viernes, 29 de mayo de 2009

Despedida con premio


Hoxe no colexio celebramos a festa de fin de curso, non me podo crer que este ano académico estea chegando ao seu remate e que xa acabe a E.S.O e teña que marchar do colexio que me aportou tanta felicidade.
Non, non desexo cambiar a miña situación actual, teño uns compañeiros espléndidos, os mellores e uns profesores que polo xeral son moi bos e comprensivos con todos nós.
Grazas a todos eles, a compañeiros e profesores, por aportarme os tres anos que sen dúbida algunha foron os mais felices de toda a miña vida, grazas por axudarme a saír dese gran bache, grazas por demostrarme que a culpa non fora miña, grazas por aceptarme e integrarme, grazas por brindarme a vosa amizade dende o minuto cero e grazas por ser como sodes.
A cada un de vós douvos as grazas, a Dani, Ali, Adrián, Melani, Liñares, Noelia, Hugo, Brais, Amaro, Andrea, Nadia, Araceli, Antía, Inés, Chiño, Iesica e Yovana (Clase de 4ºB) e tamén aos profesores que me aportaron algo durante estes tres anos aquí, Merchi, Carlos, Mónica Maseda, Josema, Laertes, Ubaldina, Miguel Ángel, Roberto, Mónica González a Inés.
Hoxe condéronme o diploma á mellor compañeira da E.S.O e emocioneime moito, xa que non contaba con el por que non son unha persoa popular mais ben paso desapercibida, supuxen que foi grazas aos votos dos cuartos, dos meus compañeiros de clase e de algunha persoa de 4ºA.
Non, non quero marchar do meu colexio, pero a vida é un ciclo e ten que seguir o seu curso, oxalá no novo instituto encontre persoas tan boas como as que hai aquí.

GRAZAS A TODOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario