jueves, 9 de julio de 2009

Tres meses

Hoxe cúmprense exactamente tres meses dende que empecei a escribir en este blog.
Cando comecei con esto tiven dubidas, non tiña a certeza de que fose a ser capaz de manterme constante, pero foi moito mais fácil do que acadara a pensar, con tan só facer a primeira entrada, xa tiña moitas gañas de facer a seguinte e así sempre.
Esto é dunhas cousas das que mais orgullosa me sinto xa que o fago sen axuda de ninguén, só coas miñas palabras, co meu tempo e con moitas gañas.
Foron bastantes as persoas que me teñen dito que invertía demasiado tempo en esto, pero eu nunca o vin así; esta bitácora merecía aínda mais dedicación da que lle presto, por que simplemente é algo que a parte de que me gusta escribir, síntome na obriga coas miñas ideas de facelo.
Cada entrada que realizo pénsoa moito, quizais incluso demasiado. Fágoa, revísoa e volvo a revisala unhas cantas veces mais, nunca publico nada ata que para a miña opinión estea perfecto.
Noventa días, corenta entradas, uns cantos comentarios, e non sei cantas visitas (Por que son un pouco torpe coa informática e non sei poñer un contador de visitas). Pero da igual o número de persoas que lle voten unha ollada a este blog, xa que con tan só unha persoa lera algo de esto valería a pena os esforzos.
As entradas que mais me gustaron de todas quizais fosen a do día da nai, a das Letras Galegas, Volta ao caciquismo? e a da Lei do aborto. A do día da Nai por que foi un dos mellores agasallos que lle fixen nunca a miña nai, a das Letras Galegas polo moito que significa para min ese día, volta ao caciquismo? por que penso que nela vese totalmente reflectida como é o Partido Popular e ata onde son capaces de chegar por conseguir votos e finalmente a da Lei do Aborto por que é algo que se debe cambiar XA.
Eu continuarei escribindo coma sempre, espero durante moito tempo.
Grazas a todos por visitar esta bitácora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario