viernes, 11 de septiembre de 2009

Oito anos despois

Hoxe cúmprense oito anos da desgraza que nos conmocionou a todos. Ese día no que o mundo se quedou parado, no que todo o planeta quedou en silencio. Fai oito anos todo cambiou.
Mais de tres mil persoas perderon a vida ese día tan horrible, familias e familias destrozadas.
E o mais triste de todo é que se usase esa masacre como escusa para unha guerra absurda que o que pretendía non era garantir a nosa seguridade, nin facer xustiza, a única razón para ese conflito eran os intereses petrolíferos, e solo se conseguiron mais mortes, perdas de soldados e mortes de mulleres e nenos inocentes iraquís, aínda que eso era o que menos lle importaba ao daquela presidente de E.E.U.U.
Por ese día que nunca olvidaremos cambiaron moitas cousas; o mundo xa nunca volverá a ser o mesmo e eso xa non o podemos cambiar o que si debemos facer é intentar evitar por todos os medios que volva a acontecer aínda que para eso cada cidadán teña que sacrificarse un pouquiño en pasar por medidas de seguridade mais fortes.
Oxalá non teñamos que vivir nada paracido nunca mais. O únicio que podemos facer é que esto non caia no olvido para que non se volvan a cometer os mesmos erros e solidarizarnos coas vítimas e as súas familias.

lunes, 7 de septiembre de 2009

Falsidades locais

Hoxe vou a escribir de política local, sobre Outes e o noso alcalde.
Na páxina web do diario “Opinión A Coruña” lin un artigo que non deixa en moi bo lugar ao alcalde de Outes, López Crespo.
Cando nas noticias saen casos de corrupción nas grandes cidades, capitais de provincia ou lugares importantes do país, nunca pensas que poidan salpicar ao pobo pequeno no que vives, aínda que eu sempre tiven moitas dúbidas sobre o executivo de Outes que leva sobre uns doce anos na alcaldía encabezado por Crespo.
A noticia data do vinte e sete de Maio deste ano.
A nova relaciona a Crespo coa construción dunha nave en chan non urbanizable.
Tanto López Crespo como o secretario municipal están imputados por falsidade documental e delito urbanístico.
O delito parece constituírse cando permitiron a construción das oficinas e unha nave dunha empresa local en solo rústico.
A empresa fixo as obras en unha finca de Outes sen contar con licenza de obra da consellería de Polítca Territorial. A empresa pediulle ó axuntamento unha licenza de obra para construír unha nave, pero a finca estaba en chan rústico onde só se permite edificar vivendas unifamiliares, explotacións gandeiras ou construcións de interese xeral.
Para que a empresa puidese construír foi declarada de interese xeral, e o axuntamento pediu a Consellería de Política Territorial a autorización para a obra. A Xunta non concedeu a licenza ao considerar que faltaban planos e informes da parcela que xustificasen que dita empresa fose declarada de interese xeral.
A pesar da decisión da Xunta o Concello non fixo caso, e a empresa construíu a nave en terreo rústico e sen licenza da Xunta.
E finalmente o informe de peritos de Facenda di que hai relacións consolidadas entre a empresa e o concello.
Fonte de información: www.laopinioncoruna.es

En moitos pobos pequenos seguro que hai casos parecidos, só que a maior parte das veces as cousas así pasan desapercibidas porque non teñen a mesma importancia de cara aos medios como foi a imputación dos altos cargos do Partido Popular na trama Gürtel. Pero ós cidadáns os delitos, aínda que sexan en lugares pequenos ,aféctanlles igual e tamén deben ser castigados.
Por iso espero que se faga xustiza, tanto en Outes como no resto de pobos. E si o alcalde, concelleiro, ou calquera cargo dun axuntamento pequeno finalmente resulta ser culpable nun xuízo, débense tomar represarias e cesalo do cargo público que ocupe.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Silencio

Xa se fala menos das escoitas. Despois das graves e falsas acusacións que o Partido Popular fixo nas que deixaba en moi mal lugar a policías, xuíces e goberno, agora intentan sacarlle ferro ó asunto, antes de nada hai que dicir que teñen que ser moi covardes para facer rodas de prensa sen prensa (unha paradoxa), sen permitir que se lles fagan preguntas, ¿De que teñen medo? se foron realmente escoitados como din non deberían temer que os reporteiros fagan ben o seu traballo.
E digo eu cando xa pasou mais dun mes dende que a señora María Dolores de Cospedal fixo estas acusacións, non vai no tempo de que amosen dunha vez as probas que tanto e tanto anunciaron que tiñan, eu polo de agora non vin proba algunha, pero claro ¿Cómo vai haber probas se todo este asunto foi inventado por eles para que a xente se esqueza de ata onde están metidos na trama corrupta Gürtel?
E si é certo o que din a que esperan a poñer unha denuncia nun xulgado.
Pero dáme a min que todo este asunto é un intento de distracción.
Si se chega a saber que isto todo foi unha mentira, que co tempo quedará demostrado, Rajoy debería facer dimitir a María Dolores de Cospedal, aínda que estou seguro que a súa cobardía non lle vai permitir facer isto.
Mentras tanto so podemos esperar a que o tempo pase e poña a cada un no seu lugar.

Descanso

Despois duns quince días de descanso, sen escribir nada, por culpa dun mes de agosto bastante axetreado con visitas, saídas e festas… o típico do mes de vacacións.
Todos estes días que deberían servir para descansar, fixéronme cansar aínda un pouco mais, e iso que aínda non empezou a escola pero e que tanto tempo libre, esgota aínda mais que a rutina do curso lectivo.
Pero agora despois de este intento de descanso, tanto física como mental, comezo de novo a escribir e non teño planeado volver parar durante moito tempo.

miércoles, 12 de agosto de 2009

Xogando ao escondite

No PP este verán estano pasando xogando ao escondite por que o que están facendo non é acusar o PSOE de espialos, se non que subliminalmente están intentando tapar todos os casos de corrupción que lles están xurdindo dentro do partido, e como non encontran ningunha forma de tapar toda a merda que lles está a xurdir, crean polémica para que a xente se esqueza dos traxes de Camps, de Luís Bárcenas, da corrupción en Mallorca…
Deberían de concentrarse en erradicar toda a corrupción de dentro e en que non se espíen a eles mesmos. Por que aquí dos únicos casos de espionaxe dos que se viron probas foron en persoas do Partido Popular que espiaban a membros do propio partido.
Levan falando do espionaxe toda a semana, primeiro María Dolores de Cospedal, e despois o títere de Rajoy. Pero acusan sempre sen probas, se son espiados, que o demostren non poden andar acusando por aí ao goberno, xuíces e policías de asuntos tan graves sen demostralo, isto vaille traer consecuencias.
En este caso pódese aplicar a perfección o refrán “crese o ladrón que todos son da súa condición”. Pensan que a todos lles vale con todo, que non teñen valores, que non lles importa nada. Pero están moi confundidos ós únicos ós que non lles importan as persoas son a eles como se demostra acusando continuamente a xuíces, policías… de falsedades, só por que creen que así gañarán votos, pero de esta forma non conseguirán nada. Na vida non todo vale

viernes, 7 de agosto de 2009

Volvemos ao pasado

Hoxe estamos no ano 2009 pero parece que ao señor Feijoo se lle esquece moi facilmente, debe de pensar que nos atopamos na época de Franco, pero non, aínda que a eles seguro que lles gustaría que isto fose así, non o é.
Agora resulta que vai a darlle mais cartos públicos, si, eses cartos que pagamos todos, ós colexios que separen aos homes das mulleres. Isto é incrible, nin tan sequera na época de miña nai facían separación por sexos.
Está visto que o novo goberno ten unha perspectiva moi equivocado do que é a educación. Dende logo esta é unha das áreas nas que mais empeorou Galicia dende que o partido Popular subiu ao poder.
Vamos a facer un repaso de todas as cousas nas que empeorou a educación dende que el subiu a Xunta de Galicia, quitou os libros de préstamo, no que según el era unha medida de austeridade, a verdade, non acado comprender como pretende aforrar cartos cambiando un método estrela para que ningunha familia tivese que pagar os libros de texto, que seguramente saía bastante mais barato para as arcas públicas que este que pretenden instalar, dando cartos as familias menos favorecidas para comprar uns libros novos que non se volverán a utilizar. ¿E as familias de cunha situación económica normal? Agora terán que pagar os libros cando antes lles eran gratuítos, reutilizándose durante cinco cursos. Só hai que pensar un pouco ¿Que sae mais económico usar os libros de texto durante cinco anos ou dar cartos todos os anos para que cada curso se compren libros novos? A resposta é obvia.
Despois anunciouse que se xuntarían distintos cursos se non se acadaba un certo número de alumnos por clase. Isto supoño que será para aforrar cartos, pero con esta medida o único que se consegue e que a ensinanza pública baixe moitísimo de nivel e que o paro aumente, por que seguramente hai moitos profesores esperando un traballo. Hai que aforrar, pero nunca ata chegar a eses extremos tan esaxerados.
E agora o que nos quedaba por oír era que se lles daría mais cartos públicos ós colexios que separasen os nenos das nenas. Isto si que xa é para preocuparse moitísimo. Pásase de castigar a segregación por sexos a premiala.
En fin, en estes catro anos a ensinanza decaerá moitísimo. Con medidas “austeras” que son todo o contrario a iso e medidas tan absurdas como a de clases con separación de sexo.
¿Cal será a seguinte perla que nos terá deparada o goberno de Feijoo? Seguro que algunha ben grande.

jueves, 6 de agosto de 2009

Mais corrupción

De novo sae a luz un suposto caso de corrupción, e de novo en el están implicadas persoas relacionadas co Partido Popular, ¡Qué estraño!.
Ó PP estánselle acumulando as persoas relacionadas con asuntos raros. Pero seguen sen facer nada. Mariano Rajoy segue sen dar explicacións e sen pedir responsabilidades políticas.
En este ocasión tocoulle ao PP de Mallorca, un desfalco relacionado coa construción do pavillón Palma Arena, que en principio ía ser utilizado para fins deportivos e despois usouse para facer mitins do PP. Cando o presuposto para Palma Arena ía ser de uns corenta e oito millón se euros, agora reclámanlle ao goberno balear outros corenta e cinco millóns. A xente implicada son persoas moi cercanas a Joanma Matas (ex-presidente de Baleares).
Pero fan todo o contrario a tomar represarías contra esas persoas, seguramente relacionadas con casos de corrupción. En vez de saír a dar a cara e ofrecernos explicacións sobre por que ao partido da oposición se lle está a relacionar continuamente con asuntos turbios, acusan gravemente ao goberno, policía e xuíces de facer escoitas ilegais, a verdade é que non sei como se atreven a dicir isto, por que en principio non creo que teñan ningunha proba diso, estou convencida de que é unha mentira que se inventan para desviar a atención do asunto realmente importante, todos os casos de corrupción que están aparecendo relacionados con cargos do Partido Popular. E si teñen probas o que deben facer é ir inmediatamente a denuncialo ante un tribunal. Que cinismo se respira entre as filas do PP, acusan ós demais de espionaxes, cando eles están metidos, e ata o fondo en ese tema, que triste espiar a xente do teu propio partido e deixar iso impune.
En definitiva deberían inverter mais tempo en investigar todas as trapalladas que hai dentro do seu propio partido, e deixar de perdelo en inventar acusacións tan graves.

martes, 4 de agosto de 2009

Entre traxes e vendedores de tila

Cando xa pasaron uns días dende que se arquivou o caso Camps, e xa transcorreron uns días para reflexionar, este pareceume o momento oportuno para escribir do asunto.
Dous dos tres xuíces do Tribunal Superior de Xustiza de Valencia consideraron oportuno arquivar a causa contra Camps. Non vou a entrar a xulgar a profesionalidade dos xuíces, en concreto dun deles, pero está claro que o señor Camps ten moitos amigos ós que “les quiere un huevo” .
O que si é sorprendente é que durante todo o tempo no que Camps estaba involucrado en un delito nin o Presidente da Comunitat Valenciana, nin o que din que é o líder da oposición, se molestasen en darnos explicacións a todos de por que un Presidente dunha Comunidade Autónoma estaba relacionado con asuntos bastantes turbios; pero sobrou xente para recordarnos o veredicto, pois para iso non fai falla, en ese momento non precisábamos que nos dixeran nada, ninguén necesitaba dese humor malo de guión de Mariano Rajoy.
O caso quedou arquivado, pero sen embargo confírmase que os traxes si foron regalados ó contrario do que dixo sempre Francisco Camps. E si eses traxes foron regalados por uns señores que seguramente sexan moi, moi corruptos, os cales tiñan unhas empresas con contratos coa Comunidade Valenciana. Non será iso un suborno???
Pero aínda non está todo dito, Rajoy non debería torturarnos cos seus chistes malos, malísimos, e preparados, antes de que se puxese punto e final a toda esta historia, recoméndolle que non se emocione moito non vaia ser… que a caída de canta mais altura mais forte é o golpe. A Fiscalía Xeral do Estado xa presentou un recurso, agora toca agardar de novo para que se faga xustiza.
Unha última cousa, agora os moi ineptos atrévense a pedir a dimisión de María Teresa Fernández de la Vega “por utilizar a Fiscalía”, eles seguen na súa liña, como sempre, votándolle a culpa ós demais, que non se trabuquen a Fiscalía non está sendo utilizada por ninguén, só fan o seu traballo. Xa lles gustaría a eles que dimitise a Vicepresidenta, pero estou segurísima de que non lles vai dar semellante gusto.

jueves, 30 de julio de 2009

Todos contra ETA

Unha entrada mais sobre un novo atentado de ETA. Esta vez con consecuencias moito mais graves que as de onte. Eses desalmados arrebatáronlle a vida a dous Gardas Civís, Diego Salva Lezaun e Carlos Saenz de Tejada , dúas persoas de vinte e sete e vinte e oito anos respectivamente, ós que lles agardaba toda unha vida por diante.
Quen se creen que son? Deuses, para quitar vidas a quen eles queiran? Así xamais lograrán nada, con cada morte só nos aportan mais forzas para seguir pelexando, ningún demócrata descansará ata ver que cada un deles está pagando polo que fixo.
Ninguén lles vai a permitir que se saian coa súa, nunca conseguirán nada. Derramando sangue só obterán a dor dunha familia rota, por que un tolo asasinou a un fillo de unha nai, a un irmán… , a dor que comparte todo un país con esas familias, pero de ningún modo nos vencerán, por que non nos renderemos ata que toda esta lacra sexa xulgada e encarcerada, non nos aterrorizarán, ese e o seu verdadeiro obxectivo, eles queren que lles teñamos medo para que fagamos todo o que queiran, pero non, non se sairán coa súa.
Todas as persoas que sexamos demócratas condenamos con todas as nosas forzas este atentado que se levou dúas vidas por diante.
E aínda que sexa difícil, oxalá nunca mais teña que volver a escribir sobre unha morte e para eso é esencial que todos xuntos loitemos coa democracia como arma contra ETA.

miércoles, 29 de julio de 2009

ETA atenta de novo

ETA volveu a atentar, esta vez buscaban causar unha gran masacre con un explosivo de gran cantidade. Querían quitarlles a vida a Gardas Civís e as súas familias, pero non o lograron.
En esta ocasión non houbo vítimas mortais pero si nenos e mulleres embarazadas feridas, ademais de grandes danos materiais.
Nunca se sairán coa súa, o único que lles queda a eses bárbaros é a cárcere. Cada segundo que pasa están mais cerca de estar encerrados entre catro muros, por causa de esa desesperación cada vez os seus ataque son mais crueis.
Co paso do tempo toda a banda terrorista ETA quedará desarticulada.
Todos debemos condenar con todas as nosas forzas este e cada un dos atentados de ETA ou calquera outra banda terrorista. E recordarlles que a súa única saída e acabar en prisión.
Dar as grazas a todos e todas os/as Gardas Civís que arriscan as súas vidas e incruso as das súas familias por protexer a de cada persoa. Nunca lograrán vencernos, mediante a violencia ninguén logra os seus obxectivos.

martes, 28 de julio de 2009

Dimite Bárcenas

Hoxe dimitiu Bárcenas “provisionalmente”, ata que se probe a súa “inocencia”, si esto acontece algún día.
E agora que dimitiu, dirá todo o que sabe das trapalladas do interior do Parido Popular? Non sei si falará ou non, pero seguro que ten moito que contar e por iso Rajoy nunca o fixo dimitir, por que foi Bárcenas quen se marchou polo seu propio pé, non pola orde de Mariano Rajoy, que xa debería de terlle pedido a súa dimisión dende o principio.
Según Bárcenas dimite por lealdade ó partido. Non creo que lle garde moita lealdade ao Partido Popular si é certo que se levou nove caixas cheas de documentos con información que non deixaría en moi bo lugar ó PP. Só dimite por que lle convén.
Aparte da dimisión de Bárcenas hoxe, despois de botarlle a culpa a todos menos a eles mesmos e recalcar unha e outra vez no tema das filtracións, en vez de centrarse en limpar toda a merda que teñen dentro do partido, veuse unha grandísima mostra de hipocrisía.Non podes un día insinuar que o Ministerio do Interior é o culpable das filtraacións e despois poñerte a cantarlle o cumpre anos feliz a Rubalcaba. Que pretendía Esperanza Aguirre con isto?
Antes ou despois toda a verdade saberase. Pero non será polas explicacións de ninguén de dentro do PP. Todos seguen calados como se todos estes asuntos non fosen con eles.

lunes, 27 de julio de 2009

Mal cambio

Despois de que xa pasasen cen días da entrada de Núñez Feijoo no goberno, toca facer unha análise de cómo foron as cousas nesta tempada.
Con case catro meses para facer o seu traballo os cambios deberían apreciarse. E así é, o cambio nótase, as cousas pasaron de estar ben a ir empeorando progresibamente.
Estou segura de que moitas persoas arrepentíronse de votarlle, e que en este momento cambiarían a súa papeleta.
A verdade é que o “cambio” como dicían na súa campaña electoral notouse, e moito.
En Galicia pasouse de ter libros de texto gratis para toda a E.S.O e primaria a ser só de balde para unha parte moi reducida da poboación. É difícil comprender como comprando libros novos se poden aforrar mais cartos que reusandoos.
Pasouse de ter unha boa política lingüística a pretender quitar o galego das aulas mediante unha enquisa de dubidosa legalidade, continuando na liña do goberno de Fraga Iribarne.
Agora ata se quere xuntar alumnos de distintos cursos en unha mesma aula, intentando manter mais austeridade a conta de empeorar o sistema de educación.
Pasaron de falar e falar do coche de Touriño e estar calados de todos os que comprara Fraga a malvendelo en un claro exemplo de populismo barato.
Pasouse de ter ecuanimidade entre conselleiros a conselleiras a que o número de conselleiros supere o de concelleiras.
Claramente as cousas empeoraron moito, a xente equivocouse depositando a súa confianza no Partido Popular e agora en estes catro anos toda Galicia terá que pagar por ese erro.

sábado, 25 de julio de 2009

Día grande de Galicia


Esta terra bonita chea de encantos está de festa.
Todos os galegos nos debemos sentir orgullosos de vivir en un lugar tan fermoso cheo de sitios de unha beleza incomparable.
A Galicia de Rosalía de Castro, Castelao, Cunqueiro, Ramón Piñeiro, Antón Avilés de Taramancos… está no seu día. O día no que nos tiñamos que parar a pensar en todo o que nos aporta Galicia a todos os que vivimos nela, a oportunidade que temos de gozar de todo o bo que nos proporciona, que é moito.
Tamén hoxe é día para cavilar en que posición están deixando certas persoas o noso idioma. Cando seguen tendo a cara dura de dicir que son galeguistas, e nin sequera se aproximan a sentir o que é iso e dubido moito que o fagan algunha vez. Se tan galeguistas son que se deixen de intentar, aproveitándose da súa situación, de quitar o galego das escolas, e da vida de todos nós, e que acepten a proposta do Partido Socialista e fagan un novo estatuto de Autonomía.

lunes, 20 de julio de 2009

Insólito

Insólito sería un bo adxectivo para definir o comunicado que emitiu onte o Partido Popular.
O que mais lles preocupa, non é que unha serie de persoas dentro do seu partido estea moi posiblemente vinculada a asuntos turbios, se non, manter o control sobre a prensa para que non aireen todos os trapos sucios que teñen.
Todo este espectáculo, que soa como unha ameaza en contra do grupo de comunicación PRISA, é só froito do medo. E si existe medo é por que temen a algo. Se non tivesen nada que esconder non terían por que enviar ese comunicado.
Evitaríanse moitos problemas si Camps presentase as facturas dos seus traxes e Barberá a dos seus bolsos, con tan só ese xesto desmentirían as informacións que din todo o contrario. Pero, por que non presentan as facturas?, a caso, si foi un regalo? A escusa de que ninguén garda a factura dos traxes é un pouco maliña, por que si eu me compro un traxe ou un bolso tan caro, si, gardo a factura.
Pero de novo, todo esto encaixa no comportamento normal do PP, non afrontar os problemas, só botarlle as culpas ós demais, evitar por todo os medios que a prensa publique calquera información que os deixe mal parados... e non se acaban de dar conta que deben estar menos pendentes dos demais e atender mais a non cometer tantos erros.
Este é o comunicado. Fonte: www.cadenaser.com
  • A las primeras filtraciones de las actuaciones sumariales secretas, nunca investigadas pese a nuestras reiteradas denuncias, en las que se conculcaba el derecho a la defensa y la presunción constitucional de inocencia, vienen a unirse, en las ultimas semanas, filtraciones de conversaciones telefónicas realizadas por la Policía Judicial y que, sin formar parte en algunos casos de las actuaciones sumariales, se utilizan ilegítimamente para menoscabar el honor de las personas y hacerles daño personal y político con fines claramente partidistas.

Os periodistas da Cadena SER, de El País e de Cuatro (Grupo PRISA) teñen que facer o seu traballo, investigar e informarnos a todos, os seus fins non son partidistas, nin facer dano persoal nin político, tan só pretenden contar a verdade.

  • En un Estado democrático de Derecho el respeto al honor de las personas y al secreto de las comunicaciones, son derechos fundamentales, que están obligados a respetar, de manera especialmente cuidadosa, los servidores públicos y, en concreto, el Ministerio del Interior y la Policía Judicial de él dependiente, y los medios de comunicación que respeten las reglas de la sociedad democrática.

Coa información dada polo xornal El País non se está faltando ao honor dunha persoa só se expoñen un supostos feitos, que, polo de agora non foron desmentidos publicamente con ningunha proba.

  • Por eso resulta especialmente intolerable y una gravísima conculcación que el Ministerio del Interior, que ha de velar por la libertad y la seguridad de todos los españoles con independencia de su ideología, sea quién esté inmerso en casos tan flagrantes de vulneración de los derechos fundamentales y de abuso perverso y abusivo de los instrumentos con los que cuenta un Estado Derecho.

Estas acusacións son moi graves e non teñen ningunha proba que as sostente. ¿Quen dixo que as filtracións proveñan do Ministerio do Interior? E si se proba que estas informacións veñen de alguén pertencente a dito Ministerio estou segura de que esa persoa será penalizada coa sanción oportuna.

  • El Partido Popular recuerda que estas conductas no son irrelevantes ni penal, ni políticamente, sino que, por el contrario, son constitutivas de graves delitos y no menos graves responsabilidades políticas. Asimismo, manifiesta que la utilización de funcionarios públicos para realizar tan graves actuaciones, no hace sino agravar aún más las consecuencias, tanto para los que dan las órdenes, como para los que las ejecutan, arrojando injustamente dudas de manera indiscriminada sobre la conducta honrada de la mayoría de todos ellos.
Ata que se saiba quen foi non deberían, de ningún modo culpar aos funcionarios públicos, xa que polo de agora non se probou en ningún momento que fose un deles quen emitise esas filtracións, e eu non dubido de que si se proba que foi un funcionario público quen filtrou información confidencial, esa persoa será sancionada oportunamente.
  • Quienes de forma concertada, y amparándose en la libertad de expresión, colaboran dando publicidad a estas conductas, sin dar valor a los desmentidos previos y ampliando así los efectos dañosos, se sitúan, por propia decisión, al margen de la libertad de expresión que dicen defender, y de cualquier regla deontológica de la profesión periodística.

Este caso si se pode amparar na liberdade de expresión xa que non están culpando de nada a ninguén, só se limitan a darnos a coñecer unha información, o cal , repito, forma parte do seu traballo.

  • La actitud del Gobierno de la Nación, y de otras instituciones del Estado como la Fiscalía General, de connivencia y aprovechamiento político de estas conductas, nos devuelven a épocas pasadas con métodos propios de un Estado policial.

Non se equivoquen, aquí o único que se quedou en épocas pasadas foi o PP, intentando evitar que un grupo de comunicación exerza o seu dereito a liberdade de expresión.

  • El Partido Popular quiere hacer un llamamiento a la opinión pública española e internacional sobre las tremendas consecuencias que para una democracia tiene tratar de aniquilar al primer partido de la Oposición usando para ello los instrumentos del Estado.

As consecuencias tremendas para unha democracia serían si o goberno permitise que o primeiro partido da Oposición vedase a liberdade de expresión dos medios de comunicación e periodistas.

En consecuencia el Partido Popular anuncia que:

  • Defenderá la dignidad de sus siglas, a sus dirigentes y militantes, que representan legítimamente a más de 10 millones de españoles por todos los medios a su alcance y en todas las instancias nacionales e internacionales que fuera preciso.

Non fai falla defender a dignidade de ninguén, por que sinxelamente en este caso ningunha persoa viu a súa dignidade danada. Só se publicou información que, pode ser certa ou non, e no caso de non selo teñen dereito a denuncialo con probas, pública ou xudicialmente.

  • Reclama de todas las instituciones públicas y sociales y en especial del Poder Judicial, la especial vigilancia de cualquier conducta que tenga por objeto menoscabar de forma sectaria los derechos de los ciudadanos con la utilización de forma ilegítima los medios del Estado de Derecho.

Todas as institucións públicas velan en todo momento para que esto non suceda.

  • Anuncia que exige la comparecencia conjunta y urgente de los Ministros de Interior y de Justicia para que den cuenta de las filtraciones de actuaciones de la Brigada de Policía Judicial, en particular de las intervenciones telefónicas, así como de las responsabilidades derivadas por el quebrantamiento del deber de custodia y secreto que dichas filtraciones supone.

Si ven necesaria a súa comparecencia para explicar o asunto da filtración farano.

  • La alcaldesa de Valencia, Rita Barberá, ha anunciado que va a dirigir acciones judiciales por calumnia con publicidad contra los responsables de la difamación publicada este fin de semana por los medios del Grupo Prisa, a raíz de la violación del deber de secreto de unas actuaciones que no forman parte del sumario y que están tan solo a disposición de la Policía Judicial. El Partido Popular apoya de forma unánime y rotunda estas acciones".

Non só se trata de denunciar a filtración, trátase de que teña as probas para negar que o contido da información sexa verdade. Si aporta estas probas quedará demostrado que a información que se publicou é errónea.

viernes, 17 de julio de 2009

Trama Gürtel: cerco al PP

Hoxe en Cuatro as 00:15 emítese unha reportaxe sobre o caso Gürtel e a relación deste co Partido Popular. Esto é un resumo do que vai a tratar, aparece en http://www.cuatro.com/reportajes/reportajes/caso-gurtel-cerco-al-pp/

Seis meses después de iniciarse el caso Gürtel, los altos dirigentes del PP implicados en la trama están más cerca que nunca del banquillo. El juez instructor de Valencia considera que hay indicios más que suficientes de cohecho en la actuación del presidente de la Generalitat valenciana, Francisco Camps. Al mismo tiempo, el juez instructor de la causa en el Tribunal Supremo ve indicios de delito en el caso del senador y tesorero nacional del PP, Luis Bárcenas.

Noticias Cuatro ofrece un reportaje especial sobre el mayor caso de supuesta corrupción en el seno del PP. La investigación afecta a más de 30 personas, desde el presidente de la Generalitat valenciana al número dos del PP en esa comunidad además de un ex vicepresidente y un ex alto cargo, un ex consejero madrileño y dos diputados regionales, cuatro alcaldes del PP de los municipios más ricos de Madrid, un ex eurodiputado, su padre, concejal y su hermano, ambos ex concejales del PP, el senador y tesorero nacional del partido y un diputado nacional miembro de la dirección del grupo parlamentario del PP.

Todos habrían recibido, según la investigación judicial, regalos e importantes cantidades de dinero a cambio de favorecer a las empresas de la trama que dirgía en la sombra Francisco Correa, actualmente encarcelado, del que Noticias Cuatro ofrecerá grabaciones inéditas que dan una idea de su manera de actuar.

Non deberían ser os periodistas os que nos falasen desto, cando todo esto comezou o PP debeu saír a dar explicacións de por que o presidente de Comunidade Valenciana ou o tesoureiro do Partido se ven salpicados por esto.
Xa temos que ter asumido que os populares nunca pedirán explicacións a ninguén, e moito menos a Bárcenas, ó que lle teñen tanto medo e aínda que cheguen a pedirlles que se expliquen as súas palabras nunca as chegaremos a coñecer.
Recoméndovos que o vexades, eu fareino.

lunes, 13 de julio de 2009

Nova financiación autonómica

Cerrouse a nova financiación autonómica, despois de moitos descontentos polo camiño, por fin se chegou a acordo. Aínda que parece que non todos están contentos.
Quizais Andalucía e Cataluña sexan as mais beneficiadas deste novo modelo, que aportará mais cartos as comunidades con mais poboación.
En palabras de Zapatero esta financiación é mais xusta e solidaria xa que se ten en conta o crecemento da poboación. A min tamén mo parece, non pode recibir os mesmos cartos unha comunidade de oito millóns de habitantes que outra que nin sequera alcanza o medio millón.
Esta financiación daralle as Comunidades Autónomas mais recursos para sanidade e educación e con ela reduciranse as diferencias entre as Comunidades.
Aquí, para Galicia a nova financiación aportará seiscentos vinte millóns de euros mais dos que contaba, co xa pasado sistema.
Pero o PP como sempre está desconforme e nin eles mesmos se aclaran, uns dentro do partido creen que se gasta demasiado e que esto incrementará o déficit, pero por outra parte as comunidades populares non están conformes co diñeiro que lle pertence e piden mais. A min esas dúas posturas non me parecen moi compatibles.
De todas formas esta financiación levarase a cabo.

sábado, 11 de julio de 2009

Mal chiste

Cando escoitei que Rita Barberá (Alcaldesa de Valencia) comparaba as anchoas que regala Miguel Ángel Revilla (Presidente de Cantabria) cos traxes de luxo cos que foi subornado o “humildísimo” señor Camps, teño que recoñecer que ao principio pensei que era un chiste, pero con pouca graza. Pero non, todos puidemos comprobar como seguía coa absurda historia das anchoas. Quizais estea utilizando esto por que xa non teñen mais recursos, deben de pensar que a xente é parva e non sabe distinguir entre a seriedade dun asunto ao outro.
Sorpréndeme que a súa defensa sexa así de mala. Pero que podiamos esperar deles que sempre se escusan en mentiras i estupideces, que si o xastre (José Tomás) é un ladrón, que si Garzón vai en contra deles, pero esto das anchoas supérao todo, é a defensa mais ridícula que lles vin facer nunca, xa vasta de votar a culpa aos demais, tócalles dunha vez por todas facer unha análise de conciencia, que seguramente a teñan moi sucia. Aquí os únicos culpables son eles, se non fixesen trapalladas non terían que andar a buscar escusas baratas para defenderse
Pero todo esto parece que vai para largo e aínda que un presidente autonómico e o tesoureiro do partido están imputados, no PP todo o mundo garda silencio e só abren a boca para dicir cousas sen sentido.

jueves, 9 de julio de 2009

Tres meses

Hoxe cúmprense exactamente tres meses dende que empecei a escribir en este blog.
Cando comecei con esto tiven dubidas, non tiña a certeza de que fose a ser capaz de manterme constante, pero foi moito mais fácil do que acadara a pensar, con tan só facer a primeira entrada, xa tiña moitas gañas de facer a seguinte e así sempre.
Esto é dunhas cousas das que mais orgullosa me sinto xa que o fago sen axuda de ninguén, só coas miñas palabras, co meu tempo e con moitas gañas.
Foron bastantes as persoas que me teñen dito que invertía demasiado tempo en esto, pero eu nunca o vin así; esta bitácora merecía aínda mais dedicación da que lle presto, por que simplemente é algo que a parte de que me gusta escribir, síntome na obriga coas miñas ideas de facelo.
Cada entrada que realizo pénsoa moito, quizais incluso demasiado. Fágoa, revísoa e volvo a revisala unhas cantas veces mais, nunca publico nada ata que para a miña opinión estea perfecto.
Noventa días, corenta entradas, uns cantos comentarios, e non sei cantas visitas (Por que son un pouco torpe coa informática e non sei poñer un contador de visitas). Pero da igual o número de persoas que lle voten unha ollada a este blog, xa que con tan só unha persoa lera algo de esto valería a pena os esforzos.
As entradas que mais me gustaron de todas quizais fosen a do día da nai, a das Letras Galegas, Volta ao caciquismo? e a da Lei do aborto. A do día da Nai por que foi un dos mellores agasallos que lle fixen nunca a miña nai, a das Letras Galegas polo moito que significa para min ese día, volta ao caciquismo? por que penso que nela vese totalmente reflectida como é o Partido Popular e ata onde son capaces de chegar por conseguir votos e finalmente a da Lei do Aborto por que é algo que se debe cambiar XA.
Eu continuarei escribindo coma sempre, espero durante moito tempo.
Grazas a todos por visitar esta bitácora.

viernes, 3 de julio de 2009

Blogosfera Progresista

Xa había días que non revisaba o correo e onte como tiña tempo libre pois voteille unha ollada a ver si había algo importante.
E así foi, días atrás enviara a petición de alta deste blog en Blogosfera Progresista, e alí estaba a resposta.
Foi aceptado, en ese mesmo momento invadiume unha inmensa alegría.
Xa sei que non é para tanto pero facíame moita ilusión, por que todo o referido con esta bitácora dedícolle moito tempo e esforzo. Tómoo moi en serio.
Pode ser que este blog non sexa moi importante pero para min si o é.
Unha persoa pediume que fixese unha avaliación destes tres meses escribindo nesta bitácora. Pronto a farei, debo reflexionar sobre estes oitenta e cinco días facendo entradas en este blog e despois escribirei unha entrada con este tema que publicarei nos próximos días.

miércoles, 1 de julio de 2009

Franco sen honores en Madrid

Xa fai bastantes días cando a Franco se lle retiraron todos os honores que tiña en Madrid.
Pois xa vai sendo hora de que esto ocorra.
A lei da memoria histórica deberíase de estar aplicando en toda España, pero aínda podemos comprobar como algunha comunidade autónoma, comandada polo Partido Popular, se resiste a quitarlle galardóns ó dictador.
Eu pregúntome, por que no Partido Popular se opoñen tanto a esta lei?. Entonces, merece honras un asasino, unha persoa que reprimía as liberdades, un DICTADOR? Pois parece ser que o PP e Franco seguen moi ligados, todo indica a que o partido de dereitas está namorado de Franco, e demóstranolo a todos negándose a intentar quitarnos o mal recordo que a todas as persoas morais de España nos trae Francisco Franco.
Cada vez que penso en todas a xente que se viu obrigada a exiliarse, a abandonar a súa terra e a súa familia, e sobre todo na que perdeu a vida por defender os seus ideais contrarios a Franco, no momento no que cavilo en elas alcánzame unha rabia grandísima ao ver que eses hipócritas se están negando a que todas elas intenten (e digo intente por que eso nunca se lles esquecerá xamais) esquecer todas as torturas aos que os someteron. Quizais se algún deles tivese familiares víctima de Franco entenderíao todo e ao mellor apoiaban esta lei que tan só pretende ser un bálsamo para as persoas que no seu día perdérono todo por culpa dun home tan miserable con foi Francisco Franco.

domingo, 28 de junio de 2009

España terceira na Confederacións

Despois de que a Selección Española de fútbol nos acostumara a falar dela polas súas victorias, o pasado mércores perdeu na semifinal contra E.E.U.U por 2-0.
Unha derrota mais inesperada que dolorosa; deberemos confiar nas estatísticas que din que quen gaña a Confederacións non gaña o Mundial.
Pero polo menos quedounos o consolo de que hoxe logramos derrotar a Sudáfrica por 3-2 e así quedar terceiros, o partido foi aburrido ao principio pero emocionantísimo no remate, A quince minutos do final Sudáfrica meteunos un gol, pero Güiza calmounos cando empatou o partido e un minuto despois poñéndonos por diante, pero pouco nos durou a alegría, pois a poucos minutos do remate do partido Sudáfrica meteunos outro gol, esta vez de falta.
Ao final tivemos que ir a prórroga na que gañamos grazas a un gol de Xavi Alonso. Temos que dicir que gañamos o partido por méritos propios e a pesar das malas decisións que tomou o árbitro durante todo o tempo de xogo que nos anulou un gol legal e que se comeu un penalti.
Agora mesmo estase a xogar a final entre Estados Unidos e Brasil ¿Quen gañará o partido? Aínda que eu ao principio apostaba por Brasil, en este momento está gañando E.E.U.U por 2-0, asi que...

sábado, 27 de junio de 2009

A Torre de Hércules



Despois de ternos un día en ascuas, hoxe por fin a UNESCO nomeou Patrimonio da Humanidade á Torre de Hércules.
É un orgullo para min, como galega, que este precioso monumento, seguramente un dos mais fermosos do mundo reciba esta denotación. Agora xa é de todo o mundo, non só de Galicia.
A Torre de Hércules, o Camiño de Santiago, o Casco Vello de Santiago e a Muralla Romana de Lugo, son os catro monumentos declarados Patrimonio da Humanidade en Galicia.
Recoméndovos a todos que visitedes a Torre de Hércules e tamén os outros tres monumentos Patrimonio da Humanidade galegos, non dubido que dentro duns aniños haxa algún mais, por que en Galicia son moitos os monumentos fermosos, únicos, misteriosos... que hai.

jueves, 25 de junio de 2009

Mulleres lava tractores

No axuntamento de Santibáñez de Vidriales en Zamora, o alcalde do Partido Popular decidiu financiar cos cartos de todos os veciños do pobo un espectáculo erótico, no que para o meu parecer se denigra a dignidade da muller.
¡Que espectáculo tan machista!. Por que non contrataron tamén a homes para facer este show?. Aínda que así fose non sería normal que para unhas festas patronais se financiase con cartos públicos espectáculos como este.
As dereitas eran machistas, son machistas e seguirán sendo machistas, por eso non lles gusta a lei de igualdade, por eso no goberno de Feijoo hai mais homes que mulleres e por eso contratan este tipo de espectáculos.
Está mais que demostrado que non teñen idea de cambiar, con estes actos só nos confirman o que todo mundo sabe.
Oxalá que este show non siga adiante, que pese mais o sentido común que as malísimas ideas que se lles ocorre a estas persoas.

miércoles, 24 de junio de 2009

Caso Gürtel no Tribunal Supremo

Agora que o Tribunal Supremo admitiu o caso Gürtel, ou mais ben parte del, no Partido Popular certas persoas deberían comezar a irse, quizais se non fosen tan egoístas xa se terían marchado por non danar mais aínda a imaxe do seu partido, pero que se lles vai a pedir, son como todos os das dereitas.

Confío en que todo esto acabe pronto e todos poidamos saber a verdade. A ver si despois, coa resolución do caso na man, Mariano Rajoy é capaz de poñer a cada un no seu sitio. Desde logo con todo esto está demostrando a pouca autoridade que ten dentro do seu partido.

No PP non están preocupados por que gañaron as eleccións europeas a pesar do caso Gürtel, pero antes ou despois todos estes trapos sucios que teñen dentro do Partido acabaranlles afectando. A xente non pode seguir confiando no PP se dentro del teñen a persoas corruptas.

viernes, 19 de junio de 2009

Seguir loitando

Todos, sen excepción, debemos continuar loitando para que o que aconteceu esta mañá non se volva a repetir.
Unha vida mais arrebatada por ETA, dous mozos sen un pai, unha muller sen o seu marido e todos nos sen Eduardo Puelles García, un dos moitos policías que loitan por acabar con ETA.
Despois do gran cambio vivido no País Vasco, ETA volve a atacar e faino por que está desesperada, percibe que o fin dos seu días acércase cada vez mais, dentro de non moito tempo rematarán todos na cárcere.
Non soporto todas estas noticias, corróenme de rabia; acabar de forma tan cruel coa vida de persoas inocentes é tan inhumano que non dou comprendido como poden facelo sen pensar en toda a dor que sementan.
Con todo esto pretenden asustarnos, pero non o lograrán xamais ninguén vai a dar un paso atrás en esta loita. Non nos renderemos ata que cada persoa culpable sexa xulgada.
Perdéronse xa moitas vidas en mans do terrorismo,pero tamén noto que cada vez ETA está mais acurralada. Aínda así, causa unha gran dor a perda de persoas tan grandes que arriscan a súa vida para defender a de todos nós.
Sen dúbida algunha cando a lacra do terrorismo se termine seguirémonos lembrando de todas as vidas que ser perderon polo camiño e entre elas a de Eduardo Puelles García.

jueves, 18 de junio de 2009

Axentes 007

Cando todo o asunto dos espías de Madrid parecía que pasara. Agora volve a rexurdir, en esta ocasión no concello de Torrelodones.
Ao parecer todo comezou cando dous concelleiros dese axuntamento quixeron denunciar algún caso de corrupción urbanística que andaba pola casa consistorial, pero xa se sabe como é o Partido Popular, a quen os atisbos de sinceridade e honradez non lles gustan e, por eso se encargan de erradicalos rapidamente.
Como non era de estrañar, estas dúas persoas foron expulsadas do Partido. E eso non foi o mais grave de todo, a parte de ser despedidos do seu traballo sen causa, foron investigados, é aquí onde aparecen de novo os espías.
Pero ¿Quén paga a estas persoas?, pois non podo asegurar nada pero no meu ranking persoal o primeiro posto está ocupado pola xente de Esperanza Aguirre.
Todo esto é tremendamente indignante. Esta xente non respecta os dereitos de ninguén, se fan esto coa persoas do seu partido non me quero imaxinar que farían co pobo si tivesen a presidencia.
Con este tema cométense polo menos tres delitos. Primeiro, corrupción, ¿por que esta palabra estará sempre ligada ó PP?, despois despido por querer denunciar toda os fraudes que se viven en Torrelodones en particular pero en Madrid en xeral e por último, espionaxe, vulnerando o dereito a intimidade das persoas espiadas.
Sinxelamente, non podemos tolerar mais esto. ¡¡¡Xa é hora de que todos eses covardes saian a dar explicacións!!!

martes, 16 de junio de 2009

Volta ao caciquismo?

Dise que unha persoa é cacique cando exerce excesiva influencia en asuntos políticos valéndose do seu poder.
Hoxe recordo que cando o Partido Popular deu ese “multitudinario” mitin en Valencia, a maioría dos informativos comezaban con iso. Pois ben, xa hai días que este acto está sendo posto ao descuberto e pasa de ser “multitudinario” a rozar o caciquismo. E de novo a palabra caciquismo relacionada con un partido de dereitas.
É moral que alguén ofreza postos de traballos a cambio de asistir a un mitin? A resposta é obvia, “non”.
Polo de agora a estes actos asiste quen quere e por vontade propia. Pois non hai moito saíron varias persoas dicindo que se lles ofreceu traballo a cambio de ir ao mitin de Rajoy, Camps e Trillo.
Os inmigrantes despois de ir ao mitin aínda están esperando polos seus contratos de traballo. Pero na miña opinión, pareceríame igual de grave aínda concedéndolle o traballo.
Todo esto é moi denigrante e non só para o Partido Popular, se non para toda a democracia en xeral.
Compra de xente para ir a un mitin. Que será o próximo? Comprar os votos? A este ritmo non tardarán moito.
Isto considero debería acabar ante os tribunais. Non poden ser de balde actos tan baixos e rastreiros como estes.

Enquisas

Onte no meu colexio, (e na maioría dos centros educativos galegos) pasaron a enquisa coa que Feijoo busca ter un pretexto para sacar o galego da ensinanza.
Si, por que todo esto é un absurdo paripé para ter unha escusa e obrigarnos a todos os nenos e nenas galegos a ter as clases en castelán.
Por eso desde aquí pido que na vosa enquisa cubrades que todas as clases se impartan integramente en galego, no noso idioma.
Aínda dubidando da legalidade desta enquisa prefiro que a miña familia a cubra para dar o noso apoio ao galego na clase.
Saiban que a Consellería de Educación ten dúas denuncias por estas enquisas. Unha por infrinxir a lei de protección de datos; e outra por que estas enquisas vulneran algúns dos nosos dereitos fundamentais, entre os que destaca a violación do dereito a información, xa que, prohibiuse informar sobre elas.
Pero sinceramente, a min todo isto non me sorprende nada. Eu sabía que Galicia ía pagar as consecuencias de que Feijoo saíse elixido nas eleccións. Non dubidei en que todo o que conseguiu o bipartito, con moito esforzo, o ía destruír el en días, e así o está facendo.
Con todo esto espero que toda a poboación galega protexa o seu maior tesouro, esta fermosa lingua; e que isto saia reflectido nas enquisas para demostrarlle a ese home que non queremos a súa política lingüística, que nos gusta todo, tal e como está en este momento.

miércoles, 10 de junio de 2009

Lei do aborto

Quizais debín falar sobre este tema hai moito tempo, pero bueno, hoxe tocoulle.
Moitas foron as críticas que lle caeron a Bibiana Aído por este asunto e non lle encontro explicación, estou de acordo con toda o anteproxecto de lei sen ningunha excepción e comprendo que cada artigo ten os seus motivos para estar aí.
Quizais o punto que está resultando ser mais polémico sexa que as mozas maiores de 16 anos teñan autonomía para abortar sen o consentimento paterno. Pero eu considero que se está interpretando dende un punto de vista equivocado.
Eu pronto cumprirei os 16 anos e se me quedara embarazada a esa idade podo asegurarvos que abortaría pero tamén teño claro que meus pais estarían ao corrente simplemente por que confío neles e coma min a maioría xóvenes. Pero, tamén podemos pensar en un suposto no que unha moza por calquera motivo non desexe contarllo aos seus pais e se mediante a Seguridade Social, legalmente, non ten a posibilidade de facelo quizais esa muller recorra a outros lugares menos seguros, como ben dixo hoxe a Ministra de Igualdade. Entón ¿Qué nos importa mais a seguridade da “nena” ou que os pais estean ao contado? A miña resposta está clara, agora cada un que pense a súa.
Tamén podo dicirvos que todas as mozas da miña idade están de acordo con migo.confío en que esta lei saia adiante.
¿Ningunha filla dun integrante Partido Popular abortaría? ¿Ningunha parella dun integrante do Partido Popular abortaría? ¿Ningunha integrante do Partido Popular abortaría? Non o sei, pero paréceme moi raro que todas as respostas sexan "non", entón aquí entra en xogo a dobre moral que estou segura procesan moitas das persoas que forman parte do Partido Popular.
Outro dilema mais. ¿Cando comeza a vida? Está claro que a vida comeza no momento no que naces non cando aínda eres un feto. Eu nacín o 3 de outubro non nove meses antes. Pero hai moita xente que se resiste a admitilo. A VIDA COMEZA CANDO NACES.
En fin, esta lei apórtalle dignidade a muller e capacidade de decidir sobre o seu corpo.
Por todos este motivos e moitos mais, si a nova lei do aborto. Confío e desexo en que saia adiante.

lunes, 8 de junio de 2009

Resultados elecctorais

Estes son o resultados electorais a nivel nacional das eleccións europeas:
PP: 42.1%, 23 escanos
PSOE: 38.6%, 21 escanos
Coalición por Europa: 5.12%, 2 escanos
IU: 3.8%, 2 escanos
UPD: 2.9%, 1 escano
Europa de los Pueblos: 2.6%, 1 escano
Abstención: 54%
Estas eleccións gañounas o PP.
Pero esto non ten nada que ver coas xenerais e estou completamente segura de que si se celebrasen en este momento unhas eleccións xenerais volvería a gañar o Partido Socialista
Aínda que todas as enquisas apuntaban a unha victoria popular eu aínda tiña a esperanza de que os españois se decatasen de a quen lle estaban dando o seu voto.
Quizais esta campaña electoral fose unha das peores de todas as que fixo o PP, non se centraron no realmente importante, en vez de pronunciarse sobre Europa e a súa situación os “Señoritos” non facían mais que sacar a relucir o tema da seguridade do noso presidente.
Pois si se trata de xogar sucio nós tamén sabemos e podemos poñer encima da mesa miles das vosas trapalladas. Pero claro, estamos un nivel por encima e nunca caeriamos tan baixo. As dereitas só lles importa gañar e tanto lles da os medios que utilicen. É lles igual mentir, calumniar, insultar... todo lles vale.
O resultado da abstención de parte da xente de esquerdas é un triunfo moi perigoso da dereita, e o que aconteceu onte foi unha mostra, por eso debe servir para que nas próximas eleccións municipais todos nos mobilicemos para votar. A ver si de unha vez por todas gaña o PSOE en Outes e en Noia se mantén o actual equipo de goberno.
A dereita non só gañou en España se non que toda Europa da un xiro a estrema dereita.
Tamén é sorprendente que despois de todos os escándalos que aconteceron en Italia a xente lle siga votando a Berlusconi.
A próxima cita coas furnas é dentro de aproximadamente dous anos coas eleccións municipais, van a ser difíciles de gañar no que respecta a Outes e Noia pero espero ambas victorias con moita impaciencia.

viernes, 29 de mayo de 2009

Despedida con premio


Hoxe no colexio celebramos a festa de fin de curso, non me podo crer que este ano académico estea chegando ao seu remate e que xa acabe a E.S.O e teña que marchar do colexio que me aportou tanta felicidade.
Non, non desexo cambiar a miña situación actual, teño uns compañeiros espléndidos, os mellores e uns profesores que polo xeral son moi bos e comprensivos con todos nós.
Grazas a todos eles, a compañeiros e profesores, por aportarme os tres anos que sen dúbida algunha foron os mais felices de toda a miña vida, grazas por axudarme a saír dese gran bache, grazas por demostrarme que a culpa non fora miña, grazas por aceptarme e integrarme, grazas por brindarme a vosa amizade dende o minuto cero e grazas por ser como sodes.
A cada un de vós douvos as grazas, a Dani, Ali, Adrián, Melani, Liñares, Noelia, Hugo, Brais, Amaro, Andrea, Nadia, Araceli, Antía, Inés, Chiño, Iesica e Yovana (Clase de 4ºB) e tamén aos profesores que me aportaron algo durante estes tres anos aquí, Merchi, Carlos, Mónica Maseda, Josema, Laertes, Ubaldina, Miguel Ángel, Roberto, Mónica González a Inés.
Hoxe condéronme o diploma á mellor compañeira da E.S.O e emocioneime moito, xa que non contaba con el por que non son unha persoa popular mais ben paso desapercibida, supuxen que foi grazas aos votos dos cuartos, dos meus compañeiros de clase e de algunha persoa de 4ºA.
Non, non quero marchar do meu colexio, pero a vida é un ciclo e ten que seguir o seu curso, oxalá no novo instituto encontre persoas tan boas como as que hai aquí.

GRAZAS A TODOS

jueves, 28 de mayo de 2009

Programa electoral

Hoxe chegou a miña casa o programa electoral de varios partidos, fun directamente a abrir o que me interesaba realmente, o do PSOE.
Aquí vos transcribo o do Partido Socialista.

Estimado amigo, estimada amiga:

O 7 de xuño os europeos estamos convocados ás urnas.

O resultado destas eleccións afectaralle a vostede, á súa familia, a todos os cidadáns. Por que os nosos intereses, os nosos dereitos e case todo o que facemos está marcado por decisións que se toman en Europa. E o que se decide é, precisamente, quen terá a maioría para tomar esas decisións.

Porémoslle un exemplo: fai uns meses, a dereita pretendeu implantar en toda Europa unha xornada laboral de 65 horas semanais. Os socialistas españois enfrontámonos a iso e conseguimos frealo. Se a dereita tivese a maioría, hoxe os seus dereitos sociais en Europa retrocederían varias décadas.

Estamos loitando para superar a crise económica e á vez apoiar máis a quen máis a sofren: a clase traballadora, as familias, ou as empresas que teñen dificultades para saír adiante.

Non é verdade, como pretenden o PP e a dereita europea, que para que a economía recupérese sexa necesario facilitar os despedimentos, baixar os salarios e as pensións, desprotexer aos desempregados e debilitar a educación pública e a sanidade.

Esta crise non a provocan os traballadores nin as familias. Provocouna a cobiza e a falta de control sobre os mercados financeiros amparada pola política da dereita.

Por iso agora hai que establecer unha noca orde económica. Quen coas súas ideas equivocadas nos conduciron a esta crise non serán quen nos saquen dela.

Hai dous camiños. Os cidadáns norteamericanos vírono claro e apostaron polo cambio e polo futuro, votaron pola esperanza fronte a resignación.

Agora tócanos aos europeos. Se facemos o mesmo, entre todos dariamos un gran paso adiante para saír da crise con xustiza e para construír un mundo mellor.

Agora o partido entre o pasado e o futuro xógase en Europa. Está vostede convocado, todos o estamos. Por todos nós e polos noso fillos, que vivirán na Europa que agora construamos.

Por iso, pedímoslle que o 7 de xuño acuda a votar e apoie co seu voto ao Partido Socialista, aos socialistas españois e europeos.

Moitas grazas pola súa atención e un cordial saúdo,

José Luis Rodríguez Zapatero
Juan Fernando López Aguilar
_______________________________________________________
Lémbrense de que o 7 de xuño son as eleccións e que teñen que ir votar, só vos pido dúas cousas, a primeira é simplemente que exerzan o seu dereito ao voto, non desperdicien todo o poder que teñen nas súas mans e a segunda é que pensen ben a quen votar que reflexionen en todo o que nos proporciona o Partido Socialista e finalmente elexide.

O Triplete



Fotos:www.as.com

Ultimamente estou a falar moito de fútbol, pero eso ten unha explicación, que o Barça é o mellor equipo do mundo e provoca que todo o mundo fale del. Demostróunolo durante toda esta tempada e a culminación disto foi a victoria de onte ante o Manchester.
Vivín todo o partido con moitos nervios e expectación.
Gañamos o triplete, o único equipo español que conseguiu este mérito, por fin o conseguimos.
Onte o equipo de Guardiola amosounos un bo xogo como xa nos ten acostumados.
En este caso ninguén pode dicir que o Fútbol Club Barcelona sexa un inxusto gañador, por que ten aos mellores xogadores do mundo e o seu toque de balón é sinxelamente espectacular.
No palco, presenciando o partido, estaba, como non o noso Presidente, que supoño que o viviría con impaciencia e finalmente coa alegría da victoria.
Non sei cal será o segredo deste equipo pero eu creo que tanto éxito débese a unha mestura de factores, o caracter do seu adestrador, a importancia para o equipo dos xogadores canteiráns e a humildade de todos, que aceptan as derrotas e as críticas e asimilan a victoria.

Grazas por esta alegría.

jueves, 21 de mayo de 2009

Ocupada

Aínda que intento facer entradas o mais a miúdo posible por que a actualidade política non cesa e, aparte encántame escribir sobre eso, temo que en estas tres próximas semanas non o poderei facer tanto como me gustaría, por que prevense dúas semanas repletas de exames nas que terei pouco tempo para dedicar ao blog e tereime que concentrar en estudiar, estudiar e estudiar para sacar comodamente adiante o curso. A terceira semana está totalmente descartado que escriba por que voume de excursión cos meus compañeiros durante cinco días. Pero cando pasen estas tres futuras semanas prometo non abandonar o blog e seguir tendo actualizado como ata o de agora.
Farei o máximo esforzo posible para que nas dúas próximas semanas encontrar tempo para polo menos comentar a actualidade mais importante.

domingo, 17 de mayo de 2009

Día das Letras Galegas



Hoxe é un día especial para min, é o día das Letras Galegas, o día grande da nosa preciosa lingua. Na escola mandáronme facer un traballo sobre a persoa a que se lle dedican este ano, Ramón Piñeiro. Aquí o expoño.

_______________________________________________________

Ramón Piñeiro López



1 Nenez e xuventude

Ramón Piñeiro pertence a unha familia labrega e humilde da parroquia de Armea no concello de Láncara (Lugo). Nace en maio de 1915. Tiña sete irmáns, destes sete irmáns, tres morreron cando el era neno. Fillo de Vicenta López Fernández e Salvador Piñeiro García. Os seus pais amosaron en todo momento unha gran preocupación, maior da que era habitual en aqueles anos entre a xente humilde, pola cultura e a educación dos seus fillos. Este factor unido a gran curiosidade e intelixencia de Ramón é o motivo de que xa antes de comezar a escola con seis anos, soubese ler, escribir e resolver operacións matemáticas. A escola non supuxo ningunha dificultade intelectual para Ramón Piñeiro, que xa estaba adiantado con respecto aos seus compañeiros gracias a educación recibida da súa familia. Sufriu un duro impacto ao notar a diglosia que en ese momento había na sociedade, e na que o galego saía claramente prexudicado.
Entre 1924 e 1928, Ramón Piñeiro fixo o bacharelato elemental en Lugo. Durante esta etapa descubre a Literatura, e en concreto descobre a literatura en galego, gracias a coleccións de autores galegos.
Quedou moi impresionado ao decatarse de que o galego, idioma de campesiños ó que a escola desprezaba , era tan válido como o castelán para escribir poesía.
Unha precaria situación económica da familia de Ramón impide inicialmente que puidese seguir estudando, polo que tivo que voltar á casa para dedicarse a axudar nos labores de campo.

2 Galeguismo (Introducción ao Galeguismo)

A familia aconsellada polo fillo do secretario do concello de Láncara, decidiu enviar a Ramón a Sarria, alí, encargaríase de levar a contabilidade do comercio dun amigo de seu pai. En ese momento Ramón Piñeiro tivo a súa primeira toma de contacto co galeguismo. Subscribiuse ao diario El Pueblo Gallego, onde autores moi destacados como Ramón Otero Pedrayo escribían artigos en galego. En 1931, na proclamación da segunda república, o galeguista Lois Peña Novo foi falar nun mitin a Sarria, e esto acabou de espertar a simpatía que Ramón Piñeiro sentía polo galeguismo que defendía Peña Novo.
A finais dese ano, Ramón volveu a Lugo a cursar o bacharelato superior favorecido pola circunstancia de que unha das súas irmás posuía traballo e casa nesa cidade. O seu sentimento galeguista foi en aumento alí, polo que xunto os seus compañeiros de instituto fundou a Mocidade Galeguista de Lugo, da que foi secretario de cultura. A súa intelixencia e a súa entrega foron tales que o levaron a relacionarse cos líderes do Partido Galeguista, deles recibiu importante encargos, a pesar da súa cota idade. Finalmente foi elixido como secretario do Comité Provincial do partido, o que o levou a implicarse totalmente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.

3 A guerra

Durante o levantamento militar contra o goberno Ramón Piñeiro participou como representante do Partido Galeguista na comisión asesora do gobernador civil defendendo a República. Dende o momento en que os militares tomaron control da situación Ramón estivo en perigo. En varias ocasións tivo que esquivar, só coa axuda de compañeiros de estudos ou amigos familiares, a detención e incluso a morte. Finalmente tivo que incorporarse ao exército dos sublevados, xa que esta semellaba a única opción de sobrevivir.
Pronto descubriu que nin no exército estaba a salvo das denuncias e ademais desto había que sumarlle os perigos normais dunha guerra e os que conlevaba estar afiliado a política durante a República. A Ramón uníuselle a súa insegura situación persoal e a angustia de comprobar como, co paso do tempo e a continuidade do conflicto bélico, as persoas que o rodeaban se ían insensibilizando e endurecendo. Triste por temer a posibilidade de rematar como elas, caeu en depresión. Despois de superar esta enfermidade, desta experiencia, xurdiu en el un interese pola filosofía, na que Ramón Piñeiro buscou resposta á actitude insensibilizada que comprobou polo xeral ao seu carón durante os tres duros anos de guerra.

4 Reconstrucción do galeguismo durante o franquismo

Rematada a guerra civil, Ramón trasladouse a Santiago de Compostela para estudar os anos comúns da carreira de Filosofía e Letras. En 1942 foise para Madrid para cursar a especialidade de Filosofía.
En 1943 comezou unha loita clandestina para reconstruír o Partido Galeguista e Ramón Piñeiro formou parte do Comité de Dirección do partido. Aproveitou que estaba en Madrid para impulsar os tres primeiros proxectos do Partido Galeguista. Estes proxectos eran: tomar contacto cos galeguistas exiliados, tomar contacto cos nacionalistas cataláns e vascos e tomar contacto tamén con todas as forzas antifranquistas clandestinas.

5 Viaxe a París e cárcere

Despois da toma de contacto cos nacionalistas vascos, estes axudáronlle a Ramón a cruzar os Pirineos a pé, cruzou a fronteira, viaxou a París para entrevistarse co presidente do goberno republicano, que estaba no exilio, José Giral. A súa misión desta vez era conseguir que incluíse un ministro galego no goberno, que ese ministro fose Castelao, como xa acordaran todas as forzas democráticas galegas. E a outra misión era informar dos plans e medios cos que contaba o goberno para derrocar a dictadura de Franco. As dúas misións foron cumpridas, aínda que quedou desolado ao comprobar que o plan que tiña Giral para rematar coa dictadura era un proxecto inxenuo e irrealizable, froito do descoñecemento da verdadeira situación que estaba a vivir España.
Cando regresaba a Madrid, Ramón Piñeiro foi encarcerado durante unha reunión na que ía informar aos outros grupos clandestinos do traballo feito en Francia. Condenaron a Ramón a seis anos de cárcere, dos cales, cumpriu tres.

6 Fundación da editorial Galaxia (Importancia do galeguismo cultural)

Comprobada a fortaleza que adquirira o franquismo e o recoñecemento internacional que fora collendo o réxime, ao saír do cárcere Ramón creu imposible continuar cunha loita política na clandestinidade e optou por comezar cunha loita cultural.
Despois de operarse da vista, que estropeara durante os tres anos de cadea, xuntouse ao proxecto de levar a cabo unha nova editorial, Galaxia, esta editorial doulle cobertura legal ao galeguismo e permitiu facer públicas as ideas do galeguismo para concienciar a todo o país, e en especial as xeración que estaban medrando baixo o control do franquismo. Co mesmo obxectivo, despois de instalarse en Santiago coa súa esposa, Isabel López García, coa que casou en 1952, comezou o labor de entrar en contacto cos mozos que chegaban a Santiago para cursar estudos na universidade. Así e que, pola súa famosa mesa de braseiro da súa casa na rúa Xelmírez, pasaron durante os vinte anos seguintes moitos mozos con inquietudes tanto culturais como políticas.
Ramón foi o director literario da editorial Galaxia e, dende ese posto, foi un dos principais forxadores da reconstrucción cultural galega durante a posguerra. Un dos primeiros obxectivos da editorial era crear unha revista, a revista Grial, pero esta publicación non conseguiu a autorización do goberno ata o ano 1963. Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego dirixírona desde o comezo e nela Ramón Piñeiro publicou mais de corenta artigos. Mais, previamente, esta revista foi saíndo da imprenta de forma encuberta, a tapadeira era unha colección de libros de autoría múltiple. Na revista Grial editáronse catro números antes de que as autoridades a suspendesen, Ramón Piñeiro publicou o seu primeiro ensaio filosófico, “Significado metafísico da saudade” en 1951. Este ensaio foi de grande impacto entre os medios intelectuais galegos e portugueses. Con esta obra quedaba demostrado, o que o goberno e parte da poboación, poñía en permanente dúbida, a capacidade da nosa lingua, o galego, para o xénero ensaístico e para a filosofía.
Á soidade, Ramón Piñeiro dedicou catro traballos mais; “A filosofía e o home”, “Para unha filosofía da saudade”, “Saudade e sociedade, dimensións do home”, e “A saudade en Rosalía”. Estes catro traballos reuniunos en 1984 nun libro, “Filosofía da saudade”. Xa anteriormente en “Olladas no futuro”, seleccionara os artigos mais importantes que fora publicando dende o ano 1949 nas publicacións periódicas en Grial. Ademais desto, da súa propia creación, destaca no seu traballo a favor da cultura galega e da dignificación desta preciosa lingua, a publicación de dúas traduccións feitas coa axuda de Celestino Fernández de la Vega. Traducción do “Cancioneiro da poesía céltica” de Julius Pokorny, a cal foi premiada pola editorial Bibliófilos Gallegos. Traducción da conferencia “Da esencia da verdade” de Martin Heidegger. Esta traducción, tivo moita relevancia porque era unha publicación dun dos filósofos mais relevantes do momento, que aínda non fora traducida ao castelán, esto non se lles escapou ás autoridades, que puxeron diversos obstáculos para que non saíse da imprenta. Ramón Piñeiro tamén reflexa o que a súa preocupación polo galego na súa importante dedicación á revisión e publicación do Diccionario gallego-castellano de Eladio Rodríguez González, que morrera en 1949 sen publicar o seu traballo.

7 Visión da U.S.A

Como resposta á asfixia da cultura galega que o franquismo practicara durante todos eses anos, Ramón Piñeiro redactou un documento de denuncia que foi asinado por varios centros galegos de América. Foi repartido en galego, en inglés e en francés na VIII Asemblea Xeral da UNESCO no ano 1954, esto causou moito desconcerto entre a delegación española, que estaba presidida polo ministro de educación, Xesús Alonso Montero, o cal lle dou a este episodio o nome de “batalla de Montevideo”.
A partir de 1966, Ramón Piñeiro López foi convidado durante catro veráns á Middelbury College de Vermont en Estados Unidos, para impartir cursos sobre a sociedade e o pensamento dos españois. No ano 1967 Ramón Piñeiro ingresou na Real Academia Galega na que pronunciou o discurso “A linguaxe e as linguas”, no que podemos atopar ecos dos estudos sociolingüísticos que se estaban explicando por aqueles anos nas universidades de América do Norte.

8 Democracia, autonomía e primeiras eleccións

Xa nos últimos anos da dictadura, Ramón dedicouse a facilitar a creación dun Partido Socialista e outro de inclinación democristiá galego. Ramón estaba convencido de que “a maioría de idade política de Galicia tiña que consistir mesmamente en que deixase de existir un partido galeguista para que fosen galeguistas todos os partidos democráticos". A pesar desto non participou en ningunha destas formacións, xa que cría que debía continuar practicando un galeguismo cultural que contribuíse a galeguizar a sociedade que non militase en ningún partido político.
Esto cambia cando a democracia chega a España e coa chegada da democracia, Galicia acaricia a posibilidade de lograr a autonomía. O principio Ramón empezou apoiando varios manifestos a favor dun autogoberno para Galicia e participando na formación da sociedade de estudos e opinións Realidade Galega, que esixía para Galicia un estatuto con iguais niveis de autonomía dos que tiñan País Vasco e Cataluña.
Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato ao senado por Lugo. A pesar de que esta candidatura foi apoiada polo PSG, PSOE, PC, Partido Popular Galego e o Movemento Comunista de Galicia, os resultados que acadou dita candidatura foron malos. Moi preocupado por asegurar a presencia galeguista no Parlamento galego, nas elección autonómicas aceptou a marabillosa oferta do PSdeG-PSOE de estar nas súas listas.

9 Normalización lingüística

Gracias a estar nas listas do PSdeG-PSOE foi elixido deputado autonómico, o que lle deu a grandiosa oportunidade de traballar inesgotablemente a favor da Lei de normalización lingüística, aprobada en 1983.

10 Bibliografía

Libros
Olladas no futuro. Galaxia.
Lembrando a Castelao.
Filosofía da saudade. GalaxiaFermín Penzol. Galaxia.
Da miña acordanza. Memorias. Galaxia.
Galicia. Galaxia.
A linguaxe e as linguas. Galaxia.

Artigos

"Saudade", en Gran enciclopedia gallega.
"Retorno a Tagen Ata, por X. L. Méndez Ferrín", en Grial.
"En percura do Castelao verdadeiro", en Grial.
"[Castelao], mestre da concencia galega", en Boletín de la Real Academia Gallega.
"Sobre o pensamento galego da xeneración Nós", en Avriense.
"Vicisitudes históricas da cultura galega", en Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia.
"Castelao e Pondal, duas visións da nosa historia", en homenaxe a Castelao.
"Importancia decisiva da xeneración Nós", en Grial.
"Carlos Maside na miña lembranza", en Maside: un pintor para unha terra.
"A Galicia de Seoane", en Grial.
"A personalidade política de Fermín Penzol", en Grial.
"Parolar con Rafael Dieste", Grial.
"Peculiaridades del nacionalismo gallego", en Homenaje a Koldo Mitxelena.
"A revista Grial", en actas do Coloquio de Tréveris.
"Consello da Cultura Galega", en Grial.
"Castelao político", en Anthropos.
"Lembrando ao Cilistro [Celestino Fernández de la Vega]", en Grial.
"Os contos de Ánxel Fole", en Grial.
"O pensamento de Rosalía de Castro", en Cadernos do Instituto de Estudos Valdeorreses.
"25 anos de Grial", en Grial .
"Heidegger na cultura galega",en Grial.

Traducións (en colaboración con Celestino Fernández de la Vega)

Pokorny, J.: Cancioneiro da poesía céltiga. Editorial Bibliófilos Gallegos.
Heidegger, M.: Da esencia da verdade. Galaxia.


11 Opinión persoal

En xeral penso que deberían existir mais persoas como Ramón Piñeiro, capaces de loitar incansablemente por uns ideais, polos ideais dun pobo, dun país, de Galicia. Ramón dedicou toda a súa vida a intentar que a nosa preciosa lingua non se vise discriminada, como viña sucedendo ata fai pouco e predigo que en estes futuros catro anos pasará por unha situación difícil en mans de xente que non a aprecia e só a utiliza para darse publicidade. Esa xente que non quere ó noso idioma.
Ramón Piñeiro desde a súa xuventude avantaxada, prodixiosa que desde moi novo xa se involucrou de pleno no galeguismo, o que considero algo normal, por que o galeguismo faiche sentir especial, faiche sentir que pertences ao teu pobo, a túa lingua. El foi capaz de entregarse totalmente a defensa do galego e de Galicia.
O que mais resaltaría de Ramón Piñeiro é a súa valentía, que nin tan sequera a cruel guerra civil e a dura dictadura conseguinte, o fixo renunciar aos seus preciosos valores, este período da súa vida no que nos demostra a todos que sempre de un mal momento podemos sacar partes positivas. El pasou por unha depresión e despois isto aínda o motivou mais e lanzouno na súa labor filosófica.
Loitador incansable para reconstruír o galeguismo durante a dictadura de Franco, o que para el trouxo importantes consecuencias, como foi perder tres anos da súa liberdade. Pero estou segura de que el o volvería facer aínda sabendo as consecuencias e por iso me sinto orgullosa de que el sexa galego. Por que eses tres anos no cárcere so o fortaleceron, para darlle mais forzas e fundar a editorial galaxia, importantísima na nosa historia.
Gracias ao Partido Socialista tivo a oportunidade de estar no primeiro Parlamento Galego. Por eso hoxe non só é o día das letras galegas se non que tamén é un día especial para o Partido Socialista.
Gocei moito facendo este traballo e aínda que non fose obrigatorio faríao igual, durante a miña etapa escolar foi o traballo que mais me gustou facer, e seguramente me lembre del durante toda a miña vida.
Incluso houbo partes nas que me emocionei moito ao sentir que todo polo que veu loitando Ramón Piñeiro e demais galeguistas está empezando a dar froitos.
Tamén me entristeceu moito pensar en persoas que se avergonzan da nosa preciosa lingua e a rexeitan, por que este feito, paréceme que é desperdiciar todo o traballo, menosprezar o grandioso obxectivo, polo que tanto loitaron Ramón Piñeiro e moitas outras persoas. No fondo esas persoas danme pena por que non son o suficientemente intelixentes como para apreciar a beleza que ten o galego. Algún día todos se decatarán que o galego é a lingua mais fermosa do mundo.
_______________________________________________________

Todo esto foi parte do meu traballo. Está algo resumido por que se non sería moi extenso.
Non me importa a nota que me dean por el, por que sexa cal sexa a min encantoume facelo.

sábado, 16 de mayo de 2009

O Barça gañador da Liga

O barça xa é campeón de Liga.
Esta noite coa derrota do Real Madrid o Barcelona xa se converteu matemáticamente como gañador da Liga.
Este Barcelona, o mellor en moito tempo, merece a Liga, e tamén a Champions. A ver si o día 27 consegue a última parte do triplete, seguro que si. Estarei moi pendente deles esa noite.
A vitoria da Liga dalle aos xogadores titulares de Guardiola a posibilidade de descansar para o importantísimo partido do día 27 deste mes.
A Liga xa ten gañador pero faltan moitas cousas por decidirse. ¿Quén quedará en postos de Champions? ¿Quén descenderá a Segunda División? ¿En qué posto quedará o Deportivo?. Haberá que esperar unhas xornadas para sabelo pero o que xa coñecemos é o gañador desta Liga.
O Fútbol Club Barcelona.
¡¡¡¡¡ CAMPEÓNS!!!!!
Felicidades

jueves, 14 de mayo de 2009

Camps imputado

Antes, cando era o comezo de esta trama, non me pareceu unha boa idea falar do tema, por a presunción de inocencia dos que posiblemente sexan culpables e por que non me gusta xulgar a ninguén.
Pero hoxe, cando viña da escola no coche escoitando a SER, estaban repasando as noticias e a que mais resaltaba de todas era a imputación de Francisco Camps e Ricardo Costa no caso Gürtel, ao principio pareime a pensar si debería escribir sobre esto ou si, polo contrario era mellor que esperase a que saíse a resolución do xuízo.
Ao final reclineime pola primeira opción, pero propúxenme facer un comentario no que en ningún momento culpe a ninguén e non por que non crea que sexan culpables (que si o creo) se non polo simple feito de que todos temos dereito a un xuízo xusto e como xa dixen antes eu non son que de xulgar a ninguén. Dito eso, vou dar a miña opinión sobre este tema.
Considero que o Partido Popular debería dar de baixa de militancia a Camps e a Costa como o fixo cos deputados imputados.
Creo oportuno que saian e dean explicacións a todos, pero sobre todo as persoas que os votaron.
Si ao final de todo resulta que Camps, Costa ou calquera outra persoa son culpables creo que se deberían tomar estrictas represarías contra todas as persoas implicadas.
O que non considero nada normal é que o Partido Popular con Mariano Rajoy a cabeza, carguen como o están facendo en contra do xuíz Garzón, pola simple razón de que el está facendo o seu traballo aínda que a moitos lles moleste que o faga tan ben. En vez de molestar ao honorable xuíz deberían centrarse en limpar o seu Partido, que parece, que hai varias persoas dentro del con asuntos turbios, e en dar explicacións.
Cousas como estas dan pe a que a xente opine mal dos políticos, por eso creo que as persoas que cometan esas irregularidades deben abandonar a súa carreira política, independentemente do partido ao que pertenzan.
Polo de agora non podo dicir moito mais cando saia toda a verdade desto, que sairá xa se poderá afondar un pouco mais no tema.

O Barça Rei de Copas


Fotos: www.as.com

Onte o Barça levantou a súa vixésima quinta Copa do Rei.
Confiaba completamente no que seguramente sexa o mellor equipo do mundo, pero teño que admitir que cando o Athletic marcou o primeiro gol púxenme un pouco nerviosa. Esto non é nada significativo en min, xa que, os meus nervios están a flor da pel sempre. E cando Toure marcou para o Barça, en ese mesmo momento, tiven a confianza de que o Barcelona levaba esta Copa.
Con esto xa lograron a primeira parte do triplete, que espero con moitas ansias que consiga.
Vin todo o partido e o que menos me gustou de todo foi a agresión dun aficionado do Athletic a Alves, ao que lle lanzou unha lata dun refresco, pero o mal comportamento dunha persoa é compensado pola actitude exemplar do resto de aficionados, a pesar das pitadas ao himno.
Con todos estes sucesos que tamén marcaron o partido, ou mellor dito que marcaron o día despois del, xa que a maioría dos medios de comunicación centráronse mais nos desagradables acontecementos que no resultado deportivo.
Síntoo polo Athletic, outro ano será.
Todos temos que recoñecer que en esta temporada o Barça está imparable. Espero que esta semana remate coa victoria da Liga e que o día 27 deste mes gañe a Champions.

miércoles, 13 de mayo de 2009

Debate sobre o Estado da Nación

Esta mañá rematou o debate sobre o Estado da Nación. O meu horario escolar non me permitiu velo polas mañás, así que, só puiden atendelo o martes pola tarde, a parte de velo esas horas en directo, estiven pendente dos resumos que se facían del na radio e nos telexornais para non perder ningún detalle do que sucedera no tempo no que non o puiden escoitar.
Aínda que con tan só ver o cacho que vin en directo chegaríame para dar unha opinión, que creo que a maior parte das persoas compartirán.
A miña opinión é que José Luís Rodríguez Zapatero saíu gañando e por goleada o debate.
Observei a un Rajoy, que non sabe como facer para atacar ao noso presidente do goberno e só o pode lograr dende o insulto e as mentiras.
Insultos, como dicirlle as persoas que representan a maioría dos cidadáns españois que non sabían ler. Claro que todos os homes e as mulleres que se sentan aí saben ler, pero non todo o mundo ten este coñecemento, e non sei que lles parecería a esa xeneta a súa fraseciña. Aínda que o que mais me molestou de todo foi o que lle seguiu a esa “perla”, despois de dicir que os deputados socialistas non sabían ler, engadiu,“¡Qué gente!” ¿A que se refería con esto?. Vostede ten que respectar a todos, o líder da oposición dun país non poder andar insultando por aí as persoas que están representando a millóns de cidadáns, por que é como ofender e dirixir o insulto a todas a xente que votou ao Partido Socialista.
Mariano anunciou moito o seu plan anticrise e de tanto publicitalo esquecéuselle explicalo. Vamos, que o anunciou pero foi como se non existise. Si el sabe como saír da crise, que o diga, ¿A que está esperando?. No seu plan insistiu na Reforma laboral, pero ¿Cal é a reforma laboral? Por que eu pódovos asegurar que estiben moi atenta e aínda non me decatei en que consistía a súa reforma laboral. Seguramente, sexa mellor non sabelo, ¡A saber as barbaridades que está pensando!.
Percibo que Mariano está nervioso, nervioso por que se aproximan as Eleccións Europeas e sabe que si as perde quédanlle as horas contadas dentro do seu Partido e estou segura de que Mayor Oreja as vai perder, por que o Partido Socialista ten que gañalas para que todos poidamos seguir progresando en Europa como ata agora. Unha victoria do PSOE en estas eleccións é unha victoria de todos os cidadáns.
A cara deste debate foi para o noso Presidente. Que el, si anunciou medidas concretas, para saír de esta difícil situación económica. Con este debate todo o Partido Socialista sae reforzado para as inmediatas Eleccións. Zapatero gañou o debate e sen faltar o respecto a ninguén, tan só dicindo a pura verdade e aportando axudas a xente para saír adiante.
A Zapatero daríalle un sobresaínte nas súas intervencións en este debate polo simple feito de que non recorreu ao insulto para afrontalo e por que aportou solucións para axudar a todos a saír deste bache económico. A nota que merece Mariano Rajoy, na miña opinión, pola súa participación no debate é un suspenso, un suspenso por que non ten idea de como atacar a José Luís Rodríguez Zapatero e só lle quedou caer no método mais rastreiro de todos, o insulto; e por que non contribuíu con ningunha medida concreta para mellorar a economía do país.
En fin, de todo esto saquei unha cousa en claro, Mariano Rajoy sempre será o eterno aspirante e nunca logrará a nada, xa que, non da a talla e non lle chega nin a súela dos zapatos ao noso Presidente.

lunes, 11 de mayo de 2009

Boa nova

Hoxe, durante a comida, levei unha gran alegría, cando no telexornal dixeron que Federico Jiménez Losantos anunciou que se ía da Cope. Saída acompañada da de Cesar Vidal. Aínda que hoxe a entrada está case completamente dedicada a Losantos
A verdade, esto xa se sabía hai un tempo, cando se soltou o gran bombazo de que non se lle renovaría o contrato, pero como eu non me fiaba decidín agardar para facer unha entrada con respecto a este tema. E hoxe por fin parece confirmarse totalmente, por eso é o día oportuno para falar deste “señor”.
En principio manifestar o que opino sobre el, creo que é un nefasto periodista, bueno, perdón, que para min non acada a ser un periodista, por que para selo hai que respectar a verdade e difundila sen difamar, calumniar e sobre todo sen insultar a ninguén, sexan cales sexan as súas ideas políticas. Por que este home non só ofendía a xente do Partido Socialista, se non que incluso insultou a algunha persoa que, presuntamente, comparte con el ideais.
Este home non sabe exercer a súa profesión sen insultar, non creo que o seu programa tivese audiencia si el deixase de soltar as barbaridades que solta por esa boquiña.
A súa marcha xa tiña que producirse hai moito tempo, antes de que magoase a tantas persoas, por que foron moitas as palabras ferintes que ten dito baseándose na liberdade de expresión e permítame dicirlle que o que vostede di que é liberdade de expresión no meu pobo chámaselle INSULTAR.
Non, definitivamente non é periodista.
Oxalá que non o contrate ninguén, non merece traballar en tan bonita profesión. Non, por que o único que faría sería desacreditar o periodismo.
Teño que confesar que nunca lle tiven moita simpatía a esa canle da radio pero mentres en ela traballe ese home, estarei totalmente en contra dela, sen posibilidade de que ninguén me convenza do contrario, de que está baseada no pasado, na dereita mais extrema.
En resumo, unha boa nova para o periodismo e para todos en xeral.