viernes, 29 de mayo de 2009

Despedida con premio


Hoxe no colexio celebramos a festa de fin de curso, non me podo crer que este ano académico estea chegando ao seu remate e que xa acabe a E.S.O e teña que marchar do colexio que me aportou tanta felicidade.
Non, non desexo cambiar a miña situación actual, teño uns compañeiros espléndidos, os mellores e uns profesores que polo xeral son moi bos e comprensivos con todos nós.
Grazas a todos eles, a compañeiros e profesores, por aportarme os tres anos que sen dúbida algunha foron os mais felices de toda a miña vida, grazas por axudarme a saír dese gran bache, grazas por demostrarme que a culpa non fora miña, grazas por aceptarme e integrarme, grazas por brindarme a vosa amizade dende o minuto cero e grazas por ser como sodes.
A cada un de vós douvos as grazas, a Dani, Ali, Adrián, Melani, Liñares, Noelia, Hugo, Brais, Amaro, Andrea, Nadia, Araceli, Antía, Inés, Chiño, Iesica e Yovana (Clase de 4ºB) e tamén aos profesores que me aportaron algo durante estes tres anos aquí, Merchi, Carlos, Mónica Maseda, Josema, Laertes, Ubaldina, Miguel Ángel, Roberto, Mónica González a Inés.
Hoxe condéronme o diploma á mellor compañeira da E.S.O e emocioneime moito, xa que non contaba con el por que non son unha persoa popular mais ben paso desapercibida, supuxen que foi grazas aos votos dos cuartos, dos meus compañeiros de clase e de algunha persoa de 4ºA.
Non, non quero marchar do meu colexio, pero a vida é un ciclo e ten que seguir o seu curso, oxalá no novo instituto encontre persoas tan boas como as que hai aquí.

GRAZAS A TODOS

jueves, 28 de mayo de 2009

Programa electoral

Hoxe chegou a miña casa o programa electoral de varios partidos, fun directamente a abrir o que me interesaba realmente, o do PSOE.
Aquí vos transcribo o do Partido Socialista.

Estimado amigo, estimada amiga:

O 7 de xuño os europeos estamos convocados ás urnas.

O resultado destas eleccións afectaralle a vostede, á súa familia, a todos os cidadáns. Por que os nosos intereses, os nosos dereitos e case todo o que facemos está marcado por decisións que se toman en Europa. E o que se decide é, precisamente, quen terá a maioría para tomar esas decisións.

Porémoslle un exemplo: fai uns meses, a dereita pretendeu implantar en toda Europa unha xornada laboral de 65 horas semanais. Os socialistas españois enfrontámonos a iso e conseguimos frealo. Se a dereita tivese a maioría, hoxe os seus dereitos sociais en Europa retrocederían varias décadas.

Estamos loitando para superar a crise económica e á vez apoiar máis a quen máis a sofren: a clase traballadora, as familias, ou as empresas que teñen dificultades para saír adiante.

Non é verdade, como pretenden o PP e a dereita europea, que para que a economía recupérese sexa necesario facilitar os despedimentos, baixar os salarios e as pensións, desprotexer aos desempregados e debilitar a educación pública e a sanidade.

Esta crise non a provocan os traballadores nin as familias. Provocouna a cobiza e a falta de control sobre os mercados financeiros amparada pola política da dereita.

Por iso agora hai que establecer unha noca orde económica. Quen coas súas ideas equivocadas nos conduciron a esta crise non serán quen nos saquen dela.

Hai dous camiños. Os cidadáns norteamericanos vírono claro e apostaron polo cambio e polo futuro, votaron pola esperanza fronte a resignación.

Agora tócanos aos europeos. Se facemos o mesmo, entre todos dariamos un gran paso adiante para saír da crise con xustiza e para construír un mundo mellor.

Agora o partido entre o pasado e o futuro xógase en Europa. Está vostede convocado, todos o estamos. Por todos nós e polos noso fillos, que vivirán na Europa que agora construamos.

Por iso, pedímoslle que o 7 de xuño acuda a votar e apoie co seu voto ao Partido Socialista, aos socialistas españois e europeos.

Moitas grazas pola súa atención e un cordial saúdo,

José Luis Rodríguez Zapatero
Juan Fernando López Aguilar
_______________________________________________________
Lémbrense de que o 7 de xuño son as eleccións e que teñen que ir votar, só vos pido dúas cousas, a primeira é simplemente que exerzan o seu dereito ao voto, non desperdicien todo o poder que teñen nas súas mans e a segunda é que pensen ben a quen votar que reflexionen en todo o que nos proporciona o Partido Socialista e finalmente elexide.

O Triplete



Fotos:www.as.com

Ultimamente estou a falar moito de fútbol, pero eso ten unha explicación, que o Barça é o mellor equipo do mundo e provoca que todo o mundo fale del. Demostróunolo durante toda esta tempada e a culminación disto foi a victoria de onte ante o Manchester.
Vivín todo o partido con moitos nervios e expectación.
Gañamos o triplete, o único equipo español que conseguiu este mérito, por fin o conseguimos.
Onte o equipo de Guardiola amosounos un bo xogo como xa nos ten acostumados.
En este caso ninguén pode dicir que o Fútbol Club Barcelona sexa un inxusto gañador, por que ten aos mellores xogadores do mundo e o seu toque de balón é sinxelamente espectacular.
No palco, presenciando o partido, estaba, como non o noso Presidente, que supoño que o viviría con impaciencia e finalmente coa alegría da victoria.
Non sei cal será o segredo deste equipo pero eu creo que tanto éxito débese a unha mestura de factores, o caracter do seu adestrador, a importancia para o equipo dos xogadores canteiráns e a humildade de todos, que aceptan as derrotas e as críticas e asimilan a victoria.

Grazas por esta alegría.

jueves, 21 de mayo de 2009

Ocupada

Aínda que intento facer entradas o mais a miúdo posible por que a actualidade política non cesa e, aparte encántame escribir sobre eso, temo que en estas tres próximas semanas non o poderei facer tanto como me gustaría, por que prevense dúas semanas repletas de exames nas que terei pouco tempo para dedicar ao blog e tereime que concentrar en estudiar, estudiar e estudiar para sacar comodamente adiante o curso. A terceira semana está totalmente descartado que escriba por que voume de excursión cos meus compañeiros durante cinco días. Pero cando pasen estas tres futuras semanas prometo non abandonar o blog e seguir tendo actualizado como ata o de agora.
Farei o máximo esforzo posible para que nas dúas próximas semanas encontrar tempo para polo menos comentar a actualidade mais importante.

domingo, 17 de mayo de 2009

Día das Letras Galegas



Hoxe é un día especial para min, é o día das Letras Galegas, o día grande da nosa preciosa lingua. Na escola mandáronme facer un traballo sobre a persoa a que se lle dedican este ano, Ramón Piñeiro. Aquí o expoño.

_______________________________________________________

Ramón Piñeiro López



1 Nenez e xuventude

Ramón Piñeiro pertence a unha familia labrega e humilde da parroquia de Armea no concello de Láncara (Lugo). Nace en maio de 1915. Tiña sete irmáns, destes sete irmáns, tres morreron cando el era neno. Fillo de Vicenta López Fernández e Salvador Piñeiro García. Os seus pais amosaron en todo momento unha gran preocupación, maior da que era habitual en aqueles anos entre a xente humilde, pola cultura e a educación dos seus fillos. Este factor unido a gran curiosidade e intelixencia de Ramón é o motivo de que xa antes de comezar a escola con seis anos, soubese ler, escribir e resolver operacións matemáticas. A escola non supuxo ningunha dificultade intelectual para Ramón Piñeiro, que xa estaba adiantado con respecto aos seus compañeiros gracias a educación recibida da súa familia. Sufriu un duro impacto ao notar a diglosia que en ese momento había na sociedade, e na que o galego saía claramente prexudicado.
Entre 1924 e 1928, Ramón Piñeiro fixo o bacharelato elemental en Lugo. Durante esta etapa descubre a Literatura, e en concreto descobre a literatura en galego, gracias a coleccións de autores galegos.
Quedou moi impresionado ao decatarse de que o galego, idioma de campesiños ó que a escola desprezaba , era tan válido como o castelán para escribir poesía.
Unha precaria situación económica da familia de Ramón impide inicialmente que puidese seguir estudando, polo que tivo que voltar á casa para dedicarse a axudar nos labores de campo.

2 Galeguismo (Introducción ao Galeguismo)

A familia aconsellada polo fillo do secretario do concello de Láncara, decidiu enviar a Ramón a Sarria, alí, encargaríase de levar a contabilidade do comercio dun amigo de seu pai. En ese momento Ramón Piñeiro tivo a súa primeira toma de contacto co galeguismo. Subscribiuse ao diario El Pueblo Gallego, onde autores moi destacados como Ramón Otero Pedrayo escribían artigos en galego. En 1931, na proclamación da segunda república, o galeguista Lois Peña Novo foi falar nun mitin a Sarria, e esto acabou de espertar a simpatía que Ramón Piñeiro sentía polo galeguismo que defendía Peña Novo.
A finais dese ano, Ramón volveu a Lugo a cursar o bacharelato superior favorecido pola circunstancia de que unha das súas irmás posuía traballo e casa nesa cidade. O seu sentimento galeguista foi en aumento alí, polo que xunto os seus compañeiros de instituto fundou a Mocidade Galeguista de Lugo, da que foi secretario de cultura. A súa intelixencia e a súa entrega foron tales que o levaron a relacionarse cos líderes do Partido Galeguista, deles recibiu importante encargos, a pesar da súa cota idade. Finalmente foi elixido como secretario do Comité Provincial do partido, o que o levou a implicarse totalmente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.

3 A guerra

Durante o levantamento militar contra o goberno Ramón Piñeiro participou como representante do Partido Galeguista na comisión asesora do gobernador civil defendendo a República. Dende o momento en que os militares tomaron control da situación Ramón estivo en perigo. En varias ocasións tivo que esquivar, só coa axuda de compañeiros de estudos ou amigos familiares, a detención e incluso a morte. Finalmente tivo que incorporarse ao exército dos sublevados, xa que esta semellaba a única opción de sobrevivir.
Pronto descubriu que nin no exército estaba a salvo das denuncias e ademais desto había que sumarlle os perigos normais dunha guerra e os que conlevaba estar afiliado a política durante a República. A Ramón uníuselle a súa insegura situación persoal e a angustia de comprobar como, co paso do tempo e a continuidade do conflicto bélico, as persoas que o rodeaban se ían insensibilizando e endurecendo. Triste por temer a posibilidade de rematar como elas, caeu en depresión. Despois de superar esta enfermidade, desta experiencia, xurdiu en el un interese pola filosofía, na que Ramón Piñeiro buscou resposta á actitude insensibilizada que comprobou polo xeral ao seu carón durante os tres duros anos de guerra.

4 Reconstrucción do galeguismo durante o franquismo

Rematada a guerra civil, Ramón trasladouse a Santiago de Compostela para estudar os anos comúns da carreira de Filosofía e Letras. En 1942 foise para Madrid para cursar a especialidade de Filosofía.
En 1943 comezou unha loita clandestina para reconstruír o Partido Galeguista e Ramón Piñeiro formou parte do Comité de Dirección do partido. Aproveitou que estaba en Madrid para impulsar os tres primeiros proxectos do Partido Galeguista. Estes proxectos eran: tomar contacto cos galeguistas exiliados, tomar contacto cos nacionalistas cataláns e vascos e tomar contacto tamén con todas as forzas antifranquistas clandestinas.

5 Viaxe a París e cárcere

Despois da toma de contacto cos nacionalistas vascos, estes axudáronlle a Ramón a cruzar os Pirineos a pé, cruzou a fronteira, viaxou a París para entrevistarse co presidente do goberno republicano, que estaba no exilio, José Giral. A súa misión desta vez era conseguir que incluíse un ministro galego no goberno, que ese ministro fose Castelao, como xa acordaran todas as forzas democráticas galegas. E a outra misión era informar dos plans e medios cos que contaba o goberno para derrocar a dictadura de Franco. As dúas misións foron cumpridas, aínda que quedou desolado ao comprobar que o plan que tiña Giral para rematar coa dictadura era un proxecto inxenuo e irrealizable, froito do descoñecemento da verdadeira situación que estaba a vivir España.
Cando regresaba a Madrid, Ramón Piñeiro foi encarcerado durante unha reunión na que ía informar aos outros grupos clandestinos do traballo feito en Francia. Condenaron a Ramón a seis anos de cárcere, dos cales, cumpriu tres.

6 Fundación da editorial Galaxia (Importancia do galeguismo cultural)

Comprobada a fortaleza que adquirira o franquismo e o recoñecemento internacional que fora collendo o réxime, ao saír do cárcere Ramón creu imposible continuar cunha loita política na clandestinidade e optou por comezar cunha loita cultural.
Despois de operarse da vista, que estropeara durante os tres anos de cadea, xuntouse ao proxecto de levar a cabo unha nova editorial, Galaxia, esta editorial doulle cobertura legal ao galeguismo e permitiu facer públicas as ideas do galeguismo para concienciar a todo o país, e en especial as xeración que estaban medrando baixo o control do franquismo. Co mesmo obxectivo, despois de instalarse en Santiago coa súa esposa, Isabel López García, coa que casou en 1952, comezou o labor de entrar en contacto cos mozos que chegaban a Santiago para cursar estudos na universidade. Así e que, pola súa famosa mesa de braseiro da súa casa na rúa Xelmírez, pasaron durante os vinte anos seguintes moitos mozos con inquietudes tanto culturais como políticas.
Ramón foi o director literario da editorial Galaxia e, dende ese posto, foi un dos principais forxadores da reconstrucción cultural galega durante a posguerra. Un dos primeiros obxectivos da editorial era crear unha revista, a revista Grial, pero esta publicación non conseguiu a autorización do goberno ata o ano 1963. Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego dirixírona desde o comezo e nela Ramón Piñeiro publicou mais de corenta artigos. Mais, previamente, esta revista foi saíndo da imprenta de forma encuberta, a tapadeira era unha colección de libros de autoría múltiple. Na revista Grial editáronse catro números antes de que as autoridades a suspendesen, Ramón Piñeiro publicou o seu primeiro ensaio filosófico, “Significado metafísico da saudade” en 1951. Este ensaio foi de grande impacto entre os medios intelectuais galegos e portugueses. Con esta obra quedaba demostrado, o que o goberno e parte da poboación, poñía en permanente dúbida, a capacidade da nosa lingua, o galego, para o xénero ensaístico e para a filosofía.
Á soidade, Ramón Piñeiro dedicou catro traballos mais; “A filosofía e o home”, “Para unha filosofía da saudade”, “Saudade e sociedade, dimensións do home”, e “A saudade en Rosalía”. Estes catro traballos reuniunos en 1984 nun libro, “Filosofía da saudade”. Xa anteriormente en “Olladas no futuro”, seleccionara os artigos mais importantes que fora publicando dende o ano 1949 nas publicacións periódicas en Grial. Ademais desto, da súa propia creación, destaca no seu traballo a favor da cultura galega e da dignificación desta preciosa lingua, a publicación de dúas traduccións feitas coa axuda de Celestino Fernández de la Vega. Traducción do “Cancioneiro da poesía céltica” de Julius Pokorny, a cal foi premiada pola editorial Bibliófilos Gallegos. Traducción da conferencia “Da esencia da verdade” de Martin Heidegger. Esta traducción, tivo moita relevancia porque era unha publicación dun dos filósofos mais relevantes do momento, que aínda non fora traducida ao castelán, esto non se lles escapou ás autoridades, que puxeron diversos obstáculos para que non saíse da imprenta. Ramón Piñeiro tamén reflexa o que a súa preocupación polo galego na súa importante dedicación á revisión e publicación do Diccionario gallego-castellano de Eladio Rodríguez González, que morrera en 1949 sen publicar o seu traballo.

7 Visión da U.S.A

Como resposta á asfixia da cultura galega que o franquismo practicara durante todos eses anos, Ramón Piñeiro redactou un documento de denuncia que foi asinado por varios centros galegos de América. Foi repartido en galego, en inglés e en francés na VIII Asemblea Xeral da UNESCO no ano 1954, esto causou moito desconcerto entre a delegación española, que estaba presidida polo ministro de educación, Xesús Alonso Montero, o cal lle dou a este episodio o nome de “batalla de Montevideo”.
A partir de 1966, Ramón Piñeiro López foi convidado durante catro veráns á Middelbury College de Vermont en Estados Unidos, para impartir cursos sobre a sociedade e o pensamento dos españois. No ano 1967 Ramón Piñeiro ingresou na Real Academia Galega na que pronunciou o discurso “A linguaxe e as linguas”, no que podemos atopar ecos dos estudos sociolingüísticos que se estaban explicando por aqueles anos nas universidades de América do Norte.

8 Democracia, autonomía e primeiras eleccións

Xa nos últimos anos da dictadura, Ramón dedicouse a facilitar a creación dun Partido Socialista e outro de inclinación democristiá galego. Ramón estaba convencido de que “a maioría de idade política de Galicia tiña que consistir mesmamente en que deixase de existir un partido galeguista para que fosen galeguistas todos os partidos democráticos". A pesar desto non participou en ningunha destas formacións, xa que cría que debía continuar practicando un galeguismo cultural que contribuíse a galeguizar a sociedade que non militase en ningún partido político.
Esto cambia cando a democracia chega a España e coa chegada da democracia, Galicia acaricia a posibilidade de lograr a autonomía. O principio Ramón empezou apoiando varios manifestos a favor dun autogoberno para Galicia e participando na formación da sociedade de estudos e opinións Realidade Galega, que esixía para Galicia un estatuto con iguais niveis de autonomía dos que tiñan País Vasco e Cataluña.
Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato ao senado por Lugo. A pesar de que esta candidatura foi apoiada polo PSG, PSOE, PC, Partido Popular Galego e o Movemento Comunista de Galicia, os resultados que acadou dita candidatura foron malos. Moi preocupado por asegurar a presencia galeguista no Parlamento galego, nas elección autonómicas aceptou a marabillosa oferta do PSdeG-PSOE de estar nas súas listas.

9 Normalización lingüística

Gracias a estar nas listas do PSdeG-PSOE foi elixido deputado autonómico, o que lle deu a grandiosa oportunidade de traballar inesgotablemente a favor da Lei de normalización lingüística, aprobada en 1983.

10 Bibliografía

Libros
Olladas no futuro. Galaxia.
Lembrando a Castelao.
Filosofía da saudade. GalaxiaFermín Penzol. Galaxia.
Da miña acordanza. Memorias. Galaxia.
Galicia. Galaxia.
A linguaxe e as linguas. Galaxia.

Artigos

"Saudade", en Gran enciclopedia gallega.
"Retorno a Tagen Ata, por X. L. Méndez Ferrín", en Grial.
"En percura do Castelao verdadeiro", en Grial.
"[Castelao], mestre da concencia galega", en Boletín de la Real Academia Gallega.
"Sobre o pensamento galego da xeneración Nós", en Avriense.
"Vicisitudes históricas da cultura galega", en Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia.
"Castelao e Pondal, duas visións da nosa historia", en homenaxe a Castelao.
"Importancia decisiva da xeneración Nós", en Grial.
"Carlos Maside na miña lembranza", en Maside: un pintor para unha terra.
"A Galicia de Seoane", en Grial.
"A personalidade política de Fermín Penzol", en Grial.
"Parolar con Rafael Dieste", Grial.
"Peculiaridades del nacionalismo gallego", en Homenaje a Koldo Mitxelena.
"A revista Grial", en actas do Coloquio de Tréveris.
"Consello da Cultura Galega", en Grial.
"Castelao político", en Anthropos.
"Lembrando ao Cilistro [Celestino Fernández de la Vega]", en Grial.
"Os contos de Ánxel Fole", en Grial.
"O pensamento de Rosalía de Castro", en Cadernos do Instituto de Estudos Valdeorreses.
"25 anos de Grial", en Grial .
"Heidegger na cultura galega",en Grial.

Traducións (en colaboración con Celestino Fernández de la Vega)

Pokorny, J.: Cancioneiro da poesía céltiga. Editorial Bibliófilos Gallegos.
Heidegger, M.: Da esencia da verdade. Galaxia.


11 Opinión persoal

En xeral penso que deberían existir mais persoas como Ramón Piñeiro, capaces de loitar incansablemente por uns ideais, polos ideais dun pobo, dun país, de Galicia. Ramón dedicou toda a súa vida a intentar que a nosa preciosa lingua non se vise discriminada, como viña sucedendo ata fai pouco e predigo que en estes futuros catro anos pasará por unha situación difícil en mans de xente que non a aprecia e só a utiliza para darse publicidade. Esa xente que non quere ó noso idioma.
Ramón Piñeiro desde a súa xuventude avantaxada, prodixiosa que desde moi novo xa se involucrou de pleno no galeguismo, o que considero algo normal, por que o galeguismo faiche sentir especial, faiche sentir que pertences ao teu pobo, a túa lingua. El foi capaz de entregarse totalmente a defensa do galego e de Galicia.
O que mais resaltaría de Ramón Piñeiro é a súa valentía, que nin tan sequera a cruel guerra civil e a dura dictadura conseguinte, o fixo renunciar aos seus preciosos valores, este período da súa vida no que nos demostra a todos que sempre de un mal momento podemos sacar partes positivas. El pasou por unha depresión e despois isto aínda o motivou mais e lanzouno na súa labor filosófica.
Loitador incansable para reconstruír o galeguismo durante a dictadura de Franco, o que para el trouxo importantes consecuencias, como foi perder tres anos da súa liberdade. Pero estou segura de que el o volvería facer aínda sabendo as consecuencias e por iso me sinto orgullosa de que el sexa galego. Por que eses tres anos no cárcere so o fortaleceron, para darlle mais forzas e fundar a editorial galaxia, importantísima na nosa historia.
Gracias ao Partido Socialista tivo a oportunidade de estar no primeiro Parlamento Galego. Por eso hoxe non só é o día das letras galegas se non que tamén é un día especial para o Partido Socialista.
Gocei moito facendo este traballo e aínda que non fose obrigatorio faríao igual, durante a miña etapa escolar foi o traballo que mais me gustou facer, e seguramente me lembre del durante toda a miña vida.
Incluso houbo partes nas que me emocionei moito ao sentir que todo polo que veu loitando Ramón Piñeiro e demais galeguistas está empezando a dar froitos.
Tamén me entristeceu moito pensar en persoas que se avergonzan da nosa preciosa lingua e a rexeitan, por que este feito, paréceme que é desperdiciar todo o traballo, menosprezar o grandioso obxectivo, polo que tanto loitaron Ramón Piñeiro e moitas outras persoas. No fondo esas persoas danme pena por que non son o suficientemente intelixentes como para apreciar a beleza que ten o galego. Algún día todos se decatarán que o galego é a lingua mais fermosa do mundo.
_______________________________________________________

Todo esto foi parte do meu traballo. Está algo resumido por que se non sería moi extenso.
Non me importa a nota que me dean por el, por que sexa cal sexa a min encantoume facelo.

sábado, 16 de mayo de 2009

O Barça gañador da Liga

O barça xa é campeón de Liga.
Esta noite coa derrota do Real Madrid o Barcelona xa se converteu matemáticamente como gañador da Liga.
Este Barcelona, o mellor en moito tempo, merece a Liga, e tamén a Champions. A ver si o día 27 consegue a última parte do triplete, seguro que si. Estarei moi pendente deles esa noite.
A vitoria da Liga dalle aos xogadores titulares de Guardiola a posibilidade de descansar para o importantísimo partido do día 27 deste mes.
A Liga xa ten gañador pero faltan moitas cousas por decidirse. ¿Quén quedará en postos de Champions? ¿Quén descenderá a Segunda División? ¿En qué posto quedará o Deportivo?. Haberá que esperar unhas xornadas para sabelo pero o que xa coñecemos é o gañador desta Liga.
O Fútbol Club Barcelona.
¡¡¡¡¡ CAMPEÓNS!!!!!
Felicidades

jueves, 14 de mayo de 2009

Camps imputado

Antes, cando era o comezo de esta trama, non me pareceu unha boa idea falar do tema, por a presunción de inocencia dos que posiblemente sexan culpables e por que non me gusta xulgar a ninguén.
Pero hoxe, cando viña da escola no coche escoitando a SER, estaban repasando as noticias e a que mais resaltaba de todas era a imputación de Francisco Camps e Ricardo Costa no caso Gürtel, ao principio pareime a pensar si debería escribir sobre esto ou si, polo contrario era mellor que esperase a que saíse a resolución do xuízo.
Ao final reclineime pola primeira opción, pero propúxenme facer un comentario no que en ningún momento culpe a ninguén e non por que non crea que sexan culpables (que si o creo) se non polo simple feito de que todos temos dereito a un xuízo xusto e como xa dixen antes eu non son que de xulgar a ninguén. Dito eso, vou dar a miña opinión sobre este tema.
Considero que o Partido Popular debería dar de baixa de militancia a Camps e a Costa como o fixo cos deputados imputados.
Creo oportuno que saian e dean explicacións a todos, pero sobre todo as persoas que os votaron.
Si ao final de todo resulta que Camps, Costa ou calquera outra persoa son culpables creo que se deberían tomar estrictas represarías contra todas as persoas implicadas.
O que non considero nada normal é que o Partido Popular con Mariano Rajoy a cabeza, carguen como o están facendo en contra do xuíz Garzón, pola simple razón de que el está facendo o seu traballo aínda que a moitos lles moleste que o faga tan ben. En vez de molestar ao honorable xuíz deberían centrarse en limpar o seu Partido, que parece, que hai varias persoas dentro del con asuntos turbios, e en dar explicacións.
Cousas como estas dan pe a que a xente opine mal dos políticos, por eso creo que as persoas que cometan esas irregularidades deben abandonar a súa carreira política, independentemente do partido ao que pertenzan.
Polo de agora non podo dicir moito mais cando saia toda a verdade desto, que sairá xa se poderá afondar un pouco mais no tema.

O Barça Rei de Copas


Fotos: www.as.com

Onte o Barça levantou a súa vixésima quinta Copa do Rei.
Confiaba completamente no que seguramente sexa o mellor equipo do mundo, pero teño que admitir que cando o Athletic marcou o primeiro gol púxenme un pouco nerviosa. Esto non é nada significativo en min, xa que, os meus nervios están a flor da pel sempre. E cando Toure marcou para o Barça, en ese mesmo momento, tiven a confianza de que o Barcelona levaba esta Copa.
Con esto xa lograron a primeira parte do triplete, que espero con moitas ansias que consiga.
Vin todo o partido e o que menos me gustou de todo foi a agresión dun aficionado do Athletic a Alves, ao que lle lanzou unha lata dun refresco, pero o mal comportamento dunha persoa é compensado pola actitude exemplar do resto de aficionados, a pesar das pitadas ao himno.
Con todos estes sucesos que tamén marcaron o partido, ou mellor dito que marcaron o día despois del, xa que a maioría dos medios de comunicación centráronse mais nos desagradables acontecementos que no resultado deportivo.
Síntoo polo Athletic, outro ano será.
Todos temos que recoñecer que en esta temporada o Barça está imparable. Espero que esta semana remate coa victoria da Liga e que o día 27 deste mes gañe a Champions.

miércoles, 13 de mayo de 2009

Debate sobre o Estado da Nación

Esta mañá rematou o debate sobre o Estado da Nación. O meu horario escolar non me permitiu velo polas mañás, así que, só puiden atendelo o martes pola tarde, a parte de velo esas horas en directo, estiven pendente dos resumos que se facían del na radio e nos telexornais para non perder ningún detalle do que sucedera no tempo no que non o puiden escoitar.
Aínda que con tan só ver o cacho que vin en directo chegaríame para dar unha opinión, que creo que a maior parte das persoas compartirán.
A miña opinión é que José Luís Rodríguez Zapatero saíu gañando e por goleada o debate.
Observei a un Rajoy, que non sabe como facer para atacar ao noso presidente do goberno e só o pode lograr dende o insulto e as mentiras.
Insultos, como dicirlle as persoas que representan a maioría dos cidadáns españois que non sabían ler. Claro que todos os homes e as mulleres que se sentan aí saben ler, pero non todo o mundo ten este coñecemento, e non sei que lles parecería a esa xeneta a súa fraseciña. Aínda que o que mais me molestou de todo foi o que lle seguiu a esa “perla”, despois de dicir que os deputados socialistas non sabían ler, engadiu,“¡Qué gente!” ¿A que se refería con esto?. Vostede ten que respectar a todos, o líder da oposición dun país non poder andar insultando por aí as persoas que están representando a millóns de cidadáns, por que é como ofender e dirixir o insulto a todas a xente que votou ao Partido Socialista.
Mariano anunciou moito o seu plan anticrise e de tanto publicitalo esquecéuselle explicalo. Vamos, que o anunciou pero foi como se non existise. Si el sabe como saír da crise, que o diga, ¿A que está esperando?. No seu plan insistiu na Reforma laboral, pero ¿Cal é a reforma laboral? Por que eu pódovos asegurar que estiben moi atenta e aínda non me decatei en que consistía a súa reforma laboral. Seguramente, sexa mellor non sabelo, ¡A saber as barbaridades que está pensando!.
Percibo que Mariano está nervioso, nervioso por que se aproximan as Eleccións Europeas e sabe que si as perde quédanlle as horas contadas dentro do seu Partido e estou segura de que Mayor Oreja as vai perder, por que o Partido Socialista ten que gañalas para que todos poidamos seguir progresando en Europa como ata agora. Unha victoria do PSOE en estas eleccións é unha victoria de todos os cidadáns.
A cara deste debate foi para o noso Presidente. Que el, si anunciou medidas concretas, para saír de esta difícil situación económica. Con este debate todo o Partido Socialista sae reforzado para as inmediatas Eleccións. Zapatero gañou o debate e sen faltar o respecto a ninguén, tan só dicindo a pura verdade e aportando axudas a xente para saír adiante.
A Zapatero daríalle un sobresaínte nas súas intervencións en este debate polo simple feito de que non recorreu ao insulto para afrontalo e por que aportou solucións para axudar a todos a saír deste bache económico. A nota que merece Mariano Rajoy, na miña opinión, pola súa participación no debate é un suspenso, un suspenso por que non ten idea de como atacar a José Luís Rodríguez Zapatero e só lle quedou caer no método mais rastreiro de todos, o insulto; e por que non contribuíu con ningunha medida concreta para mellorar a economía do país.
En fin, de todo esto saquei unha cousa en claro, Mariano Rajoy sempre será o eterno aspirante e nunca logrará a nada, xa que, non da a talla e non lle chega nin a súela dos zapatos ao noso Presidente.

lunes, 11 de mayo de 2009

Boa nova

Hoxe, durante a comida, levei unha gran alegría, cando no telexornal dixeron que Federico Jiménez Losantos anunciou que se ía da Cope. Saída acompañada da de Cesar Vidal. Aínda que hoxe a entrada está case completamente dedicada a Losantos
A verdade, esto xa se sabía hai un tempo, cando se soltou o gran bombazo de que non se lle renovaría o contrato, pero como eu non me fiaba decidín agardar para facer unha entrada con respecto a este tema. E hoxe por fin parece confirmarse totalmente, por eso é o día oportuno para falar deste “señor”.
En principio manifestar o que opino sobre el, creo que é un nefasto periodista, bueno, perdón, que para min non acada a ser un periodista, por que para selo hai que respectar a verdade e difundila sen difamar, calumniar e sobre todo sen insultar a ninguén, sexan cales sexan as súas ideas políticas. Por que este home non só ofendía a xente do Partido Socialista, se non que incluso insultou a algunha persoa que, presuntamente, comparte con el ideais.
Este home non sabe exercer a súa profesión sen insultar, non creo que o seu programa tivese audiencia si el deixase de soltar as barbaridades que solta por esa boquiña.
A súa marcha xa tiña que producirse hai moito tempo, antes de que magoase a tantas persoas, por que foron moitas as palabras ferintes que ten dito baseándose na liberdade de expresión e permítame dicirlle que o que vostede di que é liberdade de expresión no meu pobo chámaselle INSULTAR.
Non, definitivamente non é periodista.
Oxalá que non o contrate ninguén, non merece traballar en tan bonita profesión. Non, por que o único que faría sería desacreditar o periodismo.
Teño que confesar que nunca lle tiven moita simpatía a esa canle da radio pero mentres en ela traballe ese home, estarei totalmente en contra dela, sen posibilidade de que ninguén me convenza do contrario, de que está baseada no pasado, na dereita mais extrema.
En resumo, unha boa nova para o periodismo e para todos en xeral.

viernes, 8 de mayo de 2009

Unha imaxe vale mais que mil palabras III







Unha imaxe vale mais que mil palabras II












Unha imaxe vale mais que mil palabras












Fotos:www.nortecastilla.es
Estas imaxes non precisan ningunha descripción, só unha palabra para describilas
O CAMBIO

martes, 5 de mayo de 2009

O cambio, Patxi Lehendakari


Foto: http://www.fickr.com/
Acaba de rematar a sesión de investidura de Lehendakari, como xa sabíamos Patxi López foi elixido como Presidente do País Vasco. Durante todo o acto puiden observar a uns nacionalistas totalmente emperrenchados, encerrados no pasado, sen avanzar, e sen asimilar aínda, que xa pasaron a oposición.

Pareceume mal, que o portavoz do Partido Nacionalista Vasco, dixese que Patxi non está aí grazas aos votos, se non, a lei de partidos e aos trece votos do Partido Popular, Patxi é Lehendakar,i gracias aos vascos que o votaron.

A todo o mundo lles resultan difíciles os cambios, e mais si non nos benefician pero, son necesarios, este cambio era moi necesario, e será moi beneficioso para toda a poboación vasca.
Patxi, sen coñecelo persoalmente, paréceme un home valentísimo, por que xa antes de ser Presidente do País Vasco tivo que soportar ameazas e sigueu aí, sen renunciar e sen medo, temos que admitir, que ser político non nacionalista no País Vasco ponche no punto de mira da organización terrorista E.T.A. e Patxi en estos momentos debe ser moi forte para poder combatilos.
En fin, xa era hora de que houbese un Lehendakari non nacionalista e estou segura de que a persoa mais merecedora de ese privilexio é Patxi López por que seguro de que será un moi bo Lehendakari e aportará ó País Vasco moitas melloras e sobre todo sei que loitará incansablemente contra o terrorismo ata lograr derrotalo.
Patxi durante a sesión de investidura mostrouse moi dialogante apoiando as críticas constructivas, resaltando que solo habería un País Vasco, sen frentismos, con cidadáns libres, formados na democracia e tolerantes. Todas as palabras que pronunciou foron memorables e quedarán para a historia do País Vasco.
Tampouco se me escaparon as palabras de Juan Jose Ibarretxe " Voy a iniciar una nueva etapa en mi vida." "En este parlamento es onde comencé a hacer política y aquí es onde voy a dejar de hacer política". A súa despedida, como xa se viña rumoreando de hai tempo que non seguiría.

Patxi López Lehendakari con 39 votos.

domingo, 3 de mayo de 2009

Día mundial da liberdade de prensa

Hoxe a parte de ser o día da nai é o día mundial da liberdade de prensa. Para min o periodismo ten unha gran importancia en estes mundos e a liberdade de prensa é un dereito que temos todos nós, o dereito a saber o que pasa, o dereito de ser informados, o dereito a saber a verdade. Por todo esto o periodismo é fundamental nas nosas vidas.
Sen periodismo non teríamos noticias que ver, oír, ler...e moitas historias non poderían ser escoitadas.
Por eso desde aquí pido a todos, que aprecien o periodismo e que se deixe exercer con liberdade, aínda que os responsables del nunca deban sobrepasar certos límites.
Periodista é unha bonita profesión, para min, si algún día non encontro sitio en este mundo, pois gustaríame ser periodista. Por que ser periodista é duro, si, pero tamén é gratificante, si eres un periodista serio, que te encargas de temas que valen a pena e só informas coa verdade, encontras a recompensa ao teu traballo, e esa recompensa é que todas as persoas son conscientes do que pasa gracias a ti, periodista.
En fin a min paréceme unha profesión dura pero preciosa.
Ninguén debe entorpecer a liberdade de prensa, por moito que a noticia non lle beneficie.
Pero tampouco ningún periodista debe utilizar a liberdade de prensa ou de expresión para insultar a ninguén, por que esa persoa cando fai iso non está sendo un periodista. Estou pensando en alguén en concreto, en Federico Jiménez Losantos, que para min xa perdeu a credibilidade hai moito tempo. Aínda que o deste “home” está mais relacionado coa liberdade de expresión que coa liberdade do periodismo. Algún día escribirei mais en profundo sobre el, pero hoxe non lle toca.
Felicidades a todos os periodistas e a todas as persoas que facilitan a liberdade de prensa. E en un día tan especial como o de hoxe, recordar a todos os periodistas mortos facendo o seu traballo, e en especial un caso do que me lembro bastante a pesar de que eu só tiña once anos, un suceso que me motivou e que fixo que me interesase a política. Recordar a José Couso que morreu exercendo o periodismo, cubrindo as noticias nunha guerra absurda. Oxalá que algún día se aclare todo o que pasou e que prevaleza a liberdade de prensa para informarnos a todos os cidadáns coa verdade. Dar o meu apoio desde aquí a súa viúva e aos seus fillos.

Día da nai

Hoxe é o día da nai. E non quero que pase sen dedicarlle unhas letras á miña. Que para min é a mellor. Con ela comparto moitas cousas, e entre esas cousas están as ideas políticas, aínda que, os meus gustos pola política nunca foron promovidos por ela xa que nunca me falaba deses temas, pero con eso e todo, desde que comezou a interesarme ela sempre me apoiou.
Tiven momentos difíciles ela estivo sempre aí, conmigo, apoiándome e axudando a saír dos baches. Axudándome a levantarme, cando tropezaba. Confío en ela, cóntolle todo, que pode parecer raro esto con quince anos, pero é certo, ela sábeo todo de min. A veces ata penso que me coñece mellor que eu a min mesma. A confianza nunha nai é parte fundamental para ter unha boa relación con ela. Por que eu enténdoa a ela e ela enténdeme a min.
Por estas razóns e por moitas mais, quéroa, quéroa moito. Este día da nai é o seu día e o de todas as nais do mundo.
Felicidades mamá.

miércoles, 29 de abril de 2009

Cen días

Foto: www.elpais.com
Hoxe Barack Obama cumpre cen días no cargo. Como nunca tiven oportunidade de comentar algo sobre el, aproveito hoxe, que é un día simbólico para facelo. Que Obama fose elexido como Presidente de Estados Unidos significou un gran paso adiante, e non só para ese país, se non para o mundo en xeral.
Un avance en tres sentidos, o primeiro, que Bush tivo que irse (aínda que Obama non gañase as eleccións el marcharía de todas formas). A verdade é que aínda non comprendo como alguén tan incompetente e inepto logrou a presidencia de Estados Unidos, non dou entendido iso. O segundo avance son todos os bos cambios que puidemos ver, e eso en tan só cen días. Del non me esperaba menos. Aínda que queda moito camiño por diante e moito que traballar. O mais urxente, no meu punto de vista, é o peche inmediato de Guantánamo, esixir responsabilidades aos culpables por todo o dano que se fixo alí, e que o mundo enteiro saiba a verdade do que sucedeu. E o terceiro é o resultado de todo polo que se leva loitado desde Martin Luther King, pódese ver resumido coa imaxe de Obama na Casa Branca
Por agora Obama estao facendo moi ben. As relacións con España melloraron moitísimo comparado con cando estaba George Bush. Persoalmente creo que vai a ser un moi bo presidente si sigue en esta línea por eso lle dou as felicidades.

domingo, 26 de abril de 2009

Patxi Vázquez novo secretario xeral do PSdeG

Nova executiva do PSdeG
Foto: www.psdeg-psoe.org
Onte no congreso extraordinario do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez foi apoiado co 87.04% dos votos e será o novo secretario xeral do partido.
É un home que me aporta boas vibracións e que creo que traerá aire novo para o partido. Con el afrontaremos estes catro anos que nos quedan na oposición con valentía, proporcionando a toda a xente que votou polo partido, e en xeral a toda Galicia, unha oposición digna de gañar as próximas eleccións. Estou convencida de que o lograremos, o pobo, durante estes catro anos, decatarase de que o señor Feijoo non é apto para dirixir Galicia.
Tamén quero dedicarlle unhas verbas á Emilio Pérez Touriño; dicir que foi un magnífico presidente, que me encantaría que revalidase o cargo nestas anteriores eleccións, pero, esto non sucedeu. Así que desde aquí, o meu apoio, estou segura de que aínda que, xa non sexa, o secretario xeral do partido seguirá aportando cousas moi boas.

jueves, 23 de abril de 2009

Griñán, novo Presidente de Andalucía

Hoxe tomou posesión do cargo de Presidente de Andalucía, José Antonio Griñán, o ata fai pouco, vicepresidente segundo pasa a ser Presidente da Xunta de Andalucía para substituír a Manuel Chaves que agora ocupa o cargo de vicepresidente terceiro e ministro de Cooperación Territorial.
No acto estiveron presente tanto Manuel Chaves como Bibiana Aído (ministra de igualdade).
O novo goberno será de quince concelleiros, dos cales nove deles serán mulleres.
O ata o de agora Secretario Xeral de Economía, Antonio Ávila, substituirá a Gaspar Zarrias na Consellería da Presidencia.
Carmen Martínez Aguayo, Viceconcelleira ata hoxe, pasa a ser Concelleira de Economía e Facenda.
Aguilera, Concelleira de Gobernación pasa a Concelleira de Agricultura e Pesca e deixa ao fronte de Gobernación a Luís Pizarro.
De Agricultura e Pesca sae Martín Soler, para ocuparse da Concellería de Innovación, Ciencia i Empresa e substituíndo a Francisco Vallejo.
Mar Moreno volve, ao fronte da Concellería de Educación, substitúe a Teresa Jiménez.
No lugar de Evangelina Naranjo, a nova Concelleira de Xustiza e Administracións Públicas será Begoña Alvárez.
E finalmente o mais destacable de todos os cambios é a incorporación a este goberno, da ata o momento, alcaldesa de Córdoba, Rosa Aguilar encargada da Concellería de Obras Públicas e Transportes substituíndo a Luís García Garrido.
O resto de concellerías permanecen sen cambios.
As concellerías quedan de esta forma:
1. Antonio Ávila Cano (Concelleiro de Presidencia)
2. Luís Pizarro Medina (Concelleiro de Gobernación)
3. Carmen Martínez Aguayo (Concelleira de Economía e Facenda)
4. María del Mar Moreno Ruíz (Concelleira de Educación)
5. Begoña Álvarez Civantos (Concelleira de Xustiza e Administracións Públicas)
6. Martín Soler Márquez (Concelleiro de Innovación, Ciencia e Empresa)
7. Rosa Aguilar Rivero (Concelleira de Obras Públicas e Transportes)
8. Antonio Fernández García (Concelleiro de Emprego)
9. María Jesús Montero Cuadrado (Concelleira de Saúde)
10. Clara Aguilera García (Concelleira de Agricultura e Pesca)
11. Juán Espadas Cejas (Concelleiro de Vivenda e Ordenación do Territorio)
12. Luciano Alonso Alonso (Concelleiro de Turismo, Comercio e Deporte)
13. Micaela Navarro Garzón (Concelleira de Igualdade e Benestar Social)
14. Rosa Torres Ruíz (Concelleira de Cultura)
15. Cinta Castillo Jiménez (Concelleira de Medio Ambiente)
Desde aquí deséxolle sorte nesta nova etapa para Griñán, para o seus Concelleiros e para toda Andalucía, que desde logo, xa contaba cun moi bo presidente, pero estou segura de que este novo goberno tampouco decepcionará a ningún andaluz nin andaluza.

martes, 21 de abril de 2009

Os concelleiros de Feijoo

Xa se descubriron os concelleiros de Feijoo, ese segredo que gardou durante mais dun mes.
O novo goberno estará formado por seis homes e catro mulleres, non como o anterior, que estaba constituído cun número igual de homes e mulleres.
Pero, ¿elixiría el o novo goberno ou estaría presionado por o seu Superior? Na miña opinión, en algún caso, foi algo títire do darriba. Feijoo di que este goberno ten “pouco da Xunta de Fraga” pero os datos están aí e podemos ver que sete dos seus concelleiros traballaban na Xunta do mandato de Fraga. Pero sen dúbida algunha o que mais me indigna de todo, é o nomeamento do concelleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, que foi expedientado ao presuntamente incumprir a Lei de Incompatibilidades por traballar para dúas constructoras ás que se lle concederon contratos mentres el estaba ao fronte da consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Vivenda.
Os concelleiros son estes:
  1. Agustín Hernández (Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras)
  2. Alfonso Rueda (Administracións Públicas e Xustiza)
  3. Beatriz Mato (Traballo e Benestar)
  4. Javier Guerra (Economía e Industria)
  5. Jesús Vázquez (Educación e Ordenación Universitaria)
  6. Marta Fernández Currás (Facenda)
  7. Pilar Farjas (Sanidade)
  8. Roberto Varela (Cultura e Turismo)
  9. Rosa Quintana (Mar)
  10. Samuel Juárez (Medio Rural)

domingo, 19 de abril de 2009

Investidura de Feijoo

Xa pasaron uns días desde a investidura do novo Presidinte de Galicia, aínda non falara do tema por que, a verdade, non me apetecía poñerme de mal humor redactando a entrada para falar deste home que non me gusta nada. Pero hai que facelo, guste ou non.
O xoves, Feijoo foi elixido Presidente da Xunta con 38 votos a favor dos deputados do seu partido e 36 votos en contra do PSdeG e BNG. A toma de posesión foi este sábado, e quedou cerrada ca cerimonia na Praza do Obradoiro. O martes será a sesión de apertura da nova lexislatura de Galicia. E con esto quedarán cerrados todos os actos, para volver a normalidade.
Non hai moito mais que destacar, no seu discurso mais do mesmo. O de sempre, discurso correcto, pero sen afondar en nada e sen aportar nada novo.
Sinceramente, creo que o papel que vai a desempeñar durante estes catro anos non vaia aportarnos nada bo. Galicia sairá prexudicada desta lexislatura, aínda que lograremos recuperarnos.

sábado, 18 de abril de 2009

Lista electoral para as Europeas

Este sábado, o Comité Federal do PSOE, ratificou a lista para as próximas eleccións Europeas do sete de xuño. Espero que co traballo de todas estas persoas se poida acadar un bo resultado, para poder así lograr aínda mais importancia en Europa. A lista electoral é esta:

  1. Juan Fernando López Aguilar
  2. Ramón Jáuregui Atondo
  3. Magdalena Álvarez
  4. María Badía i Cuxet
  5. Miguel Ángel Martínez
  6. Carmen Romero López
  7. Alejandro Cercas Alonso
  8. Iratxe García Pérez
  9. Enrique Guerrero Salom
  10. Inés Ayala Sender
  11. Antolín Sánchez Presedo
  12. Juan Andrés Perelló Troncoso
  13. Raimon Obiols i Germá
  14. Eider Gardeazabal Rubial
  15. María de los Ángeles Avilés Díez
  16. Luis Yáñez Barnuevo
  17. Antonio Masip Hidalgo
  18. José Pablo González Durán
  19. María Muñiz de Urquiza
  20. Teresa Riera Madurell
  21. Ricardo Cortés Lastra
  22. Sergio Gutiérrez Prieto
  23. María Irigoyen Pérez
  24. Nuria Parlón Gil
  25. Dolores García del Hierro
  26. Vicente Garcés Ramón
  27. Francisca Pleguezuelo Aguilar
  28. Gloria Martín Rodríguez
  29. Rosa Miguelez Ramos
  30. Antonio Magdaleno Alegría
  31. Mohammed Azahaf Moumen
  32. Concepción Arribas Llorente
  33. María Rosa López Ochoa
  34. Izaskun Bernal Cerdeira
  35. Alejandro Colldefors Bergnes Las Casas
  36. Yolanda Sierra Martínez
  37. Ángeles Sierra González
  38. Ramón Hernández Garrido
  39. Sonia Martí i Korff
  40. Juan Mari Serra
  41. Mª Piedad Álvarez Cortés
  42. Beatriz Doménech Sánchez
  43. María Isabel Gómez de Pedro
  44. Regino Mateo Pardo
  45. Daniel Carrillo Muñoz
  46. María Julia Martínez Torales
  47. Rufino Sanz Peinado
  48. Dolors Vidal Guiu
  49. Bárbara Duhrkop Duhrkop
  50. Josep Borrell i Fontelles
  51. Alexandrina Moura Da
  52. Carlos Tanco Peña
  53. Sandra Ramos Garcia
  54. Carmen Rocío Cuello

martes, 14 de abril de 2009

Aniversario

Non quería que pasase o día de hoxe sen facer, un breve recordatorio dun día tan especial, non sei si a moitos de vós, vos dirá algo a fecha de hoxe, 14 de abril, en 14 de abril de 1931, declarouse en España a Segunda República. Hoxe hai polo tanto 78 aniños deso, desde logo unha fecha memorable a de hoxe. Unha fecha para historia deses cinco anos de ouro.

lunes, 13 de abril de 2009

Toros, nin arte, nin cultura

O venres 10 de abril, unha canle de televisión, dedicou toda a tarde a emitir programación taurina, que xa nos tempos que corren, en España, e menos mal, hai moi pouca xente que apoia a tortura dun animal ata a morte.
Eu, antitaurina, protesto por este feito e creo que os cartos que dedicaron a emitir esto, deberían invertelos nunha das campañas solidarias que tanto publicitan.
A parte xa do feito de tan mal gusto de emitir a tortura dun animal indefenso en directo, ademais esta programación era en horario infantil. Non creo que ningún neno nin nena de sete ou oito anos estea capacitado para ver semellante barbarie.
Hai un tempo, vía algún dos programas desta canle de televisión, cubrindo reportaxes de antitaurinos protestando por festas “culturais” nas que se producía a tortura destes pobres animais, e os seus periodistas eran botados, véndose privados da liberdade de informarnos. E meses despois a mesma canle emite toda unha tarde de programación taurina, non me podo crer tanta hipocresía, por un lado protestan e despois foméntano, cada vez teñen menos credibilidade. Pero en fin, a todos eles dálles igual o sufrimento do animal, só son empresarios preocupados polas audiencias e os cartos que estas lles aportarán. Aínda que non creo que este acto tivese moita audiencia, para min que foi unha mala inversión, polo menos na miña casa, en ningunha das televisións se sintonizou esa canle durante a emisión dunha tortura en directo dun animal indefenso. E espero que en moitos outros fogares, fixesen o mesmo, para que o próximo ano non o volvan a emitir.
Lémbrense. Touros, nin arte, nin cultura.

Enlaces, sitios web de moito interese

Aquí vos deixo 53 enlaces de sitios web, a maioría son blogs, aínda que tamén puxen páxinas webs de periódicos, canles de radio...
Eu recoméndovos que os visitedes, pódense sacar moitas cousas claras. Vouvos explicar de quen son a maioría deles.
Persoalmente non coñezo a ningún dos autores destes blogs, pero encantaríame ter unha conversa con calquera deles.
1. 20 minutos: Páxina web do xornal.
2. A dorna da rede: Blog de Daniel Casal.
3.
Apuntes desde un camarote.
4. Barack Obama: Non sei si saberiades da existencia deste blog, pero seguro que sabedes quen é o seu autor, o blog de Barack Obama en español (tamén tedes a versión orixinal en inglés). Barack Obama, actual presidente dos E.E.U.U.
5. Bitácora do Nordés: Blog de Manuel Cedán. Manuel Cedán forma parte da Rede “Más Ciudadanía” da Organización Sectorial do Movemento Cidadán do PSOE, tamén está no Consello de Redacción da revista “Razón Socialista”.
6. Blas García: Este blog é de Blas García, é o mais visitado de todos os dos políticos galegos. Blas García traballa na sede do PSdeG-PSOE, Axunto á Secretaría de Organización, Secretario Comarcal do Barbanza e membro do Comité Nacional Galego.
7.
Blog de Fariña, Javier Fariña.
8. Blog de Loli: Loli é membro da xestora do PSdeG-PSOE e Secretaria Xeral das XSG.
9. Blog de Mar Barcón: Mar Barcón é secretaria de organización do PSOE.
10. Blog Personal de José López Orozco: José López Orozco é Alcalde en Lugo.
11. Cadena SER: Páxina web da canle de radio SER.
12. Caldelao de Caldelas: Blog de Eladio Osorio, Secretario Comarcal do PSdeG-PSOE na comarca de Trives-Caldelas, asesor do Grupo Socialista na Deputación de Ourense e concelleiro en Castro de Caldelas.
13. Certo Xornal: Xornal dixital que cubre Ribeira, Noia, Boiro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Lousame e Dodro. Persoalmente, este é un dos meus sitios web favoritos.
14. Chermant des Chemins.
15. Cinturón Rojo Obulense: Blog de Angel González, Concelleiro en Vadillo de la Sierra (Ávila) e Secretario Xeral da agrupación socialista Villatoro-Vadillo.
16. Dende Fora: Este blog está moi ben, recoméndovos que o visitedes.
17. Diario de Miquel Iceta: Miquel Iceta, vice primeiro Secretario, Portavoz do Partido Socialista Catalán e Deputado Socialista no Parlamento de Cataluña.
18. Diario El País: Páxina web do xornal El País.
19.
Disculpas Aceptadas.
20.
Eco...
21. El blog d’en Joan Ferrán: Joan Ferrán é Deputado Portavoz adxunto do Partido Socialista de Cataluña e membro da executiva nacional do Partido Socialista de Cataluña.
22. El Blog de Dani Viondi: Daniel Viondi, concelleiro electo no concello de Madrid.
23.
El blog de José Luís Prieto
24. El Blog de Oscar Iglesias: Blog de Oscar Iglesias, concelleiro Socialista en Madrid.
25. El cuaderno de Pepe Blanco: Este é un dos blogs que mais sigo, é o blog de Pepe Blanco, novo ministro de Fomento e Vicesecretario Xeral do PSOE.
26.
El periodismo digital.
27.
El Plural – Periódico digital progresista.
28. En el mismo barco: Blog de Pedro Sánchez concelleiro no concello de Madrid.
29. Enfoque Ciudadano: Blog de María José Bayo, responsable de Comunicación do PSOE en Huelva.
30. Eva Tomé: Blog de Eva Tomé, traballadora na organización do PSdeG-PSOE.
31.
Galicia Confidencial.
32. Galicia Socialista.
33. Imaginando Hoy: Blog de Luís Llorente, membro da Executiva Nacional do PSOE.
34. Iván Puentes: Este blog encántame, a forma na que se expresa Iván Puentes é excepcional. Iván Puentes é o Alcalde de Fene e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Ferrolterra.
35. La bitácora de Luís Salvador: Luís Salvador, senador Socialista por Granada.
36. La lupa de Ainhoa: Blog de Ainhoa García; concelleira socialista en Torrejón de Ardoz; responsable das áreas de Xuventude, Infancia e Educación e membro do Comité Rexional do Partido Socialista de Madrid.
37. Lage: Para min este blog é de lectura obrigada, por que sen coñecer a Lage, é un dos meus maiores referentes, por que comezou desde abaixo e chegou alto e por que nacemos no mesmo pobo. José Manuel Lage Tuñas, Deputado número seis por A Coruña.
38.
Lalo Blogueando.
39. Leire Pajín: Seguro que vos resulta algo coñecida, Leire Pajín é a Secretaria de Organización do PSOE.
40. Modo explícito.
41. Notas de Miguel Fidalgo: Blog de Miguel Fidalgo, senador socialista por Ourense e Viceportavoz de Fomento.
42. Patxi López: Ao mellor ultimamente oíchedes falar algo del, estivo de actualidade polas elección no País Vasco. Patxi López é Secretario Xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra e futuro lehendakari.
43. Paula García Rivero: É unha nena de once anos, filla de Blas García, é un blog interesante que me sorprendeu bastante, seguro que vos gustará.
44. Pedro Armas: Blog de Pedro Armas, membro da Executiva da Agrupación Socialista Coruñesa e do Comité Nacional do PSdeG.
45. Pedro Zerolo: Blog de Pedro Zerolo, membro da Executiva Nacional do Partido Socialista Obrero Español, e Secretario de Movementos Sociais.
46. Rafael García Guerrero: Un dos blogs que visito a diario, seguramente que os de Noia xa saben quen é pero para quen non o saiba, Rafael é o Alcalde de Noia.
47. Semáforo Abierto para Marco Ferrara Ferrero: Marco Ferrara, autor deste blog, forma parte e é portavoz da dirección do PSOE Europa.
48. Una Segunda Opinión.
49.
Vicent Vercher.
50. Vida: Blog de Eva Rivero, toda a familia ten blogs, cada un seu, o pai (Blas García), a nai (Eva Rivero), e as fillas (Paula e Nerea).
51. Xavier Carro Garrote: Blog de Xavier Carro Garrote, senador do PSdeG-PSOE.
52.
Xuventudes Socialistas Galegas.
53. ¡Qúe pájaro este Espino!: Blog de Josevi, concelleiro de deportes e secretario de Cultura e Deportes do PSOE en Torrejón de Ardoz.

jueves, 9 de abril de 2009

Renovación ministerial

O pasado xoves 7 de abril, o noso presidente do Goberno anunciou unha renovación nos ministerios. Os cambios son estes.
O ministerio de Fomento pasa de Magdalena Álvarez a Pepe Blanco.
O ministerio de Educación pasa de Mercedes Cabrera a Angel Gabilondo.
Elena Salgado pasa de ser ministra de Administracións Públicas a ocupar o ministerio de Economía e Facenda, e ademais será vicepresidencia segunda, estes cargos sonlle traspasados por Pedro Solves.
O ministerio de Sanidade e Administracións Públicas pasa de Bernat Soria a Trinidad Jiménez.
A ministra de Cultura será Ángeles González Sinde.
O que ata o de agora fora Presidente da Xunta de Andalucía, Manuel Chaves, pasa a ser vicepresidente terceiro e ministro de Cooperación Territorial.
A parte destes traspasos de carteiras, haberá mais cambios; Asuntos Sociais xa non pertencerá a Educación, pasará ao ministerio de Sanidade. A secretaría de Estado da Universidade, que polo de agora, pertencía a Ciencia e Tecnoloxía, integrarase no ministerio de Educación. O Consello Superior de Deportes dependerá directamente do presidente do Goberno e Jaime Lissavetzky queda ratificado como secretario de Estado para o Deporte.
De todos estes cambios na miña opinión os mais importantes son, o novo ministro de Fomento, Pepe Blanco, si desexades saber algo mais del seguro que comentará algo desto proximamente no seu blog (
http://www.elcuadernodepepeblanco.blogspot.com).
Tamé é moi importante o cambio de ministerios de Elena Salgado que tras a súa eficacia no ministerio de Administracións Públicas, pasará a ser ministra de Economía e vicepresidenta Segunda.
Outra notable novidade é a creación dunha terceira vicepresidencia (vicepresidencia territorial) que estará nas mans de Manuel Chaves, presidente de Andalucía ata este momento, que en palabras de Zapatero “Nadie mejor para dirigir esta política de cooperación territorial que Manuel Chaves”.
E o que mais nos interesa a xente que estamos estudando é o cambio que se produciu no ministerio de Educación, que pasa de Mercedes Cabrera a Angel Gabilondo.
A todos os que comezan esta nova etapa, moita sorte, seguro que o faredes moi ben. E aos que acaban de terminar esta parte na sua vida profesional, só decirlles que o tempo que ocuparon eses cargos, fixéronno moi ben, sobre todo destacar o extraordinario traballo que fixo Mercedes Cabrera ao fronte do ministerio de Educación.

¿Quen son e por que fago este blog?

Respecto a quen son, só dicirvos que son unha rapaza de 15 anos que cursa actualmente cuarto da E.S.O, galeguista e socialista, desde hai moitos aniños, con unha vida normal.
¿Por que fago este blog? Pois en verdade fago este blog por necesidade de expresar as miñas ideas e intentar compartilas con outras persoas para a ver si así se contaxian un pouquiño delas. En este blog vaise falar sobre todo de POLÍTICA aínda que tamén haberá tempo para tocar outros temas distintos. Xa hai moito que tiña gañas de facelo pero non me decidín ata hoxe, revisando outros blogs socialistas, acabeime animando a facer un eu tamén.