domingo, 28 de junio de 2009

España terceira na Confederacións

Despois de que a Selección Española de fútbol nos acostumara a falar dela polas súas victorias, o pasado mércores perdeu na semifinal contra E.E.U.U por 2-0.
Unha derrota mais inesperada que dolorosa; deberemos confiar nas estatísticas que din que quen gaña a Confederacións non gaña o Mundial.
Pero polo menos quedounos o consolo de que hoxe logramos derrotar a Sudáfrica por 3-2 e así quedar terceiros, o partido foi aburrido ao principio pero emocionantísimo no remate, A quince minutos do final Sudáfrica meteunos un gol, pero Güiza calmounos cando empatou o partido e un minuto despois poñéndonos por diante, pero pouco nos durou a alegría, pois a poucos minutos do remate do partido Sudáfrica meteunos outro gol, esta vez de falta.
Ao final tivemos que ir a prórroga na que gañamos grazas a un gol de Xavi Alonso. Temos que dicir que gañamos o partido por méritos propios e a pesar das malas decisións que tomou o árbitro durante todo o tempo de xogo que nos anulou un gol legal e que se comeu un penalti.
Agora mesmo estase a xogar a final entre Estados Unidos e Brasil ¿Quen gañará o partido? Aínda que eu ao principio apostaba por Brasil, en este momento está gañando E.E.U.U por 2-0, asi que...

sábado, 27 de junio de 2009

A Torre de Hércules



Despois de ternos un día en ascuas, hoxe por fin a UNESCO nomeou Patrimonio da Humanidade á Torre de Hércules.
É un orgullo para min, como galega, que este precioso monumento, seguramente un dos mais fermosos do mundo reciba esta denotación. Agora xa é de todo o mundo, non só de Galicia.
A Torre de Hércules, o Camiño de Santiago, o Casco Vello de Santiago e a Muralla Romana de Lugo, son os catro monumentos declarados Patrimonio da Humanidade en Galicia.
Recoméndovos a todos que visitedes a Torre de Hércules e tamén os outros tres monumentos Patrimonio da Humanidade galegos, non dubido que dentro duns aniños haxa algún mais, por que en Galicia son moitos os monumentos fermosos, únicos, misteriosos... que hai.

jueves, 25 de junio de 2009

Mulleres lava tractores

No axuntamento de Santibáñez de Vidriales en Zamora, o alcalde do Partido Popular decidiu financiar cos cartos de todos os veciños do pobo un espectáculo erótico, no que para o meu parecer se denigra a dignidade da muller.
¡Que espectáculo tan machista!. Por que non contrataron tamén a homes para facer este show?. Aínda que así fose non sería normal que para unhas festas patronais se financiase con cartos públicos espectáculos como este.
As dereitas eran machistas, son machistas e seguirán sendo machistas, por eso non lles gusta a lei de igualdade, por eso no goberno de Feijoo hai mais homes que mulleres e por eso contratan este tipo de espectáculos.
Está mais que demostrado que non teñen idea de cambiar, con estes actos só nos confirman o que todo mundo sabe.
Oxalá que este show non siga adiante, que pese mais o sentido común que as malísimas ideas que se lles ocorre a estas persoas.

miércoles, 24 de junio de 2009

Caso Gürtel no Tribunal Supremo

Agora que o Tribunal Supremo admitiu o caso Gürtel, ou mais ben parte del, no Partido Popular certas persoas deberían comezar a irse, quizais se non fosen tan egoístas xa se terían marchado por non danar mais aínda a imaxe do seu partido, pero que se lles vai a pedir, son como todos os das dereitas.

Confío en que todo esto acabe pronto e todos poidamos saber a verdade. A ver si despois, coa resolución do caso na man, Mariano Rajoy é capaz de poñer a cada un no seu sitio. Desde logo con todo esto está demostrando a pouca autoridade que ten dentro do seu partido.

No PP non están preocupados por que gañaron as eleccións europeas a pesar do caso Gürtel, pero antes ou despois todos estes trapos sucios que teñen dentro do Partido acabaranlles afectando. A xente non pode seguir confiando no PP se dentro del teñen a persoas corruptas.

viernes, 19 de junio de 2009

Seguir loitando

Todos, sen excepción, debemos continuar loitando para que o que aconteceu esta mañá non se volva a repetir.
Unha vida mais arrebatada por ETA, dous mozos sen un pai, unha muller sen o seu marido e todos nos sen Eduardo Puelles García, un dos moitos policías que loitan por acabar con ETA.
Despois do gran cambio vivido no País Vasco, ETA volve a atacar e faino por que está desesperada, percibe que o fin dos seu días acércase cada vez mais, dentro de non moito tempo rematarán todos na cárcere.
Non soporto todas estas noticias, corróenme de rabia; acabar de forma tan cruel coa vida de persoas inocentes é tan inhumano que non dou comprendido como poden facelo sen pensar en toda a dor que sementan.
Con todo esto pretenden asustarnos, pero non o lograrán xamais ninguén vai a dar un paso atrás en esta loita. Non nos renderemos ata que cada persoa culpable sexa xulgada.
Perdéronse xa moitas vidas en mans do terrorismo,pero tamén noto que cada vez ETA está mais acurralada. Aínda así, causa unha gran dor a perda de persoas tan grandes que arriscan a súa vida para defender a de todos nós.
Sen dúbida algunha cando a lacra do terrorismo se termine seguirémonos lembrando de todas as vidas que ser perderon polo camiño e entre elas a de Eduardo Puelles García.

jueves, 18 de junio de 2009

Axentes 007

Cando todo o asunto dos espías de Madrid parecía que pasara. Agora volve a rexurdir, en esta ocasión no concello de Torrelodones.
Ao parecer todo comezou cando dous concelleiros dese axuntamento quixeron denunciar algún caso de corrupción urbanística que andaba pola casa consistorial, pero xa se sabe como é o Partido Popular, a quen os atisbos de sinceridade e honradez non lles gustan e, por eso se encargan de erradicalos rapidamente.
Como non era de estrañar, estas dúas persoas foron expulsadas do Partido. E eso non foi o mais grave de todo, a parte de ser despedidos do seu traballo sen causa, foron investigados, é aquí onde aparecen de novo os espías.
Pero ¿Quén paga a estas persoas?, pois non podo asegurar nada pero no meu ranking persoal o primeiro posto está ocupado pola xente de Esperanza Aguirre.
Todo esto é tremendamente indignante. Esta xente non respecta os dereitos de ninguén, se fan esto coa persoas do seu partido non me quero imaxinar que farían co pobo si tivesen a presidencia.
Con este tema cométense polo menos tres delitos. Primeiro, corrupción, ¿por que esta palabra estará sempre ligada ó PP?, despois despido por querer denunciar toda os fraudes que se viven en Torrelodones en particular pero en Madrid en xeral e por último, espionaxe, vulnerando o dereito a intimidade das persoas espiadas.
Sinxelamente, non podemos tolerar mais esto. ¡¡¡Xa é hora de que todos eses covardes saian a dar explicacións!!!

martes, 16 de junio de 2009

Volta ao caciquismo?

Dise que unha persoa é cacique cando exerce excesiva influencia en asuntos políticos valéndose do seu poder.
Hoxe recordo que cando o Partido Popular deu ese “multitudinario” mitin en Valencia, a maioría dos informativos comezaban con iso. Pois ben, xa hai días que este acto está sendo posto ao descuberto e pasa de ser “multitudinario” a rozar o caciquismo. E de novo a palabra caciquismo relacionada con un partido de dereitas.
É moral que alguén ofreza postos de traballos a cambio de asistir a un mitin? A resposta é obvia, “non”.
Polo de agora a estes actos asiste quen quere e por vontade propia. Pois non hai moito saíron varias persoas dicindo que se lles ofreceu traballo a cambio de ir ao mitin de Rajoy, Camps e Trillo.
Os inmigrantes despois de ir ao mitin aínda están esperando polos seus contratos de traballo. Pero na miña opinión, pareceríame igual de grave aínda concedéndolle o traballo.
Todo esto é moi denigrante e non só para o Partido Popular, se non para toda a democracia en xeral.
Compra de xente para ir a un mitin. Que será o próximo? Comprar os votos? A este ritmo non tardarán moito.
Isto considero debería acabar ante os tribunais. Non poden ser de balde actos tan baixos e rastreiros como estes.

Enquisas

Onte no meu colexio, (e na maioría dos centros educativos galegos) pasaron a enquisa coa que Feijoo busca ter un pretexto para sacar o galego da ensinanza.
Si, por que todo esto é un absurdo paripé para ter unha escusa e obrigarnos a todos os nenos e nenas galegos a ter as clases en castelán.
Por eso desde aquí pido que na vosa enquisa cubrades que todas as clases se impartan integramente en galego, no noso idioma.
Aínda dubidando da legalidade desta enquisa prefiro que a miña familia a cubra para dar o noso apoio ao galego na clase.
Saiban que a Consellería de Educación ten dúas denuncias por estas enquisas. Unha por infrinxir a lei de protección de datos; e outra por que estas enquisas vulneran algúns dos nosos dereitos fundamentais, entre os que destaca a violación do dereito a información, xa que, prohibiuse informar sobre elas.
Pero sinceramente, a min todo isto non me sorprende nada. Eu sabía que Galicia ía pagar as consecuencias de que Feijoo saíse elixido nas eleccións. Non dubidei en que todo o que conseguiu o bipartito, con moito esforzo, o ía destruír el en días, e así o está facendo.
Con todo esto espero que toda a poboación galega protexa o seu maior tesouro, esta fermosa lingua; e que isto saia reflectido nas enquisas para demostrarlle a ese home que non queremos a súa política lingüística, que nos gusta todo, tal e como está en este momento.

miércoles, 10 de junio de 2009

Lei do aborto

Quizais debín falar sobre este tema hai moito tempo, pero bueno, hoxe tocoulle.
Moitas foron as críticas que lle caeron a Bibiana Aído por este asunto e non lle encontro explicación, estou de acordo con toda o anteproxecto de lei sen ningunha excepción e comprendo que cada artigo ten os seus motivos para estar aí.
Quizais o punto que está resultando ser mais polémico sexa que as mozas maiores de 16 anos teñan autonomía para abortar sen o consentimento paterno. Pero eu considero que se está interpretando dende un punto de vista equivocado.
Eu pronto cumprirei os 16 anos e se me quedara embarazada a esa idade podo asegurarvos que abortaría pero tamén teño claro que meus pais estarían ao corrente simplemente por que confío neles e coma min a maioría xóvenes. Pero, tamén podemos pensar en un suposto no que unha moza por calquera motivo non desexe contarllo aos seus pais e se mediante a Seguridade Social, legalmente, non ten a posibilidade de facelo quizais esa muller recorra a outros lugares menos seguros, como ben dixo hoxe a Ministra de Igualdade. Entón ¿Qué nos importa mais a seguridade da “nena” ou que os pais estean ao contado? A miña resposta está clara, agora cada un que pense a súa.
Tamén podo dicirvos que todas as mozas da miña idade están de acordo con migo.confío en que esta lei saia adiante.
¿Ningunha filla dun integrante Partido Popular abortaría? ¿Ningunha parella dun integrante do Partido Popular abortaría? ¿Ningunha integrante do Partido Popular abortaría? Non o sei, pero paréceme moi raro que todas as respostas sexan "non", entón aquí entra en xogo a dobre moral que estou segura procesan moitas das persoas que forman parte do Partido Popular.
Outro dilema mais. ¿Cando comeza a vida? Está claro que a vida comeza no momento no que naces non cando aínda eres un feto. Eu nacín o 3 de outubro non nove meses antes. Pero hai moita xente que se resiste a admitilo. A VIDA COMEZA CANDO NACES.
En fin, esta lei apórtalle dignidade a muller e capacidade de decidir sobre o seu corpo.
Por todos este motivos e moitos mais, si a nova lei do aborto. Confío e desexo en que saia adiante.

lunes, 8 de junio de 2009

Resultados elecctorais

Estes son o resultados electorais a nivel nacional das eleccións europeas:
PP: 42.1%, 23 escanos
PSOE: 38.6%, 21 escanos
Coalición por Europa: 5.12%, 2 escanos
IU: 3.8%, 2 escanos
UPD: 2.9%, 1 escano
Europa de los Pueblos: 2.6%, 1 escano
Abstención: 54%
Estas eleccións gañounas o PP.
Pero esto non ten nada que ver coas xenerais e estou completamente segura de que si se celebrasen en este momento unhas eleccións xenerais volvería a gañar o Partido Socialista
Aínda que todas as enquisas apuntaban a unha victoria popular eu aínda tiña a esperanza de que os españois se decatasen de a quen lle estaban dando o seu voto.
Quizais esta campaña electoral fose unha das peores de todas as que fixo o PP, non se centraron no realmente importante, en vez de pronunciarse sobre Europa e a súa situación os “Señoritos” non facían mais que sacar a relucir o tema da seguridade do noso presidente.
Pois si se trata de xogar sucio nós tamén sabemos e podemos poñer encima da mesa miles das vosas trapalladas. Pero claro, estamos un nivel por encima e nunca caeriamos tan baixo. As dereitas só lles importa gañar e tanto lles da os medios que utilicen. É lles igual mentir, calumniar, insultar... todo lles vale.
O resultado da abstención de parte da xente de esquerdas é un triunfo moi perigoso da dereita, e o que aconteceu onte foi unha mostra, por eso debe servir para que nas próximas eleccións municipais todos nos mobilicemos para votar. A ver si de unha vez por todas gaña o PSOE en Outes e en Noia se mantén o actual equipo de goberno.
A dereita non só gañou en España se non que toda Europa da un xiro a estrema dereita.
Tamén é sorprendente que despois de todos os escándalos que aconteceron en Italia a xente lle siga votando a Berlusconi.
A próxima cita coas furnas é dentro de aproximadamente dous anos coas eleccións municipais, van a ser difíciles de gañar no que respecta a Outes e Noia pero espero ambas victorias con moita impaciencia.