martes, 16 de junio de 2009

Volta ao caciquismo?

Dise que unha persoa é cacique cando exerce excesiva influencia en asuntos políticos valéndose do seu poder.
Hoxe recordo que cando o Partido Popular deu ese “multitudinario” mitin en Valencia, a maioría dos informativos comezaban con iso. Pois ben, xa hai días que este acto está sendo posto ao descuberto e pasa de ser “multitudinario” a rozar o caciquismo. E de novo a palabra caciquismo relacionada con un partido de dereitas.
É moral que alguén ofreza postos de traballos a cambio de asistir a un mitin? A resposta é obvia, “non”.
Polo de agora a estes actos asiste quen quere e por vontade propia. Pois non hai moito saíron varias persoas dicindo que se lles ofreceu traballo a cambio de ir ao mitin de Rajoy, Camps e Trillo.
Os inmigrantes despois de ir ao mitin aínda están esperando polos seus contratos de traballo. Pero na miña opinión, pareceríame igual de grave aínda concedéndolle o traballo.
Todo esto é moi denigrante e non só para o Partido Popular, se non para toda a democracia en xeral.
Compra de xente para ir a un mitin. Que será o próximo? Comprar os votos? A este ritmo non tardarán moito.
Isto considero debería acabar ante os tribunais. Non poden ser de balde actos tan baixos e rastreiros como estes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario