martes, 16 de junio de 2009

Enquisas

Onte no meu colexio, (e na maioría dos centros educativos galegos) pasaron a enquisa coa que Feijoo busca ter un pretexto para sacar o galego da ensinanza.
Si, por que todo esto é un absurdo paripé para ter unha escusa e obrigarnos a todos os nenos e nenas galegos a ter as clases en castelán.
Por eso desde aquí pido que na vosa enquisa cubrades que todas as clases se impartan integramente en galego, no noso idioma.
Aínda dubidando da legalidade desta enquisa prefiro que a miña familia a cubra para dar o noso apoio ao galego na clase.
Saiban que a Consellería de Educación ten dúas denuncias por estas enquisas. Unha por infrinxir a lei de protección de datos; e outra por que estas enquisas vulneran algúns dos nosos dereitos fundamentais, entre os que destaca a violación do dereito a información, xa que, prohibiuse informar sobre elas.
Pero sinceramente, a min todo isto non me sorprende nada. Eu sabía que Galicia ía pagar as consecuencias de que Feijoo saíse elixido nas eleccións. Non dubidei en que todo o que conseguiu o bipartito, con moito esforzo, o ía destruír el en días, e así o está facendo.
Con todo esto espero que toda a poboación galega protexa o seu maior tesouro, esta fermosa lingua; e que isto saia reflectido nas enquisas para demostrarlle a ese home que non queremos a súa política lingüística, que nos gusta todo, tal e como está en este momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario