domingo, 17 de mayo de 2009

Día das Letras Galegas



Hoxe é un día especial para min, é o día das Letras Galegas, o día grande da nosa preciosa lingua. Na escola mandáronme facer un traballo sobre a persoa a que se lle dedican este ano, Ramón Piñeiro. Aquí o expoño.

_______________________________________________________

Ramón Piñeiro López



1 Nenez e xuventude

Ramón Piñeiro pertence a unha familia labrega e humilde da parroquia de Armea no concello de Láncara (Lugo). Nace en maio de 1915. Tiña sete irmáns, destes sete irmáns, tres morreron cando el era neno. Fillo de Vicenta López Fernández e Salvador Piñeiro García. Os seus pais amosaron en todo momento unha gran preocupación, maior da que era habitual en aqueles anos entre a xente humilde, pola cultura e a educación dos seus fillos. Este factor unido a gran curiosidade e intelixencia de Ramón é o motivo de que xa antes de comezar a escola con seis anos, soubese ler, escribir e resolver operacións matemáticas. A escola non supuxo ningunha dificultade intelectual para Ramón Piñeiro, que xa estaba adiantado con respecto aos seus compañeiros gracias a educación recibida da súa familia. Sufriu un duro impacto ao notar a diglosia que en ese momento había na sociedade, e na que o galego saía claramente prexudicado.
Entre 1924 e 1928, Ramón Piñeiro fixo o bacharelato elemental en Lugo. Durante esta etapa descubre a Literatura, e en concreto descobre a literatura en galego, gracias a coleccións de autores galegos.
Quedou moi impresionado ao decatarse de que o galego, idioma de campesiños ó que a escola desprezaba , era tan válido como o castelán para escribir poesía.
Unha precaria situación económica da familia de Ramón impide inicialmente que puidese seguir estudando, polo que tivo que voltar á casa para dedicarse a axudar nos labores de campo.

2 Galeguismo (Introducción ao Galeguismo)

A familia aconsellada polo fillo do secretario do concello de Láncara, decidiu enviar a Ramón a Sarria, alí, encargaríase de levar a contabilidade do comercio dun amigo de seu pai. En ese momento Ramón Piñeiro tivo a súa primeira toma de contacto co galeguismo. Subscribiuse ao diario El Pueblo Gallego, onde autores moi destacados como Ramón Otero Pedrayo escribían artigos en galego. En 1931, na proclamación da segunda república, o galeguista Lois Peña Novo foi falar nun mitin a Sarria, e esto acabou de espertar a simpatía que Ramón Piñeiro sentía polo galeguismo que defendía Peña Novo.
A finais dese ano, Ramón volveu a Lugo a cursar o bacharelato superior favorecido pola circunstancia de que unha das súas irmás posuía traballo e casa nesa cidade. O seu sentimento galeguista foi en aumento alí, polo que xunto os seus compañeiros de instituto fundou a Mocidade Galeguista de Lugo, da que foi secretario de cultura. A súa intelixencia e a súa entrega foron tales que o levaron a relacionarse cos líderes do Partido Galeguista, deles recibiu importante encargos, a pesar da súa cota idade. Finalmente foi elixido como secretario do Comité Provincial do partido, o que o levou a implicarse totalmente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.

3 A guerra

Durante o levantamento militar contra o goberno Ramón Piñeiro participou como representante do Partido Galeguista na comisión asesora do gobernador civil defendendo a República. Dende o momento en que os militares tomaron control da situación Ramón estivo en perigo. En varias ocasións tivo que esquivar, só coa axuda de compañeiros de estudos ou amigos familiares, a detención e incluso a morte. Finalmente tivo que incorporarse ao exército dos sublevados, xa que esta semellaba a única opción de sobrevivir.
Pronto descubriu que nin no exército estaba a salvo das denuncias e ademais desto había que sumarlle os perigos normais dunha guerra e os que conlevaba estar afiliado a política durante a República. A Ramón uníuselle a súa insegura situación persoal e a angustia de comprobar como, co paso do tempo e a continuidade do conflicto bélico, as persoas que o rodeaban se ían insensibilizando e endurecendo. Triste por temer a posibilidade de rematar como elas, caeu en depresión. Despois de superar esta enfermidade, desta experiencia, xurdiu en el un interese pola filosofía, na que Ramón Piñeiro buscou resposta á actitude insensibilizada que comprobou polo xeral ao seu carón durante os tres duros anos de guerra.

4 Reconstrucción do galeguismo durante o franquismo

Rematada a guerra civil, Ramón trasladouse a Santiago de Compostela para estudar os anos comúns da carreira de Filosofía e Letras. En 1942 foise para Madrid para cursar a especialidade de Filosofía.
En 1943 comezou unha loita clandestina para reconstruír o Partido Galeguista e Ramón Piñeiro formou parte do Comité de Dirección do partido. Aproveitou que estaba en Madrid para impulsar os tres primeiros proxectos do Partido Galeguista. Estes proxectos eran: tomar contacto cos galeguistas exiliados, tomar contacto cos nacionalistas cataláns e vascos e tomar contacto tamén con todas as forzas antifranquistas clandestinas.

5 Viaxe a París e cárcere

Despois da toma de contacto cos nacionalistas vascos, estes axudáronlle a Ramón a cruzar os Pirineos a pé, cruzou a fronteira, viaxou a París para entrevistarse co presidente do goberno republicano, que estaba no exilio, José Giral. A súa misión desta vez era conseguir que incluíse un ministro galego no goberno, que ese ministro fose Castelao, como xa acordaran todas as forzas democráticas galegas. E a outra misión era informar dos plans e medios cos que contaba o goberno para derrocar a dictadura de Franco. As dúas misións foron cumpridas, aínda que quedou desolado ao comprobar que o plan que tiña Giral para rematar coa dictadura era un proxecto inxenuo e irrealizable, froito do descoñecemento da verdadeira situación que estaba a vivir España.
Cando regresaba a Madrid, Ramón Piñeiro foi encarcerado durante unha reunión na que ía informar aos outros grupos clandestinos do traballo feito en Francia. Condenaron a Ramón a seis anos de cárcere, dos cales, cumpriu tres.

6 Fundación da editorial Galaxia (Importancia do galeguismo cultural)

Comprobada a fortaleza que adquirira o franquismo e o recoñecemento internacional que fora collendo o réxime, ao saír do cárcere Ramón creu imposible continuar cunha loita política na clandestinidade e optou por comezar cunha loita cultural.
Despois de operarse da vista, que estropeara durante os tres anos de cadea, xuntouse ao proxecto de levar a cabo unha nova editorial, Galaxia, esta editorial doulle cobertura legal ao galeguismo e permitiu facer públicas as ideas do galeguismo para concienciar a todo o país, e en especial as xeración que estaban medrando baixo o control do franquismo. Co mesmo obxectivo, despois de instalarse en Santiago coa súa esposa, Isabel López García, coa que casou en 1952, comezou o labor de entrar en contacto cos mozos que chegaban a Santiago para cursar estudos na universidade. Así e que, pola súa famosa mesa de braseiro da súa casa na rúa Xelmírez, pasaron durante os vinte anos seguintes moitos mozos con inquietudes tanto culturais como políticas.
Ramón foi o director literario da editorial Galaxia e, dende ese posto, foi un dos principais forxadores da reconstrucción cultural galega durante a posguerra. Un dos primeiros obxectivos da editorial era crear unha revista, a revista Grial, pero esta publicación non conseguiu a autorización do goberno ata o ano 1963. Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego dirixírona desde o comezo e nela Ramón Piñeiro publicou mais de corenta artigos. Mais, previamente, esta revista foi saíndo da imprenta de forma encuberta, a tapadeira era unha colección de libros de autoría múltiple. Na revista Grial editáronse catro números antes de que as autoridades a suspendesen, Ramón Piñeiro publicou o seu primeiro ensaio filosófico, “Significado metafísico da saudade” en 1951. Este ensaio foi de grande impacto entre os medios intelectuais galegos e portugueses. Con esta obra quedaba demostrado, o que o goberno e parte da poboación, poñía en permanente dúbida, a capacidade da nosa lingua, o galego, para o xénero ensaístico e para a filosofía.
Á soidade, Ramón Piñeiro dedicou catro traballos mais; “A filosofía e o home”, “Para unha filosofía da saudade”, “Saudade e sociedade, dimensións do home”, e “A saudade en Rosalía”. Estes catro traballos reuniunos en 1984 nun libro, “Filosofía da saudade”. Xa anteriormente en “Olladas no futuro”, seleccionara os artigos mais importantes que fora publicando dende o ano 1949 nas publicacións periódicas en Grial. Ademais desto, da súa propia creación, destaca no seu traballo a favor da cultura galega e da dignificación desta preciosa lingua, a publicación de dúas traduccións feitas coa axuda de Celestino Fernández de la Vega. Traducción do “Cancioneiro da poesía céltica” de Julius Pokorny, a cal foi premiada pola editorial Bibliófilos Gallegos. Traducción da conferencia “Da esencia da verdade” de Martin Heidegger. Esta traducción, tivo moita relevancia porque era unha publicación dun dos filósofos mais relevantes do momento, que aínda non fora traducida ao castelán, esto non se lles escapou ás autoridades, que puxeron diversos obstáculos para que non saíse da imprenta. Ramón Piñeiro tamén reflexa o que a súa preocupación polo galego na súa importante dedicación á revisión e publicación do Diccionario gallego-castellano de Eladio Rodríguez González, que morrera en 1949 sen publicar o seu traballo.

7 Visión da U.S.A

Como resposta á asfixia da cultura galega que o franquismo practicara durante todos eses anos, Ramón Piñeiro redactou un documento de denuncia que foi asinado por varios centros galegos de América. Foi repartido en galego, en inglés e en francés na VIII Asemblea Xeral da UNESCO no ano 1954, esto causou moito desconcerto entre a delegación española, que estaba presidida polo ministro de educación, Xesús Alonso Montero, o cal lle dou a este episodio o nome de “batalla de Montevideo”.
A partir de 1966, Ramón Piñeiro López foi convidado durante catro veráns á Middelbury College de Vermont en Estados Unidos, para impartir cursos sobre a sociedade e o pensamento dos españois. No ano 1967 Ramón Piñeiro ingresou na Real Academia Galega na que pronunciou o discurso “A linguaxe e as linguas”, no que podemos atopar ecos dos estudos sociolingüísticos que se estaban explicando por aqueles anos nas universidades de América do Norte.

8 Democracia, autonomía e primeiras eleccións

Xa nos últimos anos da dictadura, Ramón dedicouse a facilitar a creación dun Partido Socialista e outro de inclinación democristiá galego. Ramón estaba convencido de que “a maioría de idade política de Galicia tiña que consistir mesmamente en que deixase de existir un partido galeguista para que fosen galeguistas todos os partidos democráticos". A pesar desto non participou en ningunha destas formacións, xa que cría que debía continuar practicando un galeguismo cultural que contribuíse a galeguizar a sociedade que non militase en ningún partido político.
Esto cambia cando a democracia chega a España e coa chegada da democracia, Galicia acaricia a posibilidade de lograr a autonomía. O principio Ramón empezou apoiando varios manifestos a favor dun autogoberno para Galicia e participando na formación da sociedade de estudos e opinións Realidade Galega, que esixía para Galicia un estatuto con iguais niveis de autonomía dos que tiñan País Vasco e Cataluña.
Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato ao senado por Lugo. A pesar de que esta candidatura foi apoiada polo PSG, PSOE, PC, Partido Popular Galego e o Movemento Comunista de Galicia, os resultados que acadou dita candidatura foron malos. Moi preocupado por asegurar a presencia galeguista no Parlamento galego, nas elección autonómicas aceptou a marabillosa oferta do PSdeG-PSOE de estar nas súas listas.

9 Normalización lingüística

Gracias a estar nas listas do PSdeG-PSOE foi elixido deputado autonómico, o que lle deu a grandiosa oportunidade de traballar inesgotablemente a favor da Lei de normalización lingüística, aprobada en 1983.

10 Bibliografía

Libros
Olladas no futuro. Galaxia.
Lembrando a Castelao.
Filosofía da saudade. GalaxiaFermín Penzol. Galaxia.
Da miña acordanza. Memorias. Galaxia.
Galicia. Galaxia.
A linguaxe e as linguas. Galaxia.

Artigos

"Saudade", en Gran enciclopedia gallega.
"Retorno a Tagen Ata, por X. L. Méndez Ferrín", en Grial.
"En percura do Castelao verdadeiro", en Grial.
"[Castelao], mestre da concencia galega", en Boletín de la Real Academia Gallega.
"Sobre o pensamento galego da xeneración Nós", en Avriense.
"Vicisitudes históricas da cultura galega", en Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia.
"Castelao e Pondal, duas visións da nosa historia", en homenaxe a Castelao.
"Importancia decisiva da xeneración Nós", en Grial.
"Carlos Maside na miña lembranza", en Maside: un pintor para unha terra.
"A Galicia de Seoane", en Grial.
"A personalidade política de Fermín Penzol", en Grial.
"Parolar con Rafael Dieste", Grial.
"Peculiaridades del nacionalismo gallego", en Homenaje a Koldo Mitxelena.
"A revista Grial", en actas do Coloquio de Tréveris.
"Consello da Cultura Galega", en Grial.
"Castelao político", en Anthropos.
"Lembrando ao Cilistro [Celestino Fernández de la Vega]", en Grial.
"Os contos de Ánxel Fole", en Grial.
"O pensamento de Rosalía de Castro", en Cadernos do Instituto de Estudos Valdeorreses.
"25 anos de Grial", en Grial .
"Heidegger na cultura galega",en Grial.

Traducións (en colaboración con Celestino Fernández de la Vega)

Pokorny, J.: Cancioneiro da poesía céltiga. Editorial Bibliófilos Gallegos.
Heidegger, M.: Da esencia da verdade. Galaxia.


11 Opinión persoal

En xeral penso que deberían existir mais persoas como Ramón Piñeiro, capaces de loitar incansablemente por uns ideais, polos ideais dun pobo, dun país, de Galicia. Ramón dedicou toda a súa vida a intentar que a nosa preciosa lingua non se vise discriminada, como viña sucedendo ata fai pouco e predigo que en estes futuros catro anos pasará por unha situación difícil en mans de xente que non a aprecia e só a utiliza para darse publicidade. Esa xente que non quere ó noso idioma.
Ramón Piñeiro desde a súa xuventude avantaxada, prodixiosa que desde moi novo xa se involucrou de pleno no galeguismo, o que considero algo normal, por que o galeguismo faiche sentir especial, faiche sentir que pertences ao teu pobo, a túa lingua. El foi capaz de entregarse totalmente a defensa do galego e de Galicia.
O que mais resaltaría de Ramón Piñeiro é a súa valentía, que nin tan sequera a cruel guerra civil e a dura dictadura conseguinte, o fixo renunciar aos seus preciosos valores, este período da súa vida no que nos demostra a todos que sempre de un mal momento podemos sacar partes positivas. El pasou por unha depresión e despois isto aínda o motivou mais e lanzouno na súa labor filosófica.
Loitador incansable para reconstruír o galeguismo durante a dictadura de Franco, o que para el trouxo importantes consecuencias, como foi perder tres anos da súa liberdade. Pero estou segura de que el o volvería facer aínda sabendo as consecuencias e por iso me sinto orgullosa de que el sexa galego. Por que eses tres anos no cárcere so o fortaleceron, para darlle mais forzas e fundar a editorial galaxia, importantísima na nosa historia.
Gracias ao Partido Socialista tivo a oportunidade de estar no primeiro Parlamento Galego. Por eso hoxe non só é o día das letras galegas se non que tamén é un día especial para o Partido Socialista.
Gocei moito facendo este traballo e aínda que non fose obrigatorio faríao igual, durante a miña etapa escolar foi o traballo que mais me gustou facer, e seguramente me lembre del durante toda a miña vida.
Incluso houbo partes nas que me emocionei moito ao sentir que todo polo que veu loitando Ramón Piñeiro e demais galeguistas está empezando a dar froitos.
Tamén me entristeceu moito pensar en persoas que se avergonzan da nosa preciosa lingua e a rexeitan, por que este feito, paréceme que é desperdiciar todo o traballo, menosprezar o grandioso obxectivo, polo que tanto loitaron Ramón Piñeiro e moitas outras persoas. No fondo esas persoas danme pena por que non son o suficientemente intelixentes como para apreciar a beleza que ten o galego. Algún día todos se decatarán que o galego é a lingua mais fermosa do mundo.
_______________________________________________________

Todo esto foi parte do meu traballo. Está algo resumido por que se non sería moi extenso.
Non me importa a nota que me dean por el, por que sexa cal sexa a min encantoume facelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario