lunes, 7 de septiembre de 2009

Falsidades locais

Hoxe vou a escribir de política local, sobre Outes e o noso alcalde.
Na páxina web do diario “Opinión A Coruña” lin un artigo que non deixa en moi bo lugar ao alcalde de Outes, López Crespo.
Cando nas noticias saen casos de corrupción nas grandes cidades, capitais de provincia ou lugares importantes do país, nunca pensas que poidan salpicar ao pobo pequeno no que vives, aínda que eu sempre tiven moitas dúbidas sobre o executivo de Outes que leva sobre uns doce anos na alcaldía encabezado por Crespo.
A noticia data do vinte e sete de Maio deste ano.
A nova relaciona a Crespo coa construción dunha nave en chan non urbanizable.
Tanto López Crespo como o secretario municipal están imputados por falsidade documental e delito urbanístico.
O delito parece constituírse cando permitiron a construción das oficinas e unha nave dunha empresa local en solo rústico.
A empresa fixo as obras en unha finca de Outes sen contar con licenza de obra da consellería de Polítca Territorial. A empresa pediulle ó axuntamento unha licenza de obra para construír unha nave, pero a finca estaba en chan rústico onde só se permite edificar vivendas unifamiliares, explotacións gandeiras ou construcións de interese xeral.
Para que a empresa puidese construír foi declarada de interese xeral, e o axuntamento pediu a Consellería de Política Territorial a autorización para a obra. A Xunta non concedeu a licenza ao considerar que faltaban planos e informes da parcela que xustificasen que dita empresa fose declarada de interese xeral.
A pesar da decisión da Xunta o Concello non fixo caso, e a empresa construíu a nave en terreo rústico e sen licenza da Xunta.
E finalmente o informe de peritos de Facenda di que hai relacións consolidadas entre a empresa e o concello.
Fonte de información: www.laopinioncoruna.es

En moitos pobos pequenos seguro que hai casos parecidos, só que a maior parte das veces as cousas así pasan desapercibidas porque non teñen a mesma importancia de cara aos medios como foi a imputación dos altos cargos do Partido Popular na trama Gürtel. Pero ós cidadáns os delitos, aínda que sexan en lugares pequenos ,aféctanlles igual e tamén deben ser castigados.
Por iso espero que se faga xustiza, tanto en Outes como no resto de pobos. E si o alcalde, concelleiro, ou calquera cargo dun axuntamento pequeno finalmente resulta ser culpable nun xuízo, débense tomar represarias e cesalo do cargo público que ocupe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario