Mostrando entradas con la etiqueta Feijoo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Feijoo. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de agosto de 2009

Volvemos ao pasado

Hoxe estamos no ano 2009 pero parece que ao señor Feijoo se lle esquece moi facilmente, debe de pensar que nos atopamos na época de Franco, pero non, aínda que a eles seguro que lles gustaría que isto fose así, non o é.
Agora resulta que vai a darlle mais cartos públicos, si, eses cartos que pagamos todos, ós colexios que separen aos homes das mulleres. Isto é incrible, nin tan sequera na época de miña nai facían separación por sexos.
Está visto que o novo goberno ten unha perspectiva moi equivocado do que é a educación. Dende logo esta é unha das áreas nas que mais empeorou Galicia dende que o partido Popular subiu ao poder.
Vamos a facer un repaso de todas as cousas nas que empeorou a educación dende que el subiu a Xunta de Galicia, quitou os libros de préstamo, no que según el era unha medida de austeridade, a verdade, non acado comprender como pretende aforrar cartos cambiando un método estrela para que ningunha familia tivese que pagar os libros de texto, que seguramente saía bastante mais barato para as arcas públicas que este que pretenden instalar, dando cartos as familias menos favorecidas para comprar uns libros novos que non se volverán a utilizar. ¿E as familias de cunha situación económica normal? Agora terán que pagar os libros cando antes lles eran gratuítos, reutilizándose durante cinco cursos. Só hai que pensar un pouco ¿Que sae mais económico usar os libros de texto durante cinco anos ou dar cartos todos os anos para que cada curso se compren libros novos? A resposta é obvia.
Despois anunciouse que se xuntarían distintos cursos se non se acadaba un certo número de alumnos por clase. Isto supoño que será para aforrar cartos, pero con esta medida o único que se consegue e que a ensinanza pública baixe moitísimo de nivel e que o paro aumente, por que seguramente hai moitos profesores esperando un traballo. Hai que aforrar, pero nunca ata chegar a eses extremos tan esaxerados.
E agora o que nos quedaba por oír era que se lles daría mais cartos públicos ós colexios que separasen os nenos das nenas. Isto si que xa é para preocuparse moitísimo. Pásase de castigar a segregación por sexos a premiala.
En fin, en estes catro anos a ensinanza decaerá moitísimo. Con medidas “austeras” que son todo o contrario a iso e medidas tan absurdas como a de clases con separación de sexo.
¿Cal será a seguinte perla que nos terá deparada o goberno de Feijoo? Seguro que algunha ben grande.

lunes, 27 de julio de 2009

Mal cambio

Despois de que xa pasasen cen días da entrada de Núñez Feijoo no goberno, toca facer unha análise de cómo foron as cousas nesta tempada.
Con case catro meses para facer o seu traballo os cambios deberían apreciarse. E así é, o cambio nótase, as cousas pasaron de estar ben a ir empeorando progresibamente.
Estou segura de que moitas persoas arrepentíronse de votarlle, e que en este momento cambiarían a súa papeleta.
A verdade é que o “cambio” como dicían na súa campaña electoral notouse, e moito.
En Galicia pasouse de ter libros de texto gratis para toda a E.S.O e primaria a ser só de balde para unha parte moi reducida da poboación. É difícil comprender como comprando libros novos se poden aforrar mais cartos que reusandoos.
Pasouse de ter unha boa política lingüística a pretender quitar o galego das aulas mediante unha enquisa de dubidosa legalidade, continuando na liña do goberno de Fraga Iribarne.
Agora ata se quere xuntar alumnos de distintos cursos en unha mesma aula, intentando manter mais austeridade a conta de empeorar o sistema de educación.
Pasaron de falar e falar do coche de Touriño e estar calados de todos os que comprara Fraga a malvendelo en un claro exemplo de populismo barato.
Pasouse de ter ecuanimidade entre conselleiros a conselleiras a que o número de conselleiros supere o de concelleiras.
Claramente as cousas empeoraron moito, a xente equivocouse depositando a súa confianza no Partido Popular e agora en estes catro anos toda Galicia terá que pagar por ese erro.