jueves, 30 de julio de 2009

Todos contra ETA

Unha entrada mais sobre un novo atentado de ETA. Esta vez con consecuencias moito mais graves que as de onte. Eses desalmados arrebatáronlle a vida a dous Gardas Civís, Diego Salva Lezaun e Carlos Saenz de Tejada , dúas persoas de vinte e sete e vinte e oito anos respectivamente, ós que lles agardaba toda unha vida por diante.
Quen se creen que son? Deuses, para quitar vidas a quen eles queiran? Así xamais lograrán nada, con cada morte só nos aportan mais forzas para seguir pelexando, ningún demócrata descansará ata ver que cada un deles está pagando polo que fixo.
Ninguén lles vai a permitir que se saian coa súa, nunca conseguirán nada. Derramando sangue só obterán a dor dunha familia rota, por que un tolo asasinou a un fillo de unha nai, a un irmán… , a dor que comparte todo un país con esas familias, pero de ningún modo nos vencerán, por que non nos renderemos ata que toda esta lacra sexa xulgada e encarcerada, non nos aterrorizarán, ese e o seu verdadeiro obxectivo, eles queren que lles teñamos medo para que fagamos todo o que queiran, pero non, non se sairán coa súa.
Todas as persoas que sexamos demócratas condenamos con todas as nosas forzas este atentado que se levou dúas vidas por diante.
E aínda que sexa difícil, oxalá nunca mais teña que volver a escribir sobre unha morte e para eso é esencial que todos xuntos loitemos coa democracia como arma contra ETA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario