lunes, 27 de julio de 2009

Mal cambio

Despois de que xa pasasen cen días da entrada de Núñez Feijoo no goberno, toca facer unha análise de cómo foron as cousas nesta tempada.
Con case catro meses para facer o seu traballo os cambios deberían apreciarse. E así é, o cambio nótase, as cousas pasaron de estar ben a ir empeorando progresibamente.
Estou segura de que moitas persoas arrepentíronse de votarlle, e que en este momento cambiarían a súa papeleta.
A verdade é que o “cambio” como dicían na súa campaña electoral notouse, e moito.
En Galicia pasouse de ter libros de texto gratis para toda a E.S.O e primaria a ser só de balde para unha parte moi reducida da poboación. É difícil comprender como comprando libros novos se poden aforrar mais cartos que reusandoos.
Pasouse de ter unha boa política lingüística a pretender quitar o galego das aulas mediante unha enquisa de dubidosa legalidade, continuando na liña do goberno de Fraga Iribarne.
Agora ata se quere xuntar alumnos de distintos cursos en unha mesma aula, intentando manter mais austeridade a conta de empeorar o sistema de educación.
Pasaron de falar e falar do coche de Touriño e estar calados de todos os que comprara Fraga a malvendelo en un claro exemplo de populismo barato.
Pasouse de ter ecuanimidade entre conselleiros a conselleiras a que o número de conselleiros supere o de concelleiras.
Claramente as cousas empeoraron moito, a xente equivocouse depositando a súa confianza no Partido Popular e agora en estes catro anos toda Galicia terá que pagar por ese erro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario