martes, 4 de agosto de 2009

Entre traxes e vendedores de tila

Cando xa pasaron uns días dende que se arquivou o caso Camps, e xa transcorreron uns días para reflexionar, este pareceume o momento oportuno para escribir do asunto.
Dous dos tres xuíces do Tribunal Superior de Xustiza de Valencia consideraron oportuno arquivar a causa contra Camps. Non vou a entrar a xulgar a profesionalidade dos xuíces, en concreto dun deles, pero está claro que o señor Camps ten moitos amigos ós que “les quiere un huevo” .
O que si é sorprendente é que durante todo o tempo no que Camps estaba involucrado en un delito nin o Presidente da Comunitat Valenciana, nin o que din que é o líder da oposición, se molestasen en darnos explicacións a todos de por que un Presidente dunha Comunidade Autónoma estaba relacionado con asuntos bastantes turbios; pero sobrou xente para recordarnos o veredicto, pois para iso non fai falla, en ese momento non precisábamos que nos dixeran nada, ninguén necesitaba dese humor malo de guión de Mariano Rajoy.
O caso quedou arquivado, pero sen embargo confírmase que os traxes si foron regalados ó contrario do que dixo sempre Francisco Camps. E si eses traxes foron regalados por uns señores que seguramente sexan moi, moi corruptos, os cales tiñan unhas empresas con contratos coa Comunidade Valenciana. Non será iso un suborno???
Pero aínda non está todo dito, Rajoy non debería torturarnos cos seus chistes malos, malísimos, e preparados, antes de que se puxese punto e final a toda esta historia, recoméndolle que non se emocione moito non vaia ser… que a caída de canta mais altura mais forte é o golpe. A Fiscalía Xeral do Estado xa presentou un recurso, agora toca agardar de novo para que se faga xustiza.
Unha última cousa, agora os moi ineptos atrévense a pedir a dimisión de María Teresa Fernández de la Vega “por utilizar a Fiscalía”, eles seguen na súa liña, como sempre, votándolle a culpa ós demais, que non se trabuquen a Fiscalía non está sendo utilizada por ninguén, só fan o seu traballo. Xa lles gustaría a eles que dimitise a Vicepresidenta, pero estou segurísima de que non lles vai dar semellante gusto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario