martes, 26 de octubre de 2010

Entre machismo e hipocrisía

Parece que no Partido Popular non existe nada máis que o machismo e a hipocrisía.
Comezando polo máis grave, as palabras que lle dedicou o alcalde de Valladolid a Leire Pajín, (Ministra de sanidade). Exactamente o que dixo foi que a nova ministra era unha “chica preparadísima, hábil, discreta, que va a repartir condones a diestro y siniestro por donde quiera que vaya y que va a ser la alegría de la huerta” e rematou con outra perliña, que a min persoalmente o que me produce é asco “cada vez que le veo la cara y esos morritos pienso lo mismo pero no lo voy a contar aquí”
Respecto ao seu primeiro comentario coincido en que é unha muller ben preparada, bastante mellor que el, por que si este “señor” tivese un pouquiño de educación gardaríase eses comentarios tan machistas e irrespectuosos. Saben? Oxalá se dedicase a repartir preservativos a moita xente, ao mellor así había menos casos de enfermidades de transmisión sexual e menos embarazos non desexados, sería algo moi positivo para todos.
O segundo comentario só pode provocar repugnancia, non acabo de comprender como alguén que di este tipo de cousas ten un cargo público.
A parte da gravidade das súas palabras, non é menos importante que o presidente do seu partido non condenase as declaracións deste energúmeno. Desde logo, non sei por que me sorprende isto si Mariano Rajoy, xa nunca fixo nada con este tipo de declaracións e moito menos dende que o mandaron estar quietiño na cama.
Agora é o turno da hipocrisía, por que no Partido Popular abunda e vémola cada vez que se atopan con un indiscreto micrófono aberto. Esta vez tocoulles a María Dolores de Cospedal e a Javier Arenas, que nunha conversación admiten que os cambios do goberno fano mellorar, cando despois, diante das cámaras sempre teñen o mesmo discurso atacando ao noso Presidente, faga o que faga.
Hipocrisía e machismo, machismo e hipocrisía, dous substantivos con moita presenza no Partido Popular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario