lunes, 13 de abril de 2009

Toros, nin arte, nin cultura

O venres 10 de abril, unha canle de televisión, dedicou toda a tarde a emitir programación taurina, que xa nos tempos que corren, en España, e menos mal, hai moi pouca xente que apoia a tortura dun animal ata a morte.
Eu, antitaurina, protesto por este feito e creo que os cartos que dedicaron a emitir esto, deberían invertelos nunha das campañas solidarias que tanto publicitan.
A parte xa do feito de tan mal gusto de emitir a tortura dun animal indefenso en directo, ademais esta programación era en horario infantil. Non creo que ningún neno nin nena de sete ou oito anos estea capacitado para ver semellante barbarie.
Hai un tempo, vía algún dos programas desta canle de televisión, cubrindo reportaxes de antitaurinos protestando por festas “culturais” nas que se producía a tortura destes pobres animais, e os seus periodistas eran botados, véndose privados da liberdade de informarnos. E meses despois a mesma canle emite toda unha tarde de programación taurina, non me podo crer tanta hipocresía, por un lado protestan e despois foméntano, cada vez teñen menos credibilidade. Pero en fin, a todos eles dálles igual o sufrimento do animal, só son empresarios preocupados polas audiencias e os cartos que estas lles aportarán. Aínda que non creo que este acto tivese moita audiencia, para min que foi unha mala inversión, polo menos na miña casa, en ningunha das televisións se sintonizou esa canle durante a emisión dunha tortura en directo dun animal indefenso. E espero que en moitos outros fogares, fixesen o mesmo, para que o próximo ano non o volvan a emitir.
Lémbrense. Touros, nin arte, nin cultura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario