que tanto tempo libre, esgota aínda mais que a rutina do curso lectivo.
Pero agora despois de este intento de descanso, tanto física como mental, comezo de novo a escribir e non teño planeado volver parar durante moito tempo.

miércoles, 12 de agosto de 2009

Xogando ao escondite

No PP este verán estano pasando xogando ao escondite por que o que están facendo non é acusar o PSOE de espialos, se non que subliminalmente están intentando tapar todos os casos de corrupción que lles están xurdindo dentro do partido, e como non encontran ningunha forma de tapar toda a merda que lles está a xurdir, crean polémica para que a xente se esqueza dos traxes de Camps, de Luís Bárcenas, da corrupción en Mallorca…
Deberían de concentrarse en erradicar toda a corrupción de dentro e en que non se espíen a eles mesmos. Por que aquí dos únicos casos de espionaxe dos que se viron probas foron en persoas do Partido Popular que espiaban a membros do propio partido.
Levan falando do espionaxe toda a semana, primeiro María Dolores de Cospedal, e despois o títere de Rajoy. Pero acusan sempre sen probas, se son espiados, que o demostren non poden andar acusando por aí ao goberno, xuíces e policías de asuntos tan graves sen demostralo, isto vaille traer consecuencias.
En este caso pódese aplicar a perfección o refrán “crese o ladrón que todos son da súa condición”. Pensan que a todos lles vale con todo, que non teñen valores, que non lles importa nada. Pero están moi confundidos ós únicos ós que non lles importan as persoas son a eles como se demostra acusando continuamente a xuíces, policías… de falsedades, só por que creen que así gañarán votos, pero de esta forma non conseguirán nada. Na vida non todo vale

viernes, 7 de agosto de 2009

Volvemos ao pasado

Hoxe estamos no ano 2009 pero parece que ao señor Feijoo se lle esquece moi facilmente, debe de pensar que nos atopamos na época de Franco, pero non, aínda que a eles seguro que lles gustaría que isto fose así, non o é.
Agora resulta que vai a darlle mais cartos públicos, si, eses cartos que pagamos todos, ós colexios que separen aos homes das mulleres. Isto é incrible, nin tan sequera na época de miña nai facían separación por sexos.
Está visto que o novo goberno ten unha perspectiva moi equivocado do que é a educación. Dende logo esta é unha das áreas nas que mais empeorou Galicia dende que o partido Popular subiu ao poder.
Vamos a facer un repaso de todas as cousas nas que empeorou a educación dende que el subiu a Xunta de Galicia, quitou os libros de préstamo, no que según el era unha medida de austeridade, a verdade, non acado comprender como pretende aforrar cartos cambiando un método estrela para que ningunha familia tivese que pagar os libros de texto, que seguramente saía bastante mais barato para as arcas públicas que este que pretenden instalar, dando cartos as familias menos favorecidas para comprar uns libros novos que non se volverán a utilizar. ¿E as familias de cunha situación económica normal? Agora terán que pagar os libros cando antes lles eran gratuítos, reutilizándose durante cinco cursos. Só hai que pensar un pouco ¿Que sae mais económico usar os libros de texto durante cinco anos ou dar cartos todos os anos para que cada curso se compren libros novos? A resposta é obvia.
Despois anunciouse que se xuntarían distintos cursos se non se acadaba un certo número de alumnos por clase. Isto supoño que será para aforrar cartos, pero con esta medida o único que se consegue e que a ensinanza pública baixe moitísimo de nivel e que o paro aumente, por que seguramente hai moitos profesores esperando un traballo. Hai que aforrar, pero nunca ata chegar a eses extremos tan esaxerados.
E agora o que nos quedaba por oír era que se lles daría mais cartos públicos ós colexios que separasen os nenos das nenas. Isto si que xa é para preocuparse moitísimo. Pásase de castigar a segregación por sexos a premiala.
En fin, en estes catro anos a ensinanza decaerá moitísimo. Con medidas “austeras” que son todo o contrario a iso e medidas tan absurdas como a de clases con separación de sexo.
¿Cal será a seguinte perla que nos terá deparada o goberno de Feijoo? Seguro que algunha ben grande.

jueves, 6 de agosto de 2009

Mais corrupción

De novo sae a luz un suposto caso de corrupción, e de novo en el están implicadas persoas relacionadas co Partido Popular, ¡Qué estraño!.
Ó PP estánselle acumulando as persoas relacionadas con asuntos raros. Pero seguen sen facer nada. Mariano Rajoy segue sen dar explicacións e sen pedir responsabilidades políticas.
En este ocasión tocoulle ao PP de Mallorca, un desfalco relacionado coa construción do pavillón Palma Arena, que en principio ía ser utilizado para fins deportivos e despois usouse para facer mitins do PP. Cando o presuposto para Palma Arena ía ser de uns corenta e oito millón se euros, agora reclámanlle ao goberno balear outros corenta e cinco millóns. A xente implicada son persoas moi cercanas a Joanma Matas (ex-presidente de Baleares).
Pero fan todo o contrario a tomar represarías contra esas persoas, seguramente relacionadas con casos de corrupción. En vez de saír a dar a cara e ofrecernos explicacións sobre por que ao partido da oposición se lle está a relacionar continuamente con asuntos turbios, acusan gravemente ao goberno, policía e xuíces de facer escoitas ilegais, a verdade é que non sei como se atreven a dicir isto, por que en principio non creo que teñan ningunha proba diso, estou convencida de que é unha mentira que se inventan para desviar a atención do asunto realmente importante, todos os casos de corrupción que están aparecendo relacionados con cargos do Partido Popular. E si teñen probas o que deben facer é ir inmediatamente a denuncialo ante un tribunal. Que cinismo se respira entre as filas do PP, acusan ós demais de espionaxes, cando eles están metidos, e ata o fondo en ese tema, que triste espiar a xente do teu propio partido e deixar iso impune.
En definitiva deberían inverter mais tempo en investigar todas as trapalladas que hai dentro do seu propio partido, e deixar de perdelo en inventar acusacións tan graves.

martes, 4 de agosto de 2009

Entre traxes e vendedores de tila

Cando xa pasaron uns días dende que se arquivou o caso Camps, e xa transcorreron uns días para reflexionar, este pareceume o momento oportuno para escribir do asunto.
Dous dos tres xuíces do Tribunal Superior de Xustiza de Valencia consideraron oportuno arquivar a causa contra Camps. Non vou a entrar a xulgar a profesionalidade dos xuíces, en concreto dun deles, pero está claro que o señor Camps ten moitos amigos ós que “les quiere un huevo” .
O que si é sorprendente é que durante todo o tempo no que Camps estaba involucrado en un delito nin o Presidente da Comunitat Valenciana, nin o que din que é o líder da oposición, se molestasen en darnos explicacións a todos de por que un Presidente dunha Comunidade Autónoma estaba relacionado con asuntos bastantes turbios; pero sobrou xente para recordarnos o veredicto, pois para iso non fai falla, en ese momento non precisábamos que nos dixeran nada, ninguén necesitaba dese humor malo de guión de Mariano Rajoy.
O caso quedou arquivado, pero sen embargo confírmase que os traxes si foron regalados ó contrario do que dixo sempre Francisco Camps. E si eses traxes foron regalados por uns señores que seguramente sexan moi, moi corruptos, os cales tiñan unhas empresas con contratos coa Comunidade Valenciana. Non será iso un suborno???
Pero aínda non está todo dito, Rajoy non debería torturarnos cos seus chistes malos, malísimos, e preparados, antes de que se puxese punto e final a toda esta historia, recoméndolle que non se emocione moito non vaia ser… que a caída de canta mais altura mais forte é o golpe. A Fiscalía Xeral do Estado xa presentou un recurso, agora toca agardar de novo para que se faga xustiza.
Unha última cousa, agora os moi ineptos atrévense a pedir a dimisión de María Teresa Fernández de la Vega “por utilizar a Fiscalía”, eles seguen na súa liña, como sempre, votándolle a culpa ós demais, que non se trabuquen a Fiscalía non está sendo utilizada por ninguén, só fan o seu traballo. Xa lles gustaría a eles que dimitise a Vicepresidenta, pero estou segurísima de que non lles vai dar semellante gusto.

jueves, 30 de julio de 2009

Todos contra ETA

Unha entrada mais sobre un novo atentado de ETA. Esta vez con consecuencias moito mais graves que as de onte. Eses desalmados arrebatáronlle a vida a dous Gardas Civís, Diego Salva Lezaun e Carlos Saenz de Tejada , dúas persoas de vinte e sete e vinte e oito anos respectivamente, ós que lles agardaba toda unha vida por diante.
Quen se creen que son? Deuses, para quitar vidas a quen eles queiran? Así xamais lograrán nada, con cada morte só nos aportan mais forzas para seguir pelexando, ningún demócrata descansará ata ver que cada un deles está pagando polo que fixo.
Ninguén lles vai a permitir que se saian coa súa, nunca conseguirán nada. Derramando sangue só obterán a dor dunha familia rota, por que un tolo asasinou a un fillo de unha nai, a un irmán… , a dor que comparte todo un país con esas familias, pero de ningún modo nos vencerán, por que non nos renderemos ata que toda esta lacra sexa xulgada e encarcerada, non nos aterrorizarán, ese e o seu verdadeiro obxectivo, eles queren que lles teñamos medo para que fagamos todo o que queiran, pero non, non se sairán coa súa.
Todas as persoas que sexamos demócratas condenamos con todas as nosas forzas este atentado que se levou dúas vidas por diante.
E aínda que sexa difícil, oxalá nunca mais teña que volver a escribir sobre unha morte e para eso é esencial que todos xuntos loitemos coa democracia como arma contra ETA.

miércoles, 29 de julio de 2009

ETA atenta de novo

ETA volveu a atentar, esta vez buscaban causar unha gran masacre con un explosivo de gran cantidade. Querían quitarlles a vida a Gardas Civís e as súas familias, pero non o lograron.
En esta ocasión non houbo vítimas mortais pero si nenos e mulleres embarazadas feridas, ademais de grandes danos materiais.
Nunca se sairán coa súa, o único que lles queda a eses bárbaros é a cárcere. Cada segundo que pasa están mais cerca de estar encerrados entre catro muros, por causa de esa desesperación cada vez os seus ataque son mais crueis.
Co paso do tempo toda a banda terrorista ETA quedará desarticulada.
Todos debemos condenar con todas as nosas forzas este e cada un dos atentados de ETA ou calquera outra banda terrorista. E recordarlles que a súa única saída e acabar en prisión.
Dar as grazas a todos e todas os/as Gardas Civís que arriscan as súas vidas e incruso as das súas familias por protexer a de cada persoa. Nunca lograrán vencernos, mediante a violencia ninguén logra os seus obxectivos.

martes, 28 de julio de 2009

Dimite Bárcenas

Hoxe dimitiu Bárcenas “provisionalmente”, ata que se probe a súa “inocencia”, si esto acontece algún día.
E agora que dimitiu, dirá todo o que sabe das trapalladas do interior do Parido Popular? Non sei si falará ou non, pero seguro que ten moito que contar e por iso Rajoy nunca o fixo dimitir, por que foi Bárcenas quen se marchou polo seu propio pé, non pola orde de Mariano Rajoy, que xa debería de terlle pedido a súa dimisión dende o principio.
Según Bárcenas dimite por lealdade ó partido. Non creo que lle garde moita lealdade ao Partido Popular si é certo que se levou nove caixas cheas de documentos con información que non deixaría en moi bo lugar ó PP. Só dimite por que lle convén.
Aparte da dimisión de Bárcenas hoxe, despois de botarlle a culpa a todos menos a eles mesmos e recalcar unha e outra vez no tema das filtracións, en vez de centrarse en limpar toda a merda que teñen dentro do partido, veuse unha grandísima mostra de hipocrisía.Non podes un día insinuar que o Ministerio do Interior é o culpable das filtraacións e despois poñerte a cantarlle o cumpre anos feliz a Rubalcaba. Que pretendía Esperanza Aguirre con isto?
Antes ou despois toda a verdade saberase. Pero non será polas explicacións de ninguén de dentro do PP. Todos seguen calados como se todos estes asuntos non fosen con eles.

lunes, 27 de julio de 2009

Mal cambio

Despois de que xa pasasen cen días da entrada de Núñez Feijoo no goberno, toca facer unha análise de cómo foron as cousas nesta tempada.
Con case catro meses para facer o seu traballo os cambios deberían apreciarse. E así é, o cambio nótase, as cousas pasaron de estar ben a ir empeorando progresibamente.
Estou segura de que moitas persoas arrepentíronse de votarlle, e que en este momento cambiarían a súa papeleta.
A verdade é que o “cambio” como dicían na súa campaña electoral notouse, e moito.
En Galicia pasouse de ter libros de texto gratis para toda a E.S.O e primaria a ser só de balde para unha parte moi reducida da poboación. É difícil comprender como comprando libros novos se poden aforrar mais cartos que reusandoos.
Pasouse de ter unha boa política lingüística a pretender quitar o galego das aulas mediante unha enquisa de dubidosa legalidade, continuando na liña do goberno de Fraga Iribarne.
Agora ata se quere xuntar alumnos de distintos cursos en unha mesma aula, intentando manter mais austeridade a conta de empeorar o sistema de educación.
Pasaron de falar e falar do coche de Touriño e estar calados de todos os que comprara Fraga a malvendelo en un claro exemplo de populismo barato.
Pasouse de ter ecuanimidade entre conselleiros a conselleiras a que o número de conselleiros supere o de concelleiras.
Claramente as cousas empeoraron moito, a xente equivocouse depositando a súa confianza no Partido Popular e agora en estes catro anos toda Galicia terá que pagar por ese erro.

sábado, 25 de julio de 2009

Día grande de Galicia


Esta terra bonita chea de encantos está de festa.
Todos os galegos nos debemos sentir orgullosos de vivir en un lugar tan fermoso cheo de sitios de unha beleza incomparable.
A Galicia de Rosalía de Castro, Castelao, Cunqueiro, Ramón Piñeiro, Antón Avilés de Taramancos… está no seu día. O día no que nos tiñamos que parar a pensar en todo o que nos aporta Galicia a todos os que vivimos nela, a oportunidade que temos de gozar de todo o bo que nos proporciona, que é moito.
Tamén hoxe é día para cavilar en que posición están deixando certas persoas o noso idioma. Cando seguen tendo a cara dura de dicir que son galeguistas, e nin sequera se aproximan a sentir o que é iso e dubido moito que o fagan algunha vez. Se tan galeguistas son que se deixen de intentar, aproveitándose da súa situación, de quitar o galego das escolas, e da vida de todos nós, e que acepten a proposta do Partido Socialista e fagan un novo estatuto de Autonomía.

lunes, 20 de julio de 2009

Insólito

Insólito sería un bo adxectivo para definir o comunicado que emitiu onte o Partido Popular.
O que mais lles preocupa, non é que unha serie de persoas dentro do seu partido estea moi posiblemente vinculada a asuntos turbios, se non, manter o control sobre a prensa para que non aireen todos os trapos sucios que teñen.
Todo este espectáculo, que soa como unha ameaza en contra do grupo de comunicación PRISA, é só froito do medo. E si existe medo é por que temen a algo. Se non tivesen nada que esconder non terían por que enviar ese comunicado.
Evitaríanse moitos problemas si Camps presentase as facturas dos seus traxes e Barberá a dos seus bolsos, con tan só ese xesto desmentirían as informacións que din todo o contrario. Pero, por que non presentan as facturas?, a caso, si foi un regalo? A escusa de que ninguén garda a factura dos traxes é un pouco maliña, por que si eu me compro un traxe ou un bolso tan caro, si, gardo a factura.
Pero de novo, todo esto encaixa no comportamento normal do PP, non afrontar os problemas, só botarlle as culpas ós demais, evitar por todo os medios que a prensa publique calquera información que os deixe mal parados... e non se acaban de dar conta que deben estar menos pendentes dos demais e atender mais a non cometer tantos erros.
Este é o comunicado. Fonte: www.cadenaser.com
  • A las primeras filtraciones de las actuaciones sumariales secretas, nunca investigadas pese a nuestras reiteradas denuncias, en las que se conculcaba el derecho a la defensa y la presunción constitucional de inocencia, vienen a unirse, en las ultimas semanas, filtraciones de conversaciones telefónicas realizadas por la Policía Judicial y que, sin formar parte en algunos casos de las actuaciones sumariales, se utilizan ilegítimamente para menoscabar el honor de las personas y hacerles daño personal y político con fines claramente partidistas.

Os periodistas da Cadena SER, de El País e de Cuatro (Grupo PRISA) teñen que facer o seu traballo, investigar e informarnos a todos, os seus fins non son partidistas, nin facer dano persoal nin político, tan só pretenden contar a verdade.

  • En un Estado democrático de Derecho el respeto al honor de las personas y al secreto de las comunicaciones, son derechos fundamentales, que están obligados a respetar, de manera especialmente cuidadosa, los servidores públicos y, en concreto, el Ministerio del Interior y la Policía Judicial de él dependiente, y los medios de comunicación que respeten las reglas de la sociedad democrática.

Coa información dada polo xornal El País non se está faltando ao honor dunha persoa só se expoñen un supostos feitos, que, polo de agora non foron desmentidos publicamente con ningunha proba.

  • Por eso resulta especialmente intolerable y una gravísima conculcación que el Ministerio del Interior, que ha de velar por la libertad y la seguridad de todos los españoles con independencia de su ideología, sea quién esté inmerso en casos tan flagrantes de vulneración de los derechos fundamentales y de abuso perverso y abusivo de los instrumentos con los que cuenta un Estado Derecho.

Estas acusacións son moi graves e non teñen ningunha proba que as sostente. ¿Quen dixo que as filtracións proveñan do Ministerio do Interior? E si se proba que estas informacións veñen de alguén pertencente a dito Ministerio estou segura de que esa persoa será penalizada coa sanción oportuna.

  • El Partido Popular recuerda que estas conductas no son irrelevantes ni penal, ni políticamente, sino que, por el contrario, son constitutivas de graves delitos y no menos graves responsabilidades políticas. Asimismo, manifiesta que la utilización de funcionarios públicos para realizar tan graves actuaciones, no hace sino agravar aún más las consecuencias, tanto para los que dan las órdenes, como para los que las ejecutan, arrojando injustamente dudas de manera indiscriminada sobre la conducta honrada de la mayoría de todos ellos.
Ata que se saiba quen foi non deberían, de ningún modo culpar aos funcionarios públicos, xa que polo de agora non se probou en ningún momento que fose un deles quen emitise esas filtracións, e eu non dubido de que si se proba que foi un funcionario público quen filtrou información confidencial, esa persoa será sancionada oportunamente.
  • Quienes de forma concertada, y amparándose en la libertad de expresión, colaboran dando publicidad a estas conductas, sin dar valor a los desmentidos previos y ampliando así los efectos dañosos, se sitúan, por propia decisión, al margen de la libertad de expresión que dicen defender, y de cualquier regla deontológica de la profesión periodística.

Este caso si se pode amparar na liberdade de expresión xa que non están culpando de nada a ninguén, só se limitan a darnos a coñecer unha información, o cal , repito, forma parte do seu traballo.

  • La actitud del Gobierno de la Nación, y de otras instituciones del Estado como la Fiscalía General, de connivencia y aprovechamiento político de estas conductas, nos devuelven a épocas pasadas con métodos propios de un Estado policial.

Non se equivoquen, aquí o único que se quedou en épocas pasadas foi o PP, intentando evitar que un grupo de comunicación exerza o seu dereito a liberdade de expresión.

  • El Partido Popular quiere hacer un llamamiento a la opinión pública española e internacional sobre las tremendas consecuencias que para una democracia tiene tratar de aniquilar al primer partido de la Oposición usando para ello los instrumentos del Estado.

As consecuencias tremendas para unha democracia serían si o goberno permitise que o primeiro partido da Oposición vedase a liberdade de expresión dos medios de comunicación e periodistas.

En consecuencia el Partido Popular anuncia que:

  • Defenderá la dignidad de sus siglas, a sus dirigentes y militantes, que representan legítimamente a más de 10 millones de españoles por todos los medios a su alcance y en todas las instancias nacionales e internacionales que fuera preciso.

Non fai falla defender a dignidade de ninguén, por que sinxelamente en este caso ningunha persoa viu a súa dignidade danada. Só se publicou información que, pode ser certa ou non, e no caso de non selo teñen dereito a denuncialo con probas, pública ou xudicialmente.

  • Reclama de todas las instituciones públicas y sociales y en especial del Poder Judicial, la especial vigilancia de cualquier conducta que tenga por objeto menoscabar de forma sectaria los derechos de los ciudadanos con la utilización de forma ilegítima los medios del Estado de Derecho.

Todas as institucións públicas velan en todo momento para que esto non suceda.

  • Anuncia que exige la comparecencia conjunta y urgente de los Ministros de Interior y de Justicia para que den cuenta de las filtraciones de actuaciones de la Brigada de Policía Judicial, en particular de las intervenciones telefónicas, así como de las responsabilidades derivadas por el quebrantamiento del deber de custodia y secreto que dichas filtraciones supone.

Si ven necesaria a súa comparecencia para explicar o asunto da filtración farano.

  • La alcaldesa de Valencia, Rita Barberá, ha anunciado que va a dirigir acciones judiciales por calumnia con publicidad contra los responsables de la difamación publicada este fin de semana por los medios del Grupo Prisa, a raíz de la violación del deber de secreto de unas actuaciones que no forman parte del sumario y que están tan solo a disposición de la Policía Judicial. El Partido Popular apoya de forma unánime y rotunda estas acciones".

Non só se trata de denunciar a filtración, trátase de que teña as probas para negar que o contido da información sexa verdade. Si aporta estas probas quedará demostrado que a información que se publicou é errónea.

viernes, 17 de julio de 2009

Trama Gürtel: cerco al PP

Hoxe en Cuatro as 00:15 emítese unha reportaxe sobre o caso Gürtel e a relación deste co Partido Popular. Esto é un resumo do que vai a tratar, aparece en http://www.cuatro.com/reportajes/reportajes/caso-gurtel-cerco-al-pp/

Seis meses después de iniciarse el caso Gürtel, los altos dirigentes del PP implicados en la trama están más cerca que nunca del banquillo. El juez instructor de Valencia considera que hay indicios más que suficientes de cohecho en la actuación del presidente de la Generalitat valenciana, Francisco Camps. Al mismo tiempo, el juez instructor de la causa en el Tribunal Supremo ve indicios de delito en el caso del senador y tesorero nacional del PP, Luis Bárcenas.

Noticias Cuatro ofrece un reportaje especial sobre el mayor caso de supuesta corrupción en el seno del PP. La investigación afecta a más de 30 personas, desde el presidente de la Generalitat valenciana al número dos del PP en esa comunidad además de un ex vicepresidente y un ex alto cargo, un ex consejero madrileño y dos diputados regionales, cuatro alcaldes del PP de los municipios más ricos de Madrid, un ex eurodiputado, su padre, concejal y su hermano, ambos ex concejales del PP, el senador y tesorero nacional del partido y un diputado nacional miembro de la dirección del grupo parlamentario del PP.

Todos habrían recibido, según la investigación judicial, regalos e importantes cantidades de dinero a cambio de favorecer a las empresas de la trama que dirgía en la sombra Francisco Correa, actualmente encarcelado, del que Noticias Cuatro ofrecerá grabaciones inéditas que dan una idea de su manera de actuar.

Non deberían ser os periodistas os que nos falasen desto, cando todo esto comezou o PP debeu saír a dar explicacións de por que o presidente de Comunidade Valenciana ou o tesoureiro do Partido se ven salpicados por esto.
Xa temos que ter asumido que os populares nunca pedirán explicacións a ninguén, e moito menos a Bárcenas, ó que lle teñen tanto medo e aínda que cheguen a pedirlles que se expliquen as súas palabras nunca as chegaremos a coñecer.
Recoméndovos que o vexades, eu fareino.

lunes, 13 de julio de 2009

Nova financiación autonómica

Cerrouse a nova financiación autonómica, despois de moitos descontentos polo camiño, por fin se chegou a acordo. Aínda que parece que non todos están contentos.
Quizais Andalucía e Cataluña sexan as mais beneficiadas deste novo modelo, que aportará mais cartos as comunidades con mais poboación.
En palabras de Zapatero esta financiación é mais xusta e solidaria xa que se ten en conta o crecemento da poboación. A min tamén mo parece, non pode recibir os mesmos cartos unha comunidade de oito millóns de habitantes que outra que nin sequera alcanza o medio millón.
Esta financiación daralle as Comunidades Autónomas mais recursos para sanidade e educación e con ela reduciranse as diferencias entre as Comunidades.
Aquí, para Galicia a nova financiación aportará seiscentos vinte millóns de euros mais dos que contaba, co xa pasado sistema.
Pero o PP como sempre está desconforme e nin eles mesmos se aclaran, uns dentro do partido creen que se gasta demasiado e que esto incrementará o déficit, pero por outra parte as comunidades populares non están conformes co diñeiro que lle pertence e piden mais. A min esas dúas posturas non me parecen moi compatibles.
De todas formas esta financiación levarase a cabo.

sábado, 11 de julio de 2009

Mal chiste

Cando escoitei que Rita Barberá (Alcaldesa de Valencia) comparaba as anchoas que regala Miguel Ángel Revilla (Presidente de Cantabria) cos traxes de luxo cos que foi subornado o “humildísimo” señor Camps, teño que recoñecer que ao principio pensei que era un chiste, pero con pouca graza. Pero non, todos puidemos comprobar como seguía coa absurda historia das anchoas. Quizais estea utilizando esto por que xa non teñen mais recursos, deben de pensar que a xente é parva e non sabe distinguir entre a seriedade dun asunto ao outro.
Sorpréndeme que a súa defensa sexa así de mala. Pero que podiamos esperar deles que sempre se escusan en mentiras i estupideces, que si o xastre (José Tomás) é un ladrón, que si Garzón vai en contra deles, pero esto das anchoas supérao todo, é a defensa mais ridícula que lles vin facer nunca, xa vasta de votar a culpa aos demais, tócalles dunha vez por todas facer unha análise de conciencia, que seguramente a teñan moi sucia. Aquí os únicos culpables son eles, se non fixesen trapalladas non terían que andar a buscar escusas baratas para defenderse
Pero todo esto parece que vai para largo e aínda que un presidente autonómico e o tesoureiro do partido están imputados, no PP todo o mundo garda silencio e só abren a boca para dicir cousas sen sentido.

jueves, 9 de julio de 2009

Tres meses

Hoxe cúmprense exactamente tres meses dende que empecei a escribir en este blog.
Cando comecei con esto tiven dubidas, non tiña a certeza de que fose a ser capaz de manterme constante, pero foi moito mais fácil do que acadara a pensar, con tan só facer a primeira entrada, xa tiña moitas gañas de facer a seguinte e así sempre.
Esto é dunhas cousas das que mais orgullosa me sinto xa que o fago sen axuda de ninguén, só coas miñas palabras, co meu tempo e con moitas gañas.
Foron bastantes as persoas que me teñen dito que invertía demasiado tempo en esto, pero eu nunca o vin así; esta bitácora merecía aínda mais dedicación da que lle presto, por que simplemente é algo que a parte de que me gusta escribir, síntome na obriga coas miñas ideas de facelo.
Cada entrada que realizo pénsoa moito, quizais incluso demasiado. Fágoa, revísoa e volvo a revisala unhas cantas veces mais, nunca publico nada ata que para a miña opinión estea perfecto.
Noventa días, corenta entradas, uns cantos comentarios, e non sei cantas visitas (Por que son un pouco torpe coa informática e non sei poñer un contador de visitas). Pero da igual o número de persoas que lle voten unha ollada a este blog, xa que con tan só unha persoa lera algo de esto valería a pena os esforzos.
As entradas que mais me gustaron de todas quizais fosen a do día da nai, a das Letras Galegas, Volta ao caciquismo? e a da Lei do aborto. A do día da Nai por que foi un dos mellores agasallos que lle fixen nunca a miña nai, a das Letras Galegas polo moito que significa para min ese día, volta ao caciquismo? por que penso que nela vese totalmente reflectida como é o Partido Popular e ata onde son capaces de chegar por conseguir votos e finalmente a da Lei do Aborto por que é algo que se debe cambiar XA.
Eu continuarei escribindo coma sempre, espero durante moito tempo.
Grazas a todos por visitar esta bitácora.

viernes, 3 de julio de 2009

Blogosfera Progresista

Xa había días que non revisaba o correo e onte como tiña tempo libre pois voteille unha ollada a ver si había algo importante.
E así foi, días atrás enviara a petición de alta deste blog en Blogosfera Progresista, e alí estaba a resposta.
Foi aceptado, en ese mesmo momento invadiume unha inmensa alegría.
Xa sei que non é para tanto pero facíame moita ilusión, por que todo o referido con esta bitácora dedícolle moito tempo e esforzo. Tómoo moi en serio.
Pode ser que este blog non sexa moi importante pero para min si o é.
Unha persoa pediume que fixese unha avaliación destes tres meses escribindo nesta bitácora. Pronto a farei, debo reflexionar sobre estes oitenta e cinco días facendo entradas en este blog e despois escribirei unha entrada con este tema que publicarei nos próximos días.

miércoles, 1 de julio de 2009

Franco sen honores en Madrid

Xa fai bastantes días cando a Franco se lle retiraron todos os honores que tiña en Madrid.
Pois xa vai sendo hora de que esto ocorra.
A lei da memoria histórica deberíase de estar aplicando en toda España, pero aínda podemos comprobar como algunha comunidade autónoma, comandada polo Partido Popular, se resiste a quitarlle galardóns ó dictador.
Eu pregúntome, por que no Partido Popular se opoñen tanto a esta lei?. Entonces, merece honras un asasino, unha persoa que reprimía as liberdades, un DICTADOR? Pois parece ser que o PP e Franco seguen moi ligados, todo indica a que o partido de dereitas está namorado de Franco, e demóstranolo a todos negándose a intentar quitarnos o mal recordo que a todas as persoas morais de España nos trae Francisco Franco.
Cada vez que penso en todas a xente que se viu obrigada a exiliarse, a abandonar a súa terra e a súa familia, e sobre todo na que perdeu a vida por defender os seus ideais contrarios a Franco, no momento no que cavilo en elas alcánzame unha rabia grandísima ao ver que eses hipócritas se están negando a que todas elas intenten (e digo intente por que eso nunca se lles esquecerá xamais) esquecer todas as torturas aos que os someteron. Quizais se algún deles tivese familiares víctima de Franco entenderíao todo e ao mellor apoiaban esta lei que tan só pretende ser un bálsamo para as persoas que no seu día perdérono todo por culpa dun home tan miserable con foi Francisco Franco.

domingo, 28 de junio de 2009

España terceira na Confederacións

Despois de que a Selección Española de fútbol nos acostumara a falar dela polas súas victorias, o pasado mércores perdeu na semifinal contra E.E.U.U por 2-0.
Unha derrota mais inesperada que dolorosa; deberemos confiar nas estatísticas que din que quen gaña a Confederacións non gaña o Mundial.
Pero polo menos quedounos o consolo de que hoxe logramos derrotar a Sudáfrica por 3-2 e así quedar terceiros, o partido foi aburrido ao principio pero emocionantísimo no remate, A quince minutos do final Sudáfrica meteunos un gol, pero Güiza calmounos cando empatou o partido e un minuto despois poñéndonos por diante, pero pouco nos durou a alegría, pois a poucos minutos do remate do partido Sudáfrica meteunos outro gol, esta vez de falta.
Ao final tivemos que ir a prórroga na que gañamos grazas a un gol de Xavi Alonso. Temos que dicir que gañamos o partido por méritos propios e a pesar das malas decisións que tomou o árbitro durante todo o tempo de xogo que nos anulou un gol legal e que se comeu un penalti.
Agora mesmo estase a xogar a final entre Estados Unidos e Brasil ¿Quen gañará o partido? Aínda que eu ao principio apostaba por Brasil, en este momento está gañando E.E.U.U por 2-0, asi que...

sábado, 27 de junio de 2009

A Torre de Hércules



Despois de ternos un día en ascuas, hoxe por fin a UNESCO nomeou Patrimonio da Humanidade á Torre de Hércules.
É un orgullo para min, como galega, que este precioso monumento, seguramente un dos mais fermosos do mundo reciba esta denotación. Agora xa é de todo o mundo, non só de Galicia.
A Torre de Hércules, o Camiño de Santiago, o Casco Vello de Santiago e a Muralla Romana de Lugo, son os catro monumentos declarados Patrimonio da Humanidade en Galicia.
Recoméndovos a todos que visitedes a Torre de Hércules e tamén os outros tres monumentos Patrimonio da Humanidade galegos, non dubido que dentro duns aniños haxa algún mais, por que en Galicia son moitos os monumentos fermosos, únicos, misteriosos... que hai.

jueves, 25 de junio de 2009

Mulleres lava tractores

No axuntamento de Santibáñez de Vidriales en Zamora, o alcalde do Partido Popular decidiu financiar cos cartos de todos os veciños do pobo un espectáculo erótico, no que para o meu parecer se denigra a dignidade da muller.
¡Que espectáculo tan machista!. Por que non contrataron tamén a homes para facer este show?. Aínda que así fose non sería normal que para unhas festas patronais se financiase con cartos públicos espectáculos como este.
As dereitas eran machistas, son machistas e seguirán sendo machistas, por eso non lles gusta a lei de igualdade, por eso no goberno de Feijoo hai mais homes que mulleres e por eso contratan este tipo de espectáculos.
Está mais que demostrado que non teñen idea de cambiar, con estes actos só nos confirman o que todo mundo sabe.
Oxalá que este show non siga adiante, que pese mais o sentido común que as malísimas ideas que se lles ocorre a estas persoas.

miércoles, 24 de junio de 2009

Caso Gürtel no Tribunal Supremo

Agora que o Tribunal Supremo admitiu o caso Gürtel, ou mais ben parte del, no Partido Popular certas persoas deberían comezar a irse, quizais se non fosen tan egoístas xa se terían marchado por non danar mais aínda a imaxe do seu partido, pero que se lles vai a pedir, son como todos os das dereitas.

Confío en que todo esto acabe pronto e todos poidamos saber a verdade. A ver si despois, coa resolución do caso na man, Mariano Rajoy é capaz de poñer a cada un no seu sitio. Desde logo con todo esto está demostrando a pouca autoridade que ten dentro do seu partido.

No PP non están preocupados por que gañaron as eleccións europeas a pesar do caso Gürtel, pero antes ou despois todos estes trapos sucios que teñen dentro do Partido acabaranlles afectando. A xente non pode seguir confiando no PP se dentro del teñen a persoas corruptas.