miércoles, 29 de abril de 2009

Cen días

Foto: www.elpais.com
Hoxe Barack Obama cumpre cen días no cargo. Como nunca tiven oportunidade de comentar algo sobre el, aproveito hoxe, que é un día simbólico para facelo. Que Obama fose elexido como Presidente de Estados Unidos significou un gran paso adiante, e non só para ese país, se non para o mundo en xeral.
Un avance en tres sentidos, o primeiro, que Bush tivo que irse (aínda que Obama non gañase as eleccións el marcharía de todas formas). A verdade é que aínda non comprendo como alguén tan incompetente e inepto logrou a presidencia de Estados Unidos, non dou entendido iso. O segundo avance son todos os bos cambios que puidemos ver, e eso en tan só cen días. Del non me esperaba menos. Aínda que queda moito camiño por diante e moito que traballar. O mais urxente, no meu punto de vista, é o peche inmediato de Guantánamo, esixir responsabilidades aos culpables por todo o dano que se fixo alí, e que o mundo enteiro saiba a verdade do que sucedeu. E o terceiro é o resultado de todo polo que se leva loitado desde Martin Luther King, pódese ver resumido coa imaxe de Obama na Casa Branca
Por agora Obama estao facendo moi ben. As relacións con España melloraron moitísimo comparado con cando estaba George Bush. Persoalmente creo que vai a ser un moi bo presidente si sigue en esta línea por eso lle dou as felicidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario