miércoles, 12 de agosto de 2009

Xogando ao escondite

No PP este verán estano pasando xogando ao escondite por que o que están facendo non é acusar o PSOE de espialos, se non que subliminalmente están intentando tapar todos os casos de corrupción que lles están xurdindo dentro do partido, e como non encontran ningunha forma de tapar toda a merda que lles está a xurdir, crean polémica para que a xente se esqueza dos traxes de Camps, de Luís Bárcenas, da corrupción en Mallorca…
Deberían de concentrarse en erradicar toda a corrupción de dentro e en que non se espíen a eles mesmos. Por que aquí dos únicos casos de espionaxe dos que se viron probas foron en persoas do Partido Popular que espiaban a membros do propio partido.
Levan falando do espionaxe toda a semana, primeiro María Dolores de Cospedal, e despois o títere de Rajoy. Pero acusan sempre sen probas, se son espiados, que o demostren non poden andar acusando por aí ao goberno, xuíces e policías de asuntos tan graves sen demostralo, isto vaille traer consecuencias.
En este caso pódese aplicar a perfección o refrán “crese o ladrón que todos son da súa condición”. Pensan que a todos lles vale con todo, que non teñen valores, que non lles importa nada. Pero están moi confundidos ós únicos ós que non lles importan as persoas son a eles como se demostra acusando continuamente a xuíces, policías… de falsedades, só por que creen que así gañarán votos, pero de esta forma non conseguirán nada. Na vida non todo vale

viernes, 7 de agosto de 2009

Volvemos ao pasado

Hoxe estamos no ano 2009 pero parece que ao señor Feijoo se lle esquece moi facilmente, debe de pensar que nos atopamos na época de Franco, pero non, aínda que a eles seguro que lles gustaría que isto fose así, non o é.
Agora resulta que vai a darlle mais cartos públicos, si, eses cartos que pagamos todos, ós colexios que separen aos homes das mulleres. Isto é incrible, nin tan sequera na época de miña nai facían separación por sexos.
Está visto que o novo goberno ten unha perspectiva moi equivocado do que é a educación. Dende logo esta é unha das áreas nas que mais empeorou Galicia dende que o partido Popular subiu ao poder.
Vamos a facer un repaso de todas as cousas nas que empeorou a educación dende que el subiu a Xunta de Galicia, quitou os libros de préstamo, no que según el era unha medida de austeridade, a verdade, non acado comprender como pretende aforrar cartos cambiando un método estrela para que ningunha familia tivese que pagar os libros de texto, que seguramente saía bastante mais barato para as arcas públicas que este que pretenden instalar, dando cartos as familias menos favorecidas para comprar uns libros novos que non se volverán a utilizar. ¿E as familias de cunha situación económica normal? Agora terán que pagar os libros cando antes lles eran gratuítos, reutilizándose durante cinco cursos. Só hai que pensar un pouco ¿Que sae mais económico usar os libros de texto durante cinco anos ou dar cartos todos os anos para que cada curso se compren libros novos? A resposta é obvia.
Despois anunciouse que se xuntarían distintos cursos se non se acadaba un certo número de alumnos por clase. Isto supoño que será para aforrar cartos, pero con esta medida o único que se consegue e que a ensinanza pública baixe moitísimo de nivel e que o paro aumente, por que seguramente hai moitos profesores esperando un traballo. Hai que aforrar, pero nunca ata chegar a eses extremos tan esaxerados.
E agora o que nos quedaba por oír era que se lles daría mais cartos públicos ós colexios que separasen os nenos das nenas. Isto si que xa é para preocuparse moitísimo. Pásase de castigar a segregación por sexos a premiala.
En fin, en estes catro anos a ensinanza decaerá moitísimo. Con medidas “austeras” que son todo o contrario a iso e medidas tan absurdas como a de clases con separación de sexo.
¿Cal será a seguinte perla que nos terá deparada o goberno de Feijoo? Seguro que algunha ben grande.

jueves, 6 de agosto de 2009

Mais corrupción

De novo sae a luz un suposto caso de corrupción, e de novo en el están implicadas persoas relacionadas co Partido Popular, ¡Qué estraño!.
Ó PP estánselle acumulando as persoas relacionadas con asuntos raros. Pero seguen sen facer nada. Mariano Rajoy segue sen dar explicacións e sen pedir responsabilidades políticas.
En este ocasión tocoulle ao PP de Mallorca, un desfalco relacionado coa construción do pavillón Palma Arena, que en principio ía ser utilizado para fins deportivos e despois usouse para facer mitins do PP. Cando o presuposto para Palma Arena ía ser de uns corenta e oito millón se euros, agora reclámanlle ao goberno balear outros corenta e cinco millóns. A xente implicada son persoas moi cercanas a Joanma Matas (ex-presidente de Baleares).
Pero fan todo o contrario a tomar represarías contra esas persoas, seguramente relacionadas con casos de corrupción. En vez de saír a dar a cara e ofrecernos explicacións sobre por que ao partido da oposición se lle está a relacionar continuamente con asuntos turbios, acusan gravemente ao goberno, policía e xuíces de facer escoitas ilegais, a verdade é que non sei como se atreven a dicir isto, por que en principio non creo que teñan ningunha proba diso, estou convencida de que é unha mentira que se inventan para desviar a atención do asunto realmente importante, todos os casos de corrupción que están aparecendo relacionados con cargos do Partido Popular. E si teñen probas o que deben facer é ir inmediatamente a denuncialo ante un tribunal. Que cinismo se respira entre as filas do PP, acusan ós demais de espionaxes, cando eles están metidos, e ata o fondo en ese tema, que triste espiar a xente do teu propio partido e deixar iso impune.
En definitiva deberían inverter mais tempo en investigar todas as trapalladas que hai dentro do seu propio partido, e deixar de perdelo en inventar acusacións tan graves.

martes, 4 de agosto de 2009

Entre traxes e vendedores de tila

Cando xa pasaron uns días dende que se arquivou o caso Camps, e xa transcorreron uns días para reflexionar, este pareceume o momento oportuno para escribir do asunto.
Dous dos tres xuíces do Tribunal Superior de Xustiza de Valencia consideraron oportuno arquivar a causa contra Camps. Non vou a entrar a xulgar a profesionalidade dos xuíces, en concreto dun deles, pero está claro que o señor Camps ten moitos amigos ós que “les quiere un huevo” .
O que si é sorprendente é que durante todo o tempo no que Camps estaba involucrado en un delito nin o Presidente da Comunitat Valenciana, nin o que din que é o líder da oposición, se molestasen en darnos explicacións a todos de por que un Presidente dunha Comunidade Autónoma estaba relacionado con asuntos bastantes turbios; pero sobrou xente para recordarnos o veredicto, pois para iso non fai falla, en ese momento non precisábamos que nos dixeran nada, ninguén necesitaba dese humor malo de guión de Mariano Rajoy.
O caso quedou arquivado, pero sen embargo confírmase que os traxes si foron regalados ó contrario do que dixo sempre Francisco Camps. E si eses traxes foron regalados por uns señores que seguramente sexan moi, moi corruptos, os cales tiñan unhas empresas con contratos coa Comunidade Valenciana. Non será iso un suborno???
Pero aínda non está todo dito, Rajoy non debería torturarnos cos seus chistes malos, malísimos, e preparados, antes de que se puxese punto e final a toda esta historia, recoméndolle que non se emocione moito non vaia ser… que a caída de canta mais altura mais forte é o golpe. A Fiscalía Xeral do Estado xa presentou un recurso, agora toca agardar de novo para que se faga xustiza.
Unha última cousa, agora os moi ineptos atrévense a pedir a dimisión de María Teresa Fernández de la Vega “por utilizar a Fiscalía”, eles seguen na súa liña, como sempre, votándolle a culpa ós demais, que non se trabuquen a Fiscalía non está sendo utilizada por ninguén, só fan o seu traballo. Xa lles gustaría a eles que dimitise a Vicepresidenta, pero estou segurísima de que non lles vai dar semellante gusto.