martes, 26 de octubre de 2010

Entre machismo e hipocrisía

Parece que no Partido Popular non existe nada máis que o machismo e a hipocrisía.
Comezando polo máis grave, as palabras que lle dedicou o alcalde de Valladolid a Leire Pajín, (Ministra de sanidade). Exactamente o que dixo foi que a nova ministra era unha “chica preparadísima, hábil, discreta, que va a repartir condones a diestro y siniestro por donde quiera que vaya y que va a ser la alegría de la huerta” e rematou con outra perliña, que a min persoalmente o que me produce é asco “cada vez que le veo la cara y esos morritos pienso lo mismo pero no lo voy a contar aquí”
Respecto ao seu primeiro comentario coincido en que é unha muller ben preparada, bastante mellor que el, por que si este “señor” tivese un pouquiño de educación gardaríase eses comentarios tan machistas e irrespectuosos. Saben? Oxalá se dedicase a repartir preservativos a moita xente, ao mellor así había menos casos de enfermidades de transmisión sexual e menos embarazos non desexados, sería algo moi positivo para todos.
O segundo comentario só pode provocar repugnancia, non acabo de comprender como alguén que di este tipo de cousas ten un cargo público.
A parte da gravidade das súas palabras, non é menos importante que o presidente do seu partido non condenase as declaracións deste energúmeno. Desde logo, non sei por que me sorprende isto si Mariano Rajoy, xa nunca fixo nada con este tipo de declaracións e moito menos dende que o mandaron estar quietiño na cama.
Agora é o turno da hipocrisía, por que no Partido Popular abunda e vémola cada vez que se atopan con un indiscreto micrófono aberto. Esta vez tocoulles a María Dolores de Cospedal e a Javier Arenas, que nunha conversación admiten que os cambios do goberno fano mellorar, cando despois, diante das cámaras sempre teñen o mesmo discurso atacando ao noso Presidente, faga o que faga.
Hipocrisía e machismo, machismo e hipocrisía, dous substantivos con moita presenza no Partido Popular.

miércoles, 20 de octubre de 2010

Renovación de goberno

Hoxe o noso presidente do goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, anunciou a renovación de parte do seu equipo de ministros.
Así, Alfredo Pérez Rubalcaba pasa a ser vicepresidente primeiro aínda que tamén conserva o Ministerio de Interior. O sustituto de Celestino Corbacho será Valeriano Gómez. O Ministerio de Sanidade pasa as mans de Leire Pajín e Trinidad Jimenez ocupará o Ministerio de Exteriores que deixa Miguel Ángel Moratinos. Ramón Jáuregui ocuparase do Ministerio de Presidencia. Rosa Aguilar estará ao cargo do Ministerio de Medio Ambiente substituíndo a Elena Espinosa. A parte destes cambios tamén se reducirán ministerios desaparecendo o de Igualdade e o de Vivenda, que pasarán a ser competencia do Ministerio de Sanidade e do Ministerio de Fomento respectivamente.
Os cambios parécenme correctos, aínda que para min María Teresa Fernández de la Vega foi e será sempre unha persoa que fixo moito por este proxecto e por todos os cidadáns españois, creo que todos a recordarán con agrado e considero que ninguén pode falar mal dela. Aínda así, os cambios eran necesarios, para dar máis impulso ó partido e ó país para que saia da crise, o que ninguén pode facer é quedarse na cama como lle aconsellan a Rajoy .

miércoles, 6 de octubre de 2010

Resolución das eleccións primarias de Madrid

As eleccións primarias da Comunidade de Madrid resolvéronse o pasado domingo coa vitoria de Tomás Gómez por uns cincocentos votos máis que a outra candidata, Trinidad Jiménez. Tras toda a polémica sobre si había ruptura ou non dentro do partido, xa coñecemos o resultado. Considero que si os militantes elixiron a Tomás Gómez foi por que o viron como o mellor candidato e non por ir en contra de José Luís Rodríguez Zapatero. Tamén estou segura de que o gañador terá un oco nas súas listas para Trinidad, que foi unha boísima candidata.
Agora xa toca esquecerse desto e centrarse no realmente importante que é gañar a Esperanza Aguirre. As eleccións municipais e da maioría das comunidades autonómicas están as portas, e todos temos que traballar para sacar o mellor resultado posible, hai que crear proxectos e ilusións. Debemos animar a todas as persoas para que voten e que non se deixen enganar pola hipocrisía da dereita.

jueves, 30 de septiembre de 2010

Primarias en Madrid

Este domingo en Madrid, vanse a celebrar as primarias para elixir ao mellor candidato do partido socialista á presidencia de dita Comunidade Autónoma.
Os candidatos son Trinidad Jiménez e Tomás Gómez. Eu persoalmente prefiro que gañe Trinidad, por que considero que sacaría máis votos que Gómez nas eleccións autonómicas, pero o que elixan os militantes de Madrid estará ben e haberá que respectalo.
O partido non está fragmentado como din dende a dereita, este proceso é totalmente normal e aquí nunca haberá pucherazo, deberíanse preguntarse por que no seu propio partido non se celebran primarias, que é un dos procesos máis democráticos que existen
Sexa cal sexa o gañador o obxectivo ten que ser gañarlle a Esperanza Aguirre, hai que dalo todo para que non siga gobernando i evitar así, que destruia a sanidade pública da Comunidade, os sindicatos e ós traballadores.
Dende aquí deséxolles sorte aos dous candidatos.